Curso 2021/22

“Educación para a saúde: prevención de condutas adictivas”

 

 O  IES Río Cabe ten o  pracer de convidalos á charla “Educación para a saúde: prevención de condutas adictivas”  que terá luga o próximo mércores, 8 de xuño, ás 20:00h no salón de actos do centro. A charla será impartida por Luísa Astray, educadora social  da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos.

 

Exames EOI alumnado CUALE B1 convocatoria ordinaria

 

A continuación tedes datas e horas dos exames das diferentes destrezas das Probas de Certificación B1 convocatoria ordinaria  da EOI de Monforte.

  • Publicación das notas en Centrosnet NIVEL B1............... 3 de xuño.
  • Revisión das probas NIVEL B1.................. 6 dexuño de 10:00 a 13:00h,

 

 

Charla no ensino secundario para adultos

 

O pasado luns día 16 de maio o alumnado do ensino secundario para adultos disfrutou dunha didáctica charla da man da nosa orientadora Andrea Vieira. Nela coñeceron os distintos camiños a tomar unha vez rematada a ESA e resolveron  todas as súas dúbidas.

 

 

Moitas grazas Andrea pola túa boa disposición e  por adicarnos un ratiño do teu tempo!

 

Un paseo polo Lugo Romano

O alumnado de Latín e Cultura Clásica do Río Cabe, acompañados de dous dos seus profesores, visitaron o pasado xoves 4 de maio a cidade de Lugo e parte do seu patrimonio cultural. Unha excursión do máis didáctica cuns alumnos dos que estar orgullosos.Ide ó seguinte enlace para un paseo por parte da cultura lucense.

 

IIIConcurso de Microrrelatos

 

O departamento de Lengua Española convoca por terceiro ano consecutivo o III Concurso de Microrrelatos, que esta vez coincidirá coa celebración do Día das Letras Galegas. Animámosvos a participar, sexades  membros da comunidade educativa do centro ou non. Os relatos gañadores recibirán un premio e serán publicados na páxina web do centro.  

 

Atoparedes as bases do concurso aquí.

 

III Edición Concurso de Microrrelatos do Río Cabe

Por terceiro ano consecutivo, e nesta ocasión  para celebrar o Día das Letras Galegas, no Río Cabe  convócase o III Concurso de Microrrelatos, no que pode participar

Os mellores relatos sairán publicados na web do centro.

 

 

                                                   Ánimo a todos e a participar!!

 

Visita ó Ecomuseo de Arxeriz - 3º Eso

O pasado xoves 28 de abril os alumnos/as de 3º ESO realizaron unha excursión a Arxeriz, onde visitamos o Ecomuseo, o Pazo e o Castro. Esta actividade enmárcase dentro Plan Proxecta “Patrimonio Etnográfico da Ribeira Sacra” no que están a traballar. O obxectivo era coñecer un pouquiño máis a Ribeira Sacra… e conseguímolo!!

Ao chegar ao Ecomuseo fomos recibidos por Mar e Sonia que nos explicaron como se vivía nesa zona da Ribeira Sacra en épocas pasadas. Moito foi o que aprendemos: o papel tan importante que tiñan as barcas do río, os tipos de barcas, os apeiros usados na pesca, as pontes que había sobre o Miño, os pobos que quedaron mergullados pola construción dos encoros dos ríos Miño e Sil, como era o traballo nas viñas (como se facía a poda ou se daba o sulfato, como se vendimiaba e trasladaba a uva nos culeiros ou cestos), como eran as cubas, para que se usaban os alambiques…. Despois visitamos o Pazo, a súa cociña (con pezas curiosas como o meleiro ou o sacaleites, como facían para fregar, etc ) e, finalmente, desprazámonos ata o Castro, onde coñecemos como eran as vivendas, a muralla e o foso que o arrodeaban, etc. Dende o alto do castro puidemos contemplar unhas impresionantes vistas do meandro que describe o Miño no lugar coñecido como O Cabo do Mundo. Abofé, unha forma ben fermosa de rematar a nosa visita.

Agradecemos a Mar e a Sonia as súas explicacións, paciencia e amabilidade.

Podedes atopar máis fotos na galería

 

  

 

 

Calendario exames finais 2º bacharelato adultos

 

Se queres obter información sobre as datas e horas dos exames finais de 2º bacharelato semipresencial preme no seguinte enlace:

 Calendario exames finais  2º bac semipresencial

Charla de Semente Ribeira Sacra na Educación para Adultos

 

O xoves 7 de abril parte do alumnado das ensinanzas para adultos asistiu  á  charla impartida por Pilar  López e Severino Rodríguez,  integrantes da asociación Semente Ribeira Sacra.

 

 Nela informáronnos  da  convocatoria da VIII Edición Concurso de Proxectos Empresariais, certame que naceu alá polo ano 2014 co obxectivo de impulsar a creatividade  en novos proxectos de empresa. Faláronnos, tamén, dos distintos proxectos gañadores de edicións pasadas e  animaron a todo o alumnado que teña unha idea empresarial  a presentarse.

  

Do 1 de marzo ao 31 de maio estará aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org.

 

Convocados premios extraordinarios Bacharelato correspondentes ao curso 21/22

 

Onte 25 de abril publicouse a Orde do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22.

 Pódese acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A.

 O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.

 

Distribuir contido