Curso 2021/22

Paco Carballés, produtor do audiovisual galego, no Cabe

Hoxe, 25 de marzo, contamos no Río Cabe coa visita de Paco Carballés, produtor e director galego cunha longa traxectoria na televisión de Galicia.

 

Paco, licenciado en Imaxe e Son pola Universidade de Madrid, contounos como comezou no mundo do audiovisual, como traballou de freelance e a súa posterior entrada na TVG, onde fixo numerosos programas, dende informativos, deportivos, de entretenemento.. 

Na actualidade dirixe  o programa Zigzag Diario, onde se nos presentan  as noticias máis salientables da xornada relativas á actualidade cultural galega.

 

Foi un dos creadores e codirector do Xabarín Club, programa infantil e xuvenil de gran éxito que se emitiu por primeira vez no ano 1994, e que se emite na actualidade na TVG2,  que inclúe series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais  e espazos de produción propia. 

 

Tamén nos explicou como funciona unha canle de televisión por dentro, dos medios cos que se conta hoxe en día e das dificultades coas que se atopaban hai anos para que os programas saísen en pantalla, todo acompañado de divertidas anécdotas que fixeron a súa charla do más interesante e didáctica.

Dende o Cabe agradecémosche, Paco, a túa desinteresada colaboración e esperamos contar contigo en futuras ocasións.

 

 

 

 

Aberto o prazo de matrícula probas certificación para o alumnado de Cuale

Informamos ao alumnado participante no programa CUALE B1 INGLÉS   que xa está aberta a matrícula para  as probas de certificación.

 

 

O prazo  para formalizar a matrícula  será dende hoxe día 18  ata as 12:00h do 22 de abril de 2022.

 A matrícula realizarase en liña, dende o enderezo seguinte:

 

https://www.informaticacentros.com/xunta/

 

Así mesmo pódese consultar  aquí as Guías infomativas para o alumnado e a Circular 2/2022 que rixe ditas probas.

 

 

 

Datas exames finais e avaliacións Bacharelato semipresencial

Premendo no seguinte enlace poderedes acceder as datas en que se realizarán os exames finais das avaliacións ordinaria e extraordinaria do Bacharelato semipresencial.

O alumnado matriculado en materias de primeiro e segundo que desexe ser avaliado, das materias de primeiro, na avaliación ordinaria de xuño  deberá comunicalo en Xefatura de estudos adultos, antes do 15 de abril.

En caso contrario, as materias de primeiro serán avaliadas en maio coas de segundo.

Nova xornada de portas abertas

O próximo venres,18 de marzo, apartir das 19:00h,  o IES Río Cabe permanecerá aberto para as familias que desexen coñecer as instalacións. Os interesados que non poidan asistir ese día poden concertar unha cita chamando ó centro ou enviando un correo electrónico. As visitas poden ser individuais ou  en grupos reducidos. Ante calquera dúbida, quedamos á súa disposición.

 

 

Simulacro ABAU

Na próxima semana, os días 3 e 4 de marzo, por terceiro ano consecutivo, realizaremos un simulacro de ABAU dacordo ao seguinte horario.

Dende o centro animamos ao alumnado de 2º Bacharelato diúrno e nocturno a participar.

                                                 

 

Convocatoria de cursos de lingua galega

Infórmase da convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se queres saber máis preme o seguinte enlace:

                                          Resolución 26 xaneiro 22 (DOG 14 febreiro)

 

Balbordo con Susana Sánchez Aríns

A autora arousá  Susana Sánchez Aríns  acompañounos  na máis recente reunión do club de lectura Balbordo, que tivo lugar hai uns días na biblioteca do Río Cabe. A novelista e poeta falou da súa obra "Seica", traducida ó castelán como "Dicen" e ó inglés "And they say", na que conta a historia dos seus avós en tempos da represión franquista, e pola que obtivo o Premio ó  mellor libro de Ficción 2019, pola Asociación de librarías de Madrid.

 

“Seica” narra feitos reais nunha rede de voces acaladas  durante xeracións; non foi escrito dende a reflexión política senón dende a xusticia poética, é o relato contemporáneo da posguerra española, no que se poden ver reflectidas moitas outras familias galegas.

 

 

Agradecemos a Susana a súa presenza desinteresada así como a xornada que pasamos con ela e felicitámola polos seus éxitos presentes e os que, sen dúbida, lle esperan. 

Nós tamén somos TANXUGUEIR@S!!!

Porque defendemos o noso  e estamos orgullosos de ser quen somos, no Río Cabe tamén SOMOS TANXUGUEIR@S!!!

 

ÁNIMO, GAÑADORAS XA SODES!!! 

 

Xornada de Portas Abertas

O próximo xoves 3 de febreiro, apartir das 19.30h,  o IES Rio Cabe permanecerá aberto para as familias que desexen coñecer as instalacións. Os interesados  deberán concertar cita chamando ó centro ou enviando un correo electrónico. As visitas poden ser individuais ou  en grupos reducidos. Ante calquera dúbida, quedamos á súa disposición.

Gañadores torneo de Nadal

Os cursos gañadores do torneo deportivo  de Nadal, que incluía  baloncesto, sogatira e brilé foron os seguintes:

     1º clasificado: 2º ESO A

     2º clasificado: 3º ESO A 

     3º clasificado: 1º BAC A

Os gañadores do torneo de bádminton foron Ximena e Íker.

Dende o Río Cabe felicitamos ós gañadores polo éxito e a todos os participantes polo seu compañeirismo e magnífico espíritu deportivo.

       Noraboa!!!

 

 

Distribuir contido