Curso 2016/17

Curso 2016/17

Acto de recoñocemento aos mellores expedientes da ABAU

No día de hoxe, venres 30 de xuño, tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia un acto de recoñecemento aos alumnos/as coas mellores cualificacións nas probas de acceso a universidade na nosa Comunidade Autónoma. Todos os alumnos cunha nota superior a 9 puntos na fase xeral da selectividade foron homenaxeados neste acto en Santiago de Compostela e entre eles encontrábanse 6 alumnos/as do IES Río Cabe.

As súas cualificacións nesta fase xeral, por orde alfabética, foron:

Mª Fernanda Aguilera Manucci conseguiu unha nota media de 9,206.

Cristina Álvarez Vázquez conseguiu unha nota media de 9,252.

Iker González Blanco acadou unha nota media de 9,630.

Julia Mª Pérez López acadou unha nota media de 9,006.

Marta Rodrigo Rodríguez acadou unha nota media de 9,420

Lucía Rodríguez Romanos conseguiu unha nota media de 9,720

Os 6 alumnos do IES Río Cabe acudiron a Santiago acompañados do Director do centro, Manuel Sánchez Seco. O reitor da USC, Juan Viaño, presidiu este acto, no que participaron 597 estudantes de 179 centros de ensino medio de toda Galicia.

Dos 38 alumnos do IES Río Cabe que foron cualificados como aptos na avaliación de bacharelato para o acceso a universidade, 6 deles obtiveron unha nota maior a 9 puntos e gañaron o dereito a asistir a este acto, sendo o do IES Río Cabe un dos maiores porcentaxes de alumnado cunha nota superior a nove de toda Galicia.

Folga no transporte de viaxeiros por estrada

 

Mañá Martes 20 e Mércores 21 hai FOLGA NO SECTOR DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA

Servizos mínimos no transporte escolar nos itinerarios cuxa lonxitude total sexa superior a 4 kilómetros

Máis información na páxina da Consellería: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/22526

Visita do alumnado de 6º de primaria dos coles adscritos ao noso centro.

O alumnado de 6º de primaria do CEIP Monforte de Lemos (Colexio Novo) e do CEIP A Gándara acudiron o venres 16 de xuño ao noso centro para coñecer as instalacións do que para moitos deles será o seu centro de ensino a partires do curso académico 2017/2018.

Dámoslles a benvida e aquí tedes algunha foto da súa visita, despois de rematar a ruta polas diferentes aulas, biblioteca e instalacións do IES Río Cabe:

 

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DA CAFETERÍA PARA O CURSO 2017-2018

Co fin de poder contratar o servizo da cafetería do IES Río Cabe, ábrese un prazo ata as 13:00 horas do xoves 29 de xuño de 2017 para que as persoas interesadas presenten propostas para a prestación do citado servizo.

A documentación administrativa e técnica necesaria a efectos de poder valorar cada unha das ofertas está a disposición dos interesados na secretaría do centro ou nos seguintes links:

Folla de especificacións técnicas

Lista de prezos máximos

As empresas ou persoas interesadas deben presentar a seguinte documentación:

  • Se a empresa fose persoa xurídica española: copia auténtica ou compulsada do CIF, escritura ou documento de constitución, e no seu caso documentos que acrediten a súa representación.
  • Os empresarios individuais comunicarán o DNI ou documento que, se é o caso, o substitúa regulamentariamente, da persoa titular ou propietaria da empresa segundo se establece no Anexo I, e no seu caso documentos que acrediten a representación.
  • Proposición de oferta económica, ou canon anual (anexo II - Proposición de oferta económica). O canon anual mínimo, que pode ser aumentado pola oferta que realice o licitador, ascende a cantidade de 299,20 euros/ano.
  • Memoria coa proposta de metodoloxía ou plan de negocio.
  • Persoa ou equipo de traballo asignado a realización do contrato.
  • Melloras propostas. Aportarase relación das melloras ofrecidas no servizo sen custo, que aporten vantaxes ao esixible nas condicións de realización do servizo.
  • Lista de prezos de artigos detallados.

A documentación requerida presentarase, en sobre pechado, na Secretaria do Centro ata as 13:00 horas do día 29 de xuño.

O adxudicatario deberá constituir unha póliza de seguro de responsabilidade civil para a cobertura de posibles danos a terceiros por un importe mínimo de 20.000 euros.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento das instrucións ditadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros públicos non universitarios.

 

Normativa que regula a concesión do servizo da cafetería:

Formato PDF - Instrución 7/2017

Novo xardín na entrada do centro

O IES río Cabe estrea o seu novo xardín grazas a colaboración do profesor xubilado do centro Casto Casanova Rodríguez:

O Concello de Monforte convoca unha praza de Técnico Superior en Turismo

Comeza o prazo para presentar solicitudes para unha praza de persoal laboral temporal que pode resultar de interese do alumnado que teña cursado o Ciclo Superior de Turismo no noso centro.

As bases da convocatoria están colgadas na web municipal:

Para calquera dúbida os aspirantes poden chamar o 982402501.

Reserva Programa CUALE 2017/2018 - Preparación para as probas das EOIs

Para o vindeiro curso 2017-2018 o IES Río Cabe vai solicitar por cuarto ano consecutivo o PROGRAMA CUALE, curso para a formación complementaria en Linguas Estranxeiras do alumnado. 

O programa CUALE, impulsado pola Consellería de Educación, pretende preparar aos alumnos de institutos de educación secundaria para a obtención dos certificados oficiais dos distintos niveis das escolas oficiais de idiomas. No IES Río Cabe ofertamos os seguintes cursos CUALE para os niveis e requisitos do alumnado que se indican a continuación:

 

Programa

Finalidade do curso

Requisitos do alumnado

CUALE B1 – Francés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en francés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2017-2018.

CUALE B1 - Inglés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en inglés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2017-2018.

 

Os cursos desenvolveranse no IES Río Cabe de outubro a xuño, en xornada de tarde, en tres sesións semanais de 50 minutos de duración cada unha. A inscrición dos alumnos é voluntaria e gratuíta. O número de prazas para cada curso é de 10-20 alumnos.

A formación para cada modalidade organizarase cunha duración dun curso escolar, de xeito que, ao finalizalo, o alumnado estea en condicións de superar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas. Os alumnos do CUALE poderán presentarse as probas da EOI nas mesmas condicións cos alumnos oficiais das EOI e non teñen que aboar os prezos públicos.

O profesorado responsable desta formación realizará probas ao remate do curso correspondente a cada modalidade. A superación das devanditas probas suporá a expedición por parte do centro dun certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación das EOI.

 O alumnado que desexe preinscribirse nestes cursos deberá facer a reserva na Secretaría do IES Río Cabe ou enviar un email  antes do 7 de xuño de 2017.

Descarga o impreso de reserva facendo click na imaxe. Se estás interesado podes cubrilo e envialo por email ao centro: ies.rio.cabe@edu.xunta.es

Despedimos a Jessica Hasson

Jessica Hasson foi durante o curso escolar 2016/2017 a nosa auxiliar de conversa en lingua inglesa. O 31 de maio rematou a súa estadía no noso centro e en Galicia. Durante o próximo curso realizará a súa actividade como auxiliar de conversa nun centro da provincia de Málaga. O profesorado máis o alumnado dámoslle un sentidiño adeus agradecéndolle todo o traballo feito durante estes meses e a súa implicación para que aprendamos a expresarnos mellor en inglés. ¡GRAZAS e ATA PRONTO!

Desexámoslle moita sorte no seu futuro e o IES Río Cabe espera poder seguir contando nos vindeiros cursos con auxiliares de conversa como Hannah Greider (curso 2014/15), Tlaloc Villareal (curso 2015/2016) e Jessica.

Na seguinte foto de despedida aparece Jessica xunto a profesora Eva Dios, xa que a materia de Música en 3º ESO ímpártese en inglés.

Boletín familiar: Creo que o meu fillo se droga, que fago?

No documento adxunto, ou facendo click na imaxe, podedes descargar o Boletín de información para pais/nais/titores legais do mes de Xuño de 2017 elaborado pola Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos e o Equipo de Prevención:

Se tedes interés en consultar algún boletín anterior podedes descargar os mesmos a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, apartado folletos informativos) ou solicitalo na UAD, persoalmente ou a través do Telf. 982 400 495.

Acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato - 2017

O venres 26 de maio celebrouse o tradicional acto de graduación da promoción que remata os seus estudos de bacharelato no curso académico 2016/2017.

A partires das 20 horas tivo lugar no Salón de Actos do Centro un acto no que interviron en primeiro lugar o director do centro, Manuel Sánchez Seco, para darlle a despedida aos alumnos/as e desexarlle o mellor no seu futuro académico e profesional, Manuel López Martínez, profesor de educación física xubilado do centro;  e, por último, en representación do Concello de Monforte de Lemos, o Alcalde José Tomé Roca.

Tamén deron un emotivo discurso dous alumnos de Bacharelato para rememorar anécdotas e despedirse do IES Río Cabe ao finalizar a súa estadía neste centro. Disfrutamos da actuación musical dalgunhas alumnas (Claudia Virginia Peña Martínez e Ana Gómez López) e visionamos un vídeo de despedida.

Na cafetería do centro serviuse un pequeno ágape para o alumnado, as súas familias, profesorado do centro e os invitados ao acto. E por último, alumnado máis profesorado compartiron mesa e mantel na cea que tivo lugar no restaurante "Manuel Bistró".

Clickando na seguinte imaxe accédese a unha galería de fotos do acto de graduación de Bacharelato:

Distribuir contido