Curso 2016/17

Curso 2016/17

Presentación do libro "Monasterios del Sil"

O grupo do Ciclo de Guías, información e asistencia turísticas e varios profesores do Centro estivemos, o día 27 de xaneiro, no salón de actos do Centro do Viño na presentación do libro, “Monasterios del Sil”, obra de nosa compañeira, Mª Elena López Álvarez.

Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior - 2017

Acaba de publicarse a Orde de 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 13 ao 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.

Pódese obter máis información ou exames de convocatorias anteriores na seguinte páxina web:

Nos seguintes documentos resumimos as características de cada unha das dúas probas:

- Proba de acceso GRAO MEDIO

- Proba de acceso GRAO SUPERIOR

Gañadores do concurso fotográfico organizado pola ANPA

GAÑADORES DA 2ª EDICIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO

“AS CORES DO OUTONO”

CONVOCADO POLA ANPA

 

   1º PREMIO: Mª Soledad Tomé Marcos (Ciclo Turismo)

    Foto Nº49 titulada Huellas

   2º PREMIO: Sofía Pavón Fernández (1º ESO)

Foto nº 57 titulada Paporrubio

   3º PREMIO: Brais Rodríguez Rodríguez (2º ESO)

Foto nº 15 titulada O Cornabude

   Accésit: Carlos López Moral (2º ESO)

Foto nº 63 titulada Colax Acuático

   Accésit:Alba Enríquez Fernández (Ciclo Turismo)

Foto nº 23 titulada Vid y heno

   Accésit: Iván Álvarez López (1º BAC)

Foto nº 4 titulada Primeiro atardecer de outono

 

 

Na busca dos Pokemon

Alumnado de 1º de Bacharelato participou no concurso da RTVG "Este Nadal canta con nós", dirixidos polos profesores Iván Capón, Eva Dios e Carlos Parada.

A súa canción non resultou gañadora, pero de seguro que quedou entre as primeiras finalistas. Aquí tedes o vídeo do noso centro:

 

Conferencia de José Antonio Durán ao alumnado de fútbol

O adestrador do  CD Lugo durante a tempada 2015/2016 e actual adestrador do equipo filial, o Polvorín, José Antonio Durán Rivas, impartiu este pasado luns unha conferencia ao alumnado do Nivel 1 do Ciclo Medio de Fútbol e outras persoas que asistiron a charla. O título da mesma era “Planificación do adestramento no fútbol: Do macrociclo á tarefa”.

José Antonio Durán é licenciado en Educación Física e estivo traballando como profesor no IES Río Cabe no curso escolar 2012/2013, ao cubrir unha baixa por enfermidade do profesor e organizador desta actividade, Carlos Parada.

 

Fancine de Lemos 2016: "Aula 365"

Aula 635 é o título do cortometraxe realizado polo alumnado do IES Río Cabe para participar no FanCIne de Lemos 2016. Un grupo de alumnas/os de Bacharelato demostraron as súas sobradas dotes para esto do cine, encargándose non só de actuar, senón que tamén fixeron de cámara, pertiguista, maquilladora...

Ademáis, Aula 635 foi galardonado co Premio FantaFesti ao Mellor Guión no FanCine de Lemos 2016. Este guión foi elaborado por Claudia Peña e como podedes ver a continuación, Aula 365 é un thriller de suspense onde as apariencias enganan, e os efectos de maquillaxe e a ambientación non teñen nada que envidiar a unha producción de Hollywood:

Boletín familiar: Adicción aos videoxogos

No documento adxunto, ou facendo click na imaxe, podedes descargar o Boletín de información para pais/nais/titores legais do mes de Decembro de 2016 elaborado pola Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos e o Equipo de Prevención:

 Se tedes interés en consultar algún boletín anterior podedes descargar os mesmos a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, apartado folletos informativos) ou solicitalo na UAD, persoalmente ou a través do Telf. 982 400 495.

Distribuir contido