Curso 2016/17

Curso 2016/17

Convocatoria do "Fondo de Libros" e "Axudas de Material" para o curso 2017/2018

No DOG do luns 22 de maio publicouse a ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18. Hai 2 tipos de axudas:

1.- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO – Todo o alumnado de ESO:

Proporcionaránselle ao alumnado os libros de texto que existan no fondo solidario até que se esgoten, en orde inversa á renda per cápita do alumnado.

Esgotados os libros disponibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto que sexan necesarios para garantir:

- Ao alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €: seis libros de texto.

- De 5.400 € até 9.000 € de renda per cápita: catro libros de texto.

2.- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR – Todo o alumnado de ESO

Sempre que non se superen os 5.400 € de renda per cápita, vale por 50 €.

 

SOLICITUDES:

As solicitudes en papel, entregaranse na secretaría do centro, xunto coa documentación correspondente (fotocopia do libro de familia ou certificado de conviencia). O prazo para presentar a solicitude remata o venres 23 de xuño. O impreso pode obterse na Secretaría do centro ou  pódese descargar e cubrir no seguinte enlace: http://cort.as/x92v Cubrirase unha soa solicitude por alumno/a e, se hai varios  membros da unidade familiar  no mesmo centro, tamén cubrirán un só impreso.

DEVOLUCIÓN DE LIBROS 2016/2017:

Os libros do curso actual 2016-17, adquiridos con axudas, devolveranse no centro o día da entrega de notas, agás aquel alumnado que os necesite para preparar a convocatoria extraordinaria de setembro, que poderá ter o libro que necesite ata o 7 de setembro. Tamén se agradece a todo aquel alumnado que os adquiriu con fondos propios, a súa entrega ao centro para incrementar o Fondo Solidario.

ENTREGA DE LIBROS 2017/2018 na ESO:

Os libros entregaranse ao alumnado beneficiario do fondo a partir do 15 de setembro. A relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro o día 14 de xullo de 2017. Poderase formular reclamación contra a mesma durante o prazo dos 2 días seguintes. A relación definitiva publicarase polos medios anteriormente mencionados o 15 de setembro.

Nos vindeiros días repartirase unha folla informativa nas aulas, para que o alumnado afectado a leve ao seu domicilio e informar así ás familias.

Probas de Acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte 2017

Convocatoria das Probas de Aptitude Física para o acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física para o curso académico 2017-2018 na Universidade de Vigo e A Coruña:

Brais Rodríguez, GAÑADOR da Olimpíada Matemática Galega

O alumno BRAIS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ proclamouse gañador da Olimpíada Galega Matemática para o alumnado de 2º ESO o pasado 18 de mayo na localidade de Lugo.

Ademáis de recibir o correspondente galardón por ter acadado o primeiro posto nesta competición na súa fase autonómica, Brais terá a oportunidade de acudir a Valladolid do 21 ao 25 de xuño para participar na fase española da Olimpíada, xunto con outros dous representantes da nosa comunidade, os cales remataron a proba na segunda e terceira posición.

A comunidade educativa do IES Río Cabe felicita a Brais polo éxito acadado.

Acto de entrega de diplomas e premios 2017

O pasado martes, 16 de maio, fixemos entrega dos diplomas ao alumnado que acadou a cualificación final de Sobresaínte no curso 2015/2016, así como os certificados ao alumnado que participou no curso de formación para ser responsables da convivencia no centro.

Aproveitamos tamén para entregar os premios dalgúns concursos que tiveron lugar durante o presente curso escolar:

 Concurso de Oratoria do alumnado de Bacharelato: Noe Teófilo Fernández Diéguez - 2º BAC

 Concurso de deseño da camiseta para excursión de 4º ESO: Gloria Pérez Rodríguez - 4º ESO

 Concurso "Coida a tua Aula": 3ºB ESO

Clickando na seguinte imaxe accédese a unha galería de fotografías do alumnado premiado:

¡Parabéns a todos eles!

CHARLA DIRIXIDA ÁS FAMILIAS: Guillermo Cánovas

 

CHARLA DIRIXIDA ÁS FAMILIAS

 

O mércores, 10 de maio, ás 20 horas, teremos o pracer de contar coa presenza de Guillermo Cánovas, que dará unha charla dirixida ás familias

 

Os nosos fillos nas redes sociais

 

Guillermo Cánovas:

  • Director do Observatorio para a Promoción do Uso Saúdable da Tecnoloxía.

  • Director durante 12 anos do Centro de Seguridade en Internet para os Menores en España integrado en el Safer Internet Programme da Comisión Europea.

  • Presidente e fundador da organización de protección do menor PROTEGELES

  • Premio UNICEF polo seu labor a favor da infancia en 2013

  • Membro español do INHOPE (International Association of Internet Hotlines – Organización Internacional de Liñas de Denucia), do INSAFE (European network of Awareness Centres ), e de eNACSO (European NGO Alliance for Child Safety Online).

  • Profesor, escritor e experto en temática adolescente, autor de numerosos estudos e diversos libros sobre a relación dos menores coas TICs con títulos como Ladrones de Inocencia, Acoso Escolar o Cariño, he conectado a los niños.

 

Deseño gañador da camiseta "Viaxe a Lisboa"

Reunido o xurado do concurso para o deseño da camiseta do Viaxe a Lisboa do alumnado de 4º ESO no curso 2016/17, en Monforte de Lemos ás 11:15 horas do día 27 de Abril de 2017, decidiu que:

O deseño gañador, elixido por unanimidade do xurado, tras valorar os traballos presentados, foi o traballo realizado pola alumna de 4ºB ESO  Gloria Pérez Rodríguez.

 

Parabéns !!!

Alumnado admitido no Proceso de Admisión 2017/2018

A continuación poden consultarse, para cada un dos cursos, as listaxes de admitidos/as no Proceso de Admisión para ESO e Bacharelato neste centro para o curso 2017/2018:

1º ESO

2º ESO

4º ESO

1º BAC

Para 3º ESO e 2º BAC non se presentaron ningunha solicitude de admisión e, como era previsible, todo o alumnado que solicitou praza no noso centro foi admitido, salvo nalgún caso ao ter presentado máis dunha solicitude de admisión.

Anulado o curso preparatorio do CELGA 3

O Gabinete de Normalización Lingüística acaba de informar que se cancelou o curso preparatorio do Celga 3 que se ía impartir no IES Río Cabe por falta de profesorado. Tamén foron anulados os que se ían celebrar en Sarria, Carballiño, Verín e Xinzo de Limia.

Resolución

Nesta páxina web seguiremos informando das próximas convocatorias do CELGA a celebrar no noso centro.

PROBAS LIBRES FP - Convocatoria 2016/2017

Calendario para a admisión para ás probas libres segundo o establecido na Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Solicitudes:

Presentación de solicitudes :17 ao 28 de abril ata as 13:00 h

Listaxe provisional de solicitudes:  5 de maio

Reclamación contra a listaxe provisional: 5 ao 9 de maio ata as 13.00 h

Listaxe definitiva de solicitudes:  12 de maio

 

Admisión e matrícula:

Listaxe de persoas adxudicadas: 15 de maio

Matriculación:  15 ao 19 de maio ata as 13.00 h

Liberados e adxudicación continuada: 23 ao 31 de maio ata as 13.00 h

INSTRUCIÓNS PARA O ALUMNADO INTERESADO

Máis información na seguinte páxina web:

O alumnado de ESO practica a Resucitación Cardiopulmonar

O alumnado de 1º, 2º e 3º  da ESO practicou maniobras de Resucitación Cardiopulmonar como actividade final dunha unidade didáctica na que se abordou o protocolo de actuación de primeiros auxilios. Este contido forma parte das programacións de Educación Física ao longo desta etapa.

Distribuir contido