Curso 2016/17

Curso 2016/17

Tres alumnas do IES Río Cabe brillan na Olimpíada de Economía

Tres alumnas do IES Río Cabe asistiron o pasado venres a Olimpíada Galega de Economía, que na súa VIII edición tivo lugar na Facultade de Economía e Empresa da Universidade de A Coruña.
 
O vencedor da Olimpíada foi Álvaro del Torre Carreira, alumno do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela, quedando en segunda e terceira posición dúas alumnas do IES Rosalía de Castro. Pese a non acadar as primeiras posicións, o papel das 3 alumnas do IES Río Cabe foi moi brillante, posto que lograron rematar nos postos 7º, 17º e 21º entre os 55 estudantes inscritos nesta proba.
 
Concretamente, Julia María Pérez López logrou a 7ª praza, Aroa Mora Núñez acadou a 17ª praza e Cristina Álvarez Vázquez rematou na 21ª posición. Todas elas por riba da media dos participantes neste exame da Olimpíada Galega de Economía.


 
O obxectivo da Olimpíada é incentivar e estimular o estudo da Economía entre o alumnado interesado nesta materia, premiar o esforzo e a excelencia académica, así como divulgar os estudos de Economía.
 
Este é un proxecto innovador que naceu coa incorporación das materias de Economía e Economía da Empresa ao bacharelato, seguindo o espíritu das olimpíadas científicas tradicionais, pero a diferenza delas, son as facultades con estudos en Economía e Empresa das 3 universidades públicas galegas as que toman a iniciativa e organizan os exames das diferentes edicións da Olimpíada de Economía en Galicia.

Boletín familiar: Como falar de porros cos meus fillos

No documento adxunto, ou facendo click na imaxe, podedes descargar o Boletín de información para pais/nais/titores legais do mes de Abril de 2017 elaborado pola Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos e o Equipo de Prevención:

Se tedes interés en consultar algún boletín anterior podedes descargar os mesmos a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, apartado folletos informativos) ou solicitalo na UAD, persoalmente ou a través do Telf. 982 400 495.

Final galega do Rally Matemático sen Fronteiras

Un grupo de sete alumnos de 3º de ESO do IES Río Cabe participaron o xoves día 30 na final galega do Rally Matemático sen Fronteiras. A pesar de non verse clasificados para a final internacional que terá lugar en Toulouse, mostráronse moi satisfeitos por ter acadado estar entre os tres finalistas galegos e vivir esta experiencia, que fomenta o traballo en equipo e promove as Matemáticas entre os estudantes.
A proba tivo lugar na facultade de Química de Santiago de Compostela. Pola tarde aproveitaron para visitar o observatorio astronómico Ramón María Aller.

Probas das EOI - Alumnado CUALE 2016/2017

Aqueles/as alumnos/as participantes no Programa CUALE 2017 interesados/as en participar nas probas de certificación das ensinanzas de idiomas deberanse matricular na EOI correspondente. O prazo de matrícula está aberto ata o 06/04/2017, e é necesario pasar previamente pola Secretaría do centro a retirar un certificado de estar matriculado en dita ensinanza.

Recordade que o alumnado CUALE 2016/2017 terá carácter de alumnado oficial a efectos do número de convocatorias, polo que disporá das convocatorias ordinaria e extraordinaria para superar as probas correspondentes, e non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación.

No seguinte enlace podedes ver algún modelo de probas das EOIs de Galicia:

http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/modelos_probas_eeooii_galicia_100316.pdf

 

Circular Probas EOI 2017

SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR - Alerta Laranxa

 

Entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo.

Mañá Xoves 23 OS AUTOBUSES NON TRAEN AO ALUMNADO AO CENTRO, PERO SI REGRESAN AOS DOMICILIOS

Máis información na páxina da Consellería: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21563

Presentación dos proxectos de emprendemento empresarial

O martes, 14 de marzo, o alumnado e profesorado do ciclo de Turismo desplazouse ao Centro do Viño para asistir á presentación dos proxectos de emprendemento empresarial resultado do coworking IGAPE-EOI levado a cabo durante cinco meses no centro Expolemos.

Ao finalizar o acto os alumnos e alumnas do ciclo superior de Guía, información e asistencia turística tiveron a ocasión de departir co alcalde de Monforte, José Tome e co Conselleiro de Economía e Industría, Francisco Conde, sobre a importancia da posta en marcha de empresas que axuden a fixar poboación no rural.

 

Xa se poden recoller os títulos coas taxas pagadas no ano 2015

Xa están dispoñibles na Secretaría do centro, para a súa retirada, os títulos pagados (con independencia de cando se finalizaron os estudos) en 2015 e outros anos anteriores.

Cando cheguen novos títulos, publicarase nesta web e comunicaráselle ao alumnado solicitante por correo postal.

A persoa interesada pode pasar a retirar o seu título provista do D.N.I.

No caso de non poder facelo persoalmente, pode autorizar a outra persoa, que deberá exhibir:

  • o seu D.N.I.,
  • un escrito de autorización, onde debe figurar o nome e apelidos da persoa autorizada xunto co seu número de D.N.I. e deberá presentarse, inescusablemente, asinada pola persoa que autoriza.
  • unha fotocopia do D.N.I. do alumno/a que autoriza a retirar o seu título.

O horario de atención da Secretaría deste centro é de Luns a Venres de 9 a 14 horas.

Convocatoria curso preparatorio CELGA 3: Prazo de inscrición ata o 28 de marzo.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 8 de marzo de 2017 convoca un total de 30 cursos de lingua galega preparatorios para a obtención dos certificados Celga 2, Celga 3 e Celga 4,  (o Celga 1 impártese en modalidade en liña).

No noso centro impatirase de xeito presencial o curso preparatorio para a obtención do CELGA 3.

Os obxectivos desta actividade son os de garantir á poboación adulta o coñecemento e o dominio da lingua propia de Galicia. O curso impartirase dende o 19 de abril ata o 8 de xuño do 2017 e contará cunha duración de 70 horas lectivas, distribuídas en sesións de dúas horas diarias. Hai un máximo de 30 prazas e un mínimo de 15, e en caso de que teñamos un maior número de solicitantes que de sitios dispoñibles, a asignación farase por orde de entrada.

Poden inscribirse tódalas persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os cumpran no ano 2017. Os cursos son de balde e as solicitudes deben presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario formalizado dispoñible no enderezo web sede.xunta.es modelo ED104B e na páxina http://www.lingua.gal/. O prazo de presentación é de 20 días naturais, que se contan a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, polo que remata o martes 28 de marzo.

Unha vez rematado o prazo farase pública, na páxina http://www.lingua.gal, unha resolución provisional coas persoas admitidas e excluídas, xunto coa causa da súa exclusión, e unha listaxe coas persoas en agarda para cada curso e localidade.

 

No caso de dúbidas, necesitar máis información ou desexar facer a inscrición no noso centro recordamos que a Secretaría permanecerá aberta en horario de 9 a 14 horas.

Axudas para a formación en linguas estranxeiras no ano 2017

No DOG do día 27 de febreiro publicase a Orde do 2 de febreiro de 2017, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 28 de febreiro e remata o día 27 de marzo.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atópase na seguinte páxina web:

http://www.edu.xunta.es/axudasle

Distribuir contido