Curso 2016/17

Curso 2016/17

Magosto 2016

O venres 11 de Novembro (día de San Martiño), durante o recreo, celebramos na entrada do centro o magosto. Este ano o alumnado disfrutou de castañas e chourizos asados, ademais puidemos escoitar varias pezas musicais grazas a organización do evento por parte da profesora de música, Eva Dios, e a participación do alumnado de música do centro.
 
Picando na seguinte imaxe, pódese acceder a unha pequena galería de fotos do magosto:
 
 
A continuación podedes ver 2 vídeos de dúas das actuacións musicais:
 
 
 
 

Torneo de fútbol

O alumnado de 4º ESO está a organizar un campionato de fútbol entre os diferentes grupos de alumnado do centro e profesorado. O obxectivo deste campionato é obter cartos para financiar a excursión de fin de curso e o xoves 10 de novembro tivo lugar o partido entre o equipo de profesorado e alumnado de 3ºB ESO. A continuación podedes ver algunhas imaxes do encontro, que gañaron os alumnos/as:

Curso de formación en Finlandia

Temi Madamás Vázquez, Xefa do Departamento de Inglés do noso centro, está en Finlandia para asistir ao curso de formación "Modern Technology and Enterpreneurship as tools for betler learning" (Uso das novas tecnoloxías e emprendemento como ferramenta para un mellor ensino), organizado polo "Piikkio Comprehensive School and municipality of city of Kaarina" e pola organización "Finland YES", que se celebra entre o luns 7 e o venres 11 de novembro na cidade de Kaarina. Aproveitará a súa estancia en Finlandia para buscar un centro co que facer un intercambio de alumnado dentro do programa europeo Comenius + KA1.

Acto homenaxe a Manuel María

Na mañá de hoxe celebrouse na Casa da Cultura "Lois Pereiro" un acto en honra e recordo do escritor monfortino de adopción Manuel María. Entre os ilustres invitados estaban, ademáis do Ilmo. Sr. Alcalde, Don Xosé Tomé, o presidente da Real Academia Galega, don Xesús Alonso Montero e algúns escritores, académicos e amigos persoais do autor,  como Dª. Margarita Ledo, Dª. Fina Casalderrey, Lois Diéguez, Antón Lopo, Manuel Rajo e Mª. García Bodaño, ademáis da viúva do escritor, Dona Saleta Goy.

Entre discursos, moi emotivos uns, e interesantísimos todos, disfrutamos tamén de lecturas de poemas do propio Manuel María por parte de alumnos e alumnas dos institutos da cidade (o alumno do IES Río Cabe de 1ºB de Bacharelato Iago Díaz Iglesias recitou o poema A Fala, acompañado pola profesora Luz Díaz Prieto) e intervencións musicais a cargo de alumnos do Conservatorio. O público asistente saiu moi satisfeito pola celebración desta homenaxe conmemorativa a un home que foi tan querido por todos nesta cidade. Os actos remataron cunha comida de celebración no Centro do viño.

HORARIOS ENSINANZAS DE ADULTOS

A continuación, facendo click no curso correspondente, podedes descargar o horario do mesmo:

 ESA I-II      ESA III-IV A      ESA III-IV B

 

1º BAC      2º BAC

 

CS Turismo

 

Respecto ao horario do CUALE, as ensinanzas do idioma inglés desenvolveranse no seguinte horario:

Xoves: 15:45 a 17:25 horas

Venres: 17:25 a 18:15 horas

O horario do idioma Francés B1 é:

Xoves: 17:25 a 18:15 horas

Venres: 15:45 a 17:25 horas

 

Por último, as clases do Nivel I de Fútbol impártense os Luns, Mércores e Xoves a partir das 17:50 horas. O Mércores os módulos correspondentes ao Bloque Común e o resto dos módulos os outros dous días da semana

CONVOCATORIA DE BECAS (MEC) PARA BACHARELATO E F.P.

Aberto o prazo para solicitar axudas para os estudos en Bacharelato e F.P. para o curso académico 21016/17 ata o 3 de outubro.

Información e solicitudes na web do Ministerio: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/bachillerato/becas-generales-no-universitarias.html


Comezo de curso 2016/2017 - DIURNO

Facendo click na seguinte imaxe podes consultar o horario das presentacións do comezo do curso académico 2016/2017 no RÉXIME DE DIURNO:

Distribuir contido