CONTRATACIÓN DO SERVIZO DA CAFETERÍA PARA O CURSO 2017-2018

Co fin de poder contratar o servizo da cafetería do IES Río Cabe, ábrese un prazo ata as 13:00 horas do xoves 29 de xuño de 2017 para que as persoas interesadas presenten propostas para a prestación do citado servizo.

A documentación administrativa e técnica necesaria a efectos de poder valorar cada unha das ofertas está a disposición dos interesados na secretaría do centro ou nos seguintes links:

Folla de especificacións técnicas

Lista de prezos máximos

As empresas ou persoas interesadas deben presentar a seguinte documentación:

  • Se a empresa fose persoa xurídica española: copia auténtica ou compulsada do CIF, escritura ou documento de constitución, e no seu caso documentos que acrediten a súa representación.
  • Os empresarios individuais comunicarán o DNI ou documento que, se é o caso, o substitúa regulamentariamente, da persoa titular ou propietaria da empresa segundo se establece no Anexo I, e no seu caso documentos que acrediten a representación.
  • Proposición de oferta económica, ou canon anual (anexo II - Proposición de oferta económica). O canon anual mínimo, que pode ser aumentado pola oferta que realice o licitador, ascende a cantidade de 299,20 euros/ano.
  • Memoria coa proposta de metodoloxía ou plan de negocio.
  • Persoa ou equipo de traballo asignado a realización do contrato.
  • Melloras propostas. Aportarase relación das melloras ofrecidas no servizo sen custo, que aporten vantaxes ao esixible nas condicións de realización do servizo.
  • Lista de prezos de artigos detallados.

A documentación requerida presentarase, en sobre pechado, na Secretaria do Centro ata as 13:00 horas do día 29 de xuño.

O adxudicatario deberá constituir unha póliza de seguro de responsabilidade civil para a cobertura de posibles danos a terceiros por un importe mínimo de 20.000 euros.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento das instrucións ditadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros públicos non universitarios.

 

Normativa que regula a concesión do servizo da cafetería:

Formato PDF - Instrución 7/2017