Curso 2021/22

Horario de atención a alumnado e pais dos/as titores/as das ensinanzas de adultos curso 21/22

Na seguinte táboa pódese atopar os horarios de atención a alumnado e pais das distintas ensinanzas para adultos que se imparten no noso centro. Concertarase cita previamente co/a titor/a.

 

CURSO TITOR/A HORARIO ATENCIÓN PAIS E ALUMNADO
NIVEL 1-2 Ana María Fernández Silva Luns de 19:30 a 20:20
NIVEL 3-4 Manuel López Taboada Luns de 19:30 a 20:20
1º BAC SEMIPRESENCIAL Fe Tellado Castro Martes de 10:25 a 11:15
2º BAC SEMIPRESENCIAL Beatríz González López Luns de 10:25 a 11:15
CS GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICAS Soledad González López Martes de 18:40 a 19:30
NIVEL 2 TD FÚTBOL Rafael Castro López Venres de 10:25 a 11:15

Baños de bosque - Actividade do Ciclo de Turismo

Shinrin Yoku ou baño de bosque é unha práctica de benestar en contacto coa natureza que o grupo de Turismo levou a cabo en Bolmente, o pasado 30 de setembro, da man de Noelia.

Esta terapia de orixe xaponesa busca que nos reencontremos co espazo natural, coa finalidade de obter efectos positivos para o corpo e para o espírito.

Relaxación, paseo guiado, creatividade,... foron algunhas das actividades coas que nos mergullamos na naturaza e a desfrutamos.

 

 

Listaxe admitidos Programa Cuale Inglés B1 a 08/10/21

Se fas click no seguinte enlace poderás ver o estado actual  da  listaxe de admitidos no  Programa CUALE Inglés B1.

Información Proxecto E-dixgal

Se desexan consultar dúbidas sobre o proxecto E-Dixgal, pódeno facer na seguinte guía

Saída a Proendos - Ciclo de Turismo

 Non poderíamos comezar mellor as saídas do Ciclo de Turismo deste curso 2021/22 que coa visita organizada polo Concello de Sober o pasado mércores 22 de setembro para divulgar o traballo arqueolóxico feito na parroquia de Proendos.

 O arqueólogo responsable dos levantamentos puxo en valor os achados atopados e nun deles mostrounos varias paredes construidas en paralelo cuns buratos en forma de corredor, trataríase dunha hipotética horrea romana.

 No outro levantamento, próximo á igrexa de Santa María de Proendos, puidemos observar unha ábsida circular aínda sen datar.

 As excavacións constataron tamén a existencia dun hipocausto que xunto cos achados anteriores confirman a importancia desta zona na época romana.

 

 

Concurso de Economía Finanzas para todos

 

Cinco alumnos de 2º de Bac, Gael, Lucía,  Mar, Sara  e Sofía    veñen de participar un ano máis nos cuartos de final do concurso nacional de economía Finanzas para todos  que organiza o Banco de España e a CNMV. E un ano máis, a pesar de non conseguir pasar a semifinais, o noso alumnado quedou nun moi bo posto amosando o seu alto nível de coñecementos,   da man do seu profesor da asignatura  Emilio López Mariño

 

.Unha vez máis as nosas felicitacións a alumnado e profesor.

 

 

Aviso alumnado Cuale A1

Infórmase que todo o alumnado inscrito no Programa CUALE A1 Inglés foi admitido. As clases comezarán o día 24 de setembro ás 16:00h ata ás 17:15h. Impartiranse na aula 056, situada na pranta baixa.

Relación de alumnado admitido CUALE INGLÉS B1

Premendo no seguinte arquivo podes acceder a relación de alumnos/as admitidos/as no programa CUALE B1 Inglés. O resto de alumnado queda en reserva e serán chamados no caso de haber praza vacante.

As clases comezarán o venres día 24  de setembro en horario de 17:15-18:30h. Impartiranse na aula 056, situada na pranta baixa.

Protocolo Covid Curso 21-22

Se desexan consultar o protocolo Covid vixente para a presente curso, pódeno facer no seguinte enlace

“PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CURSO 2021-2022” 

Horario CUALE curso 21/22

As clases de CUALE niveis A1 e B1 de Inglés comezarán a partir do próximo venres día 24 de setembro, na aula 56, co seguinte horario:

CUALE A1

XOVES          17:15-18:30

VENRES        16:00-17:15

CUALE B1

XOVES          16:00-17:15

VENRES        17:15-18:30

Distribuir contido