Graduación de 2º Bac 22- "ESTOS MARAVILLOSOS AÑOS"

O venres 27 de maio  a promoción  2020/22 de bacharelato do Río Cabe viviu unha xornada  especial que lembrarán  no tempo. Coa súa graduación remataron unha etapa, que aínda que resultou dura polos tempos que lles tocou vivir e porque segundo é un curso intenso, tamén foi moi bonita porque se uniron como unha piña, son grandes amigos e compañeiros , compartiron, sufriron  e tamén desfrutaron  moito xuntos.

 

Despois do motivador discurso de Carlos Parada, director do centro, Abel Veiga, avogado, profesor, padriño nesta graduación e antigo alumno do Río Cabe, lembrou o seu paso polo mesmo e resaltou a importancia da figura do profesor na educación dos alumnos e alumnas . Mil grazas a Abel e Carmen, a súa muller, pola súa amabilidade e o esforzo que fixeron por vir desde Madrid, para asistir unicamente a esta despedida.

 

 

 

O conxunto do  alumnado tivo unha actuación impecable, e por iso o felicitamos de corazón. O seu entrañable e divertido discurso, a cargo de Alex, Rebeca e Sofía, as agarimosas alusións ás titoras e distintos profesores que fixeron Candela e Sara, as magníficas actuacións  de Sara e Lujie e de Xurxo, o no compañeiro de física e química e a súa banda, Antón , Ariadna e Ximena; a todos eles, Parabéns!! Sabede que estamos profundamente orgullosos de vós.

 

 

 

 

 

 

 

E felicitacións tamén  a Fe, compañeira e profesora de tecnoloxía, polo seu traballo na  edición dun divertido vídeo que resume o tempo vivido polos alumnos no centro.

 

Despois da recollida de diplomas e última sesión musical, o alumnado saiu ó escenario a cantar e bailar , pechándose así, un ano máis de celebración .Agradecemos a colaboración de todos os que participaron nesta xornada .

 

 

 

Toda a sorte para estes estupendos rapaces e rapazas que agora comezan a voar en busca dos seus soños. Aquí seguiremos para eles cando nos necesiten. 

 

Moitos bicos.

 

Galería de fotos