AVISO PARA O ALUMNADO MATRICULADO EN 2º BAC SEMIPRESENCIAL CON MATERIAS DE PRIMEIRO

Informamos que segundo a Resolución do 18 de xullo de 2022 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento das ensinanzas de bacharelato para persoas adultas, no  seu artigo 27 apartado 7 di:

 

 O alumnado matriculado en materias de primeiro e segundo no curso 2022- 2023 poderá optar, na avaliación final ordinaria entre:

 

- Adiantar a avaliación final ordinaria das materias de primeiro curso á avaliación de maio.

 

- Realizar a avaliación final ordinaria das materias de primeiro curso na avaliación a partir do 5 de xuño.

 

 O alumnado que opte por non adiantar a avaliación final ordinaria das materias de primeiro curso deberá comunicalo por escrito, xúntase modelo, antes do 14 de abril do 2023 en Xefatura de estudos de adultos.

En caso contrario considerarase que a opción elixida é a de adiantar a avaliación das materias de primeiro a maio.