Charla do adestrador de fútbol Jose Durán

O pasado luns 9 de marzo de 2020 o Adestrador do Polvorín e filial do C.D. Lugo, Jose Durán, deu unha charla na biblioteca “Mari Luz Paramio” do IES Río Cabe sobre a Planificación Táctica.

O técnico explicou conceptos futbolísticos relacionados coa planificación táctica indo dende o macrociclo ata o exercicio. Tamén falou sobre a súa experiencia no adestramento e nas distintas etapas da súa carreira profesional pasando polo mundo do baloncesto ata o fútbol profesional na 2ª división A no Club Deportivo Lugo.

Logo da súa charla contestou toda as preguntas que lle fixeron os asistentes, alumn@s e ex-alumnos do ciclo de técnico deportivo en Fútbol e outros afeccionados que tamén se achegaron a escoitar ó técnico lucense.

Dende o IES Río Cabe queremos darlle as grazas a Jose Durán pola colaboración desinteresada co noso centro.