Alum_Taboleiro

Convocadas as probas de acceso a Ciclos Formativos Grao Medio e Superior

No DOG do 12 de xaneiro de 2022 podes acceder a Orde do 17 de decembro de 2021 que regula as probas de acceso aos ciclos formativos de Grao Medio e de Grao Superior de Formación Profesional para o ano 2022.

Os prazos de presentación de solicitudes son os seguintes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos.

Para  máis información:

                                        GRAO MEDIO                                  GRAO SUPERIOR

 

                                                                       CALENDARIO  PROBAS

 

Datas e horas dos exames finais da ESA Niveis 1 e 3

 Na primeira semana de febreiro celebraranse os exames finais dos niveis 1 e 3 do ensino secundario para persoas adultas. Premendo no seguinte enlace poderás acceder a toda a información.

Informamos tamén que dende o 10 ao 18 de xaneiro está aberto o prazo de matrícula para alumnado de nova incorporación aos niveis ofertados no segundo cuadrimestre.

As clases dos niveis 2 e 4 comezarán o luns 7 de febreiro nos respectivos horarios.

Información relativa aos Premios extraordinarios Educación Secundaria Obrigatoria curso 2020-2021

Ven de publicarse  a  Resolución do 1 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se procede a establecer os lugares en que se realizará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020-2021.

Podedes acceder a dita información premendo no seguinte enlace.

Exames de Setembro e entrega dos Boletíns de Notas - Curso 2020-21

Nos arquivos atoparán o calendario de exames dos cursos correspondentes:

Diúrno PENDENTES

Diúrno 1º e 2º ESO

Diúrno 3º e 4º ESO

Diúrno 1º BAC

Adultos ESA

Adultos BAC

ENTREGA DE BOLETÍNS ESO e 1º BAC: na aula correspondente o martes, 7 de setembro, ás 10:00.

ACLARACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS: martes, 7 de setembro, de 10:00 a 13:00. RECLAMACIÓNS presentadas regulamentariamente, 8 e 9 de setembro (ata as 14:00 horas), na secretaría e dirixidas ao Sr. Director.

MATRÍCULA para o curso 2021-22: Entre o 7 e o 10 de setembro.

ENTREGA DE BOLETÍNS EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS: O 6 de setembro a partir das 10:00 na conserxería do centro, aclaracións ás cualificacións ese mesmo día de 11:00 a 12:30.

RECLAMACIÓNS: presentadas regulamentariamente na secretaría do centro e dirixidas ao Sr. Director os días 7 e 8 de setembro.

ENTREGA DE BOLETÍNS BACHARELATO ADULTOS: O 6 de setembro a partir das 11:00 na conserxería do centro, aclaracións ás cualificacións ese mesmo día de 11:00 a 12:30.

RECLAMACIÓNS: presentadas regulamentariamente na secretaría do centro e dirixidas ao Sr. Director os días 7 e 8 de setembro.

Convocados os premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21

Informamos que dende o día 7 se xuño ata o día 6 de xullo de 2021 poderán presentarse as solicitudes para os premios  extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21.

Poderá optar ao premio extraordinario o alumnado que reúna os seguintes requisitos:
- Ter cursado durante o ano académico 2020/2021 4º curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de Graduado en Educación Secundaria.
- Ter obtido no conxunto dos catro cursos de Educación Secundaria Obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Premendo na seguinte imaxe  pódese consultar a forma e prazo de presentación das solicitudes así como a estructura da proba.

 

 

 

Aberto o prazo para a solicitude das axudas de material escolar (vale 50€)

Ata o día 22 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas para adquirir material escolar. O alumnado que teña que repetir 4º ESO terá un mes de prazo dende a  data da matrícula. Esta axuda está destinada para familias que teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.  Este curso non se poderá solicitar libros do Fondo Solidario de libros de texto por estar o Centro incluído no Proxecto Educación Dixital (E- Dixgal).

Para máis información preme no seguinte enlace:

DOG 20 de maio 2021

Exames finais xuño Niveis 2 e 4 Educación Secundaria Adultos

Podes acceder as  datas e horas dos exames finais  da convocatoria ordinaria dos Niveis 2 e 4 da  Educación Secundaria para adultos se premes no seguinte enlace:

 Exames finais xuño Niveis 2/4

Calendario exames finais xuño 1º Bac/2º Bac Bacharelato semipresencial

 Se fas click no seguinte enlace poderás obter as datas e horas dos exames finais das convocatorias ordinaria/extraordinaria de 1º e 2º do Bacharelato semipresencial.

Exames finais  xuño Bac adultos

Calendario de exames extraordinarios niveis 1 e 3 Ensino Secundario Adultos

Na primeira semana do mes de maio celebraranse os exames extraordinarios dos niveis 1 e 3 da Educación Secundaria para as persoas adultas co seguinte horario:

MÓDULO 1

ÁMBITO

DÍA

AULA

HORA

Á. Comunicación

3

004

013

18:00-19:30L. Castelá

19:30-21:00 L. Galega

Á. Científico

4

004

18:00-19:30

Á. Social

5

004

18:00-19:30

Á. Comunicación (Inglés)

5

004

20:30-22:00

 

MÓDULO 3

ÁMBITO

DÍA

AULA

HORA

Á. Comunicación

3

004

013

18:00-19:30L. Castelá

19:30-21:00 L. Galega

Á. Científico

4

004

18:00-19:30

Á. Social

5

004

18:00-19:30

Á. Comunicación (Inglés)

5

004

20:30-22:00

 

A entrega de boletíns será o día 6 de maio a partir das 18:00h. Aclaracións ás cualificacións ese  mesmo día ata as 20:00h. Reclamacións ás cualificacións, presentadas na secretaría do centro e dirixidas ao Sr. Director os días 7 e 10 de maio.

Distribuir contido