Todos os cursos. Día do amor

14.02.2024

 

Dende a Biblioteca do IES Río cabe levaron a cabo varias actividades para conmemorar o Día do Amor en todas as súas vertentes. Podes ver as actividades dno blog picando AQUÍ

Todos os cursos. Día de Rosalía. 23 de febreiro de 2024

23.02.2024

Alumnado, profesorado, persoal non docente e familias do IES Río Cabe recitaron versos de Rosalía de Castro para conmemorar o seu día, o Día de Rosalía. Entre as actividades deste día cómpre destacar os murais e os código QR que se puxeron en carteis con poemas da musa das nosas letras que levaban a poemas musicados. Ademais, varios dos poemas rosalianos foron traducidos polo profesorado, alumnado e polas súas familias ás máis de 25 linguas que temos no noso centro educativo. Moitas grazas!

 

 

Álbum: Escolares -> 2024.02.23_2ª AVA_Todos os cursos_Día de Rosalía

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Comezo do período de inscrición. Convocatoria 2024

 

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 26 de febreiro ao 8 de marzo de 2024, ambos incluídos.

 

2º Bacharelato. XIX Olimpíada de Bioloxía. Vigo

23.02.2024

 

O venres 23 de febreiro, celebrouse a  fase presencial da  XIX Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega), actividade convocada polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) e a Asociación Olimpíada de Bioloxía (OEB), en colaboración coas tres universidades galegas e a Xunta de Galicia, na que participou Ariadna Valdés Fernández, alumna de 2º Bacharelato do noso centro, o IES Río Cabe, acompañada da súa profesora de Bioloxía e Xeoloxía, María Padrón.

O pasado 3 de febreiro tivera lugar a fase previa, na modalidade en liña, cun récord de participación de 402 alumnos de 42 centros de toda Galicia, dos que sairon elexidos os 80 mellores estudantes que participaron na fase presencial.

A realización das probas tivo lugar na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

As actividades propias do certame desenvolvéronse entre as 10:25 e as 15:00 horas, e consistiron: nunha primeira proba teórica, e despois dun pequeno receso, unha segunda proba práctica (prácticas de laboratorio de bioloxía celular, zooloxía, fisioloxía animal e xenética).

Despois de comer e xa máis relaxados, gozamos dunha conferencia, “Anisakis: mitos e realidades sobre un parasito mediático”, a cargo do profesor Raúl Iglesias Blanco, investigador en Centro de Investigación Mariña (CIM-UVigo). maneira

A xornada rematou da mellor maneira  posible, xa que Ariadna acadou o primeiro posto da fase galega e representará á nosa comunidade na fase nacional, que terá lugar en Valencia entre o 18 e o 21 de abril de 2024, xunto con outros dous rapaces que acadaron o segundo e terceiro posto do IES Eusebio da Guarda da Coruña aos que lles transmitimos os nosos parabéns.

 Agradecemos as cartas enviadas polo Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, don Román Rodríguez e pola alcaldía de Monforte de Lemos asinada polo alcalde don José Tomé á nosa alumna para darlle as felicitacións polo premio.

Moitos parabéns a Ariadna e a súa profesora María Padrón!

 

Le a nova no xornal La Voz de Galicia picando AQUÍ

 

Álbum: Escolares -> 2024_02_24_2ª AVA_2º BACH_XIX Olimpíada de Bioloxía_Vigo

4º ESO. Roteiro A Esmorga. Ourense

23.02.2024

 

O alumando de 4º ESO, acompañado das profesoras de Lingua Galega e Literatura, Ana Otero e Noelia Besteiro, realizou o Roteiro Literario da obra de Balnco AMor: A Esmorga pola cidade de Ourense o 23 de febreiro, coincidindo co Día de Rosalia.

Acompañados de José Ramón Gómez, Guía oficial da Oficina Municipal de Turismo de Ourense, percorreron os lygares polos que se desenvolve a novela. 

Foi unha mañá moi entretida e cun roteiro inmersimo, xa que. igual ca na novela, a marabillosa choiva acompañounos no percorrido.

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_02_23_2ª AVA_4º ESO_Roteiro A Esmorga_Ourense

ESO. Carreiras de orientación

21.02.2024

 

O alumnado de secundaria está participando nestes días nunha actividade de iniciación á orientación deportiva dentro das instalacións do IES Río Cabe. 

Esta actividade prepara ó alumnado para o campionato provincial escolar de orientación que terá lugar en Lugo o 28 de febreiro, ó que acudiremos con 4 equipos de 5 alumnos/as.

 Parabéns a todas/os pola participación e a implicación!

 

Álbum: Escolares -> 2024_02_21_2ª AVA_ESO_Carreiras de Orientación

CM Fútbol. Xornada de adestradores. Ourense

19.02.2024

Na tarde do luns, o alumnado de Técnico Deportivo en Fútbol (Nivel 2), acompañado do seu profesor, Alberto Rodríguez Fraga, asistiu ás IV Xornadas de Actualización e Reciclaxe para entrenadores de Galicia, organizada pola Real Federación Galega de Fútbol neste caso, na cidade de Ourense. Durante algo máis de 5 horas, diferentes especialistas na materia desenvolveron temáticas relacionadas coa xestión emocional, a organización do fútbol base ou a organización do adestramento no fútbol profesional.

Álbum: Escolares -> 2024_02_19_2ª AVA_CM Fútbol_Adestradores_Ourense

1º Bacharelato. TIC. Relatorio: Rompendo barreiras coa Intelixencia Artificial

06.02.2024

 

O 6 de febreiro o alumnado de 1º Bacharealto da materia TIC participou, xunto coa súa profesora Fe Tellado, nunha conferencia acerca da Intelixencia Artificial impartida pola Subdirectora de Distribución e Comunicación da E. E. de Telecomunciacións da Universidade de Vigo, Laura Docío Fernández.

Tiveron oportunidade de coñecer un pouco máis acerca do mundo da IA e ver en que proxectos se traballa actualmente na Universidade. Contounos que están preparando unha IA para que as persoas sordas se poidan comunican coas persoas ointes aínda que non entendan linguaxe de signos. Por outra banda tamén nos contou que outros compañeiros traballan no deseño dunha aplicación de IA que permite recoñecer se as imaxes son reais ou xeradas por IA algo que vai resultar fundamental nun futuro para evitar delitos.

Álbum: Escolares -> 2024_02_06_2ª AVA_1º BACH_TIC_ Relatorio: Rompendo barreiras coa Intelixencia Artificial

ESA. Presentación libro Isamel Rodríguez: El precio de dos vidas

07.02.2024

 

O alumnado de segundo curso da ESA asistíu esta tarde a unha amena charla do escritor Ismael Rodríguez que lles veu falar do seu libro, que escribiu durante a pandemia, “El precio de dos vidas”. Desvelou detalles interesantes de como foi o proceso de escrita e respostou as moitas preguntas que lle fixeron. Tamén fixo referencia ó proceso de facer a película deste libro que agarda que se poda ver nos cines ou nas plataformas proximamente. Como detalle curioso resaltou a presenza de Iago Aspas como actor invitado.

Álbum: Escolares -> 2024_02_07_2ª AVA_ESA_Presentación libro Ismael Rodríguez_El precio de dos vidas

Todos os cursos. Mandado do Meco: deportistas

07.02.2024

Todos os cursos. Mandado do Meco: deportistas

Álbum: Escolares -> 2024_02_08_2ª AVA_Todos os cursos. Mandado do Meco. Deportistas
Distribuir contido