Visita do alumando de 6º EP do CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos de Monforte de Lemos e do CEIP A Gándara de Monforte de Lemos

01.02.2024

06.02.2024

 

O alumnado de 6º EP dos colexios de Monforte de Lemos CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos e do CEIP A Gándara visitaron o noso centro. Agardamos que fose do seu agrado e esperamos velos o próximo curso. 

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_02_01_2ª AVA_Visita alumnado do CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos de Monforte de Lemos_2024_02_06_2ª AVA_Visita alumnado do CEIP A Gándara de Monforte de Lemos

ESA. Plan Proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade_Taller Xénero Educa Dinámicas

06.02.2024

Profesora: Noelia Besteiro

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_02_06_2ª AVA_ESA_Plan Proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade_Taller Xénero Educa Dinámicas

1º ESO. Identificación de madeiras duras e brandas. Parque de Zapardiel. Monforte de Lemos

06.02.2024

 

Esta actividade xorde como posta en práctica dos coñecementos adquiridos polos alumnos de 1º ESO A, dentro do bloque de contidos Os materiais de uso técnico da materia Tecnoloxía e Dixitalización I, no relativo aos tipos de madeira existentes na industria.

O aproveitamento da madeira como recurso natural conta cunha longa e ancestral tradición no noso país, polo que cómpre que o alumnado coñeza todas as posibilidades de uso que o dito material ofrece.

Alén diso, a escasos metros do noso centro, a vila de Monforte dispón dun espléndido parque con unha ampla variedade de especies arbóreas que son obxecto de estudo e análise neste nivel educativo.

Tendo en conta os aspectos mencionados anteriormente, os alumnos divididos en grupos de catro compoñentes e provistos dunha ficha botánica, recolleron datos a pé de campo como se fosen auténticos botánicos. A xeometría das follas, a forma da copa, o tipo de codia, os froitos existentes mais outros datos fornecidos polo profesor foron as claves para poder identificar árbores e poder determinar finalmente o tipo de madeira ao cal pertencen.

Castiñeiros, cedros, álamos, plataneiros e cipreses entre outros foron algunhas das especies que se conseguiron identificar sobre o terreo. Foi unha entretida e didáctica última hora de clase ao relento baixo un tímido sol de inverno nun emblemático espazo natural de Monforte, onde os alumnos quedaron con vontade de seguir pescudando datos por máis tempo.

O alumnado estivo acompañado do seu profesor Javier Barros.

Álbum: Escolares -> 2024_02_06_2ª AVA_1º ESO_A_Visita ao Parque de Zapardiel_Monforte de Lemosr

2º ESO. San Vicente. Monforte de Lemos. A néboa como fenómeno meteorolóxico característico de Monforte de Lemos

02.02.2024

 

No seo do proxecto Meteoescolas, no cal participa o noso centro durante este curso 2023/2024, realizouse o pasado venres 2 de febreiro unha actividade divulgativa sobre o fenómeno atmosférico que ocorre con máis frecuencia en Monforte de Lemos e ademais constitúe unha estampa típica da vila, principalmente no inverno: a néboa. O alumnado participante foi o grupo de 2º ESO - B acompañado do seu profesor Javier Barros.

A finalidade da devandita actividade foi aproveitar a proximidade do IES á máxima elevación do casco urbano da localidade, ou sexa o monte de San Vicente que se levanta a 360 metros sobre o nivel do mar, para gravar un vídeo onde os alumnos son os protagonistas e explican os fundamentos científicos que posibilitan a existencia de semellante espectáculo natural.

Desde o alto de San Vicente temos unha visión panorámica sen igual de todo o val de Lemos, que nesa mesma mañá estivo cuberto por abundantes e persistentes ata cerca da unha da tarde. En consecuencia, esas condicións meteorolóxicas facilitaron o desenvolvemento do plan de traballo previsto.

Lois e África levaron a voz cantante no tocante á explicación dos fenómenos físicos que producen o tal fenómeno natural, como por exemplo a inversión térmica, a ausencia de refachos de vento xunto con as condicións orográficas da zona.

O resto de compañeiros contribuíron para completar o traballo con labores menos visíbeis mais importantes de cara ao resultado final. Verónica, Estefanía Fernández, Emeli e Sabela alternáronse á hora de rexistrar o documento audiovisual e o resto deron ideas ou ben participaron a modo de figurantes en diversas secuencias.

A continuación unha serie de imaxes que testemuñan o descrito nestas liñas. Unha mañá fría e húmida, mais satisfactoria desde o punto de vista do deber cumprido aprendendo conceptos cotiás de maneira diferente.


Álbum: Escolares -> 2024_02_02_2ª AVA_2º ESO_B_Visita a San Vicente en Monforte de Lemos_Proxecta MeteoEscolas

1º Bacharelato. Concerto pola paz

05.02.2024

 

O 5 de febreiro o alumnado de 1º Bacharelato acudiu á biblioteca do IES Río Cabe para participar nun Concerto pola Paz en conmemoración do Día da Paz o pasado 30 de xaneiro. O concerto estivoa cargo dos nosos docentes Xurxo Rodríguez e Nerea Iglesias, así como da alumna Ximena. 

O alumno de 1º Bacharelato, Demetrio, leu un manifesto pola paz.

Dende o IES Río Cabe pedimos PAZ no mundo.

Álbum: Escolares -> 2024_02_05_2ª AVA_1º BACH_Concerto pola paz. Día da Paz

ESA. Plan Proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade. Taller Xénero Educa Dinámicas

06.02.2024

Álbum: Escolares -> 2024_02_06_2ª AVA_ESA_Plan Proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade_Taller Xénero Educa Dinámicas

CM Fútbol. Adestradores Ourense

19.02.2024

 

 

Pica AQUÍ para máis información

Álbum: Escolares -> 2024_02_19_2ª AVA_CM Fútbol_Adestradores_Ourense

ESO. Tour de Matemáticas

Durante os meses de xaneiro e febreiro o alumnado da ESO do IES Río Cabe está participando no "Tour de Mates", unha carreira de cálculo mental distribuida en 5 etapas. En cada etapa o alumnado desenvolverá unha estratexia de cálculo mental na que teñen un tempo de 5 minutos para resolver o máximo de operacións posibles dunha folla con 120 preguntas. Semana a semana imos comprobando a clasificación xeral do alumnado ambientada nunha carreira de ciclismo onde poden colocarse como o mellor corredor do centro, mellor corredor xoven (1º e 2º ESO), o corredor máis regular e tamén competir por equipos de clase.
Pode consultarse toda a información sobre o concurso e a clasificación pulsando aquí

Álbum: Escolares -> 2024_02_01_2ª AVA_ESO_Tour de Matemáticas

4º ESO. Obradorio literario por Nuria Vil_Erre que erre

02.02.2024

 

O venres 2 de febreiro acompañounos no noso centro a poeta Nuria Vil do grupo Erre que erre. Ofreceu un relatorio-taller de poesía ao alumnado de 4º ESO. Foi un tempo moi enriquecedor onde Nuria nos recitou varios poemas e nos mostrou libros e curtas que ten feito. Ao final do relatorio varios alumnos e alumnas quixeron que lles asinara un autógrafo e tomar fotos con ela.

Moitas grazas Nuria Vil e moitas grazas a Erre que erre!

Tamén queremos agradecer á nosa profesora de Lingua Galega, Sara Porrit, a cal pertence a Erre que erre por facer posible que este taller se levase a cabo.

Álbum: Escolares -> 2024_02_02_2ª AVA_4º ESO_Obradorio literario por Nuria Vil_Erre que erre

4º ESO_1º Bacharealto. Debate Fundación Barrié

31.01.2024

 

O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato que participa no Club de Debate do IES Río Cabe desprazouse á cidade da Coruña para participar no Torneo de debate da Fundación Barrié. O alumnado foi acompañado das profesoras que dirixen o club de debate do noso instituto: Pilar López e Sara Porrit.

Parabéns a todas e a todos!

Álbum: Escolares -> 2024_01_31_2ª AVA_4º ESO_1º BACH_Debate Fundación Barrié_A Coruña
Distribuir contido