ESA. Presentación libro Isamel Rodríguez: El precio de dos vidas

07.02.2024

 

O alumnado de segundo curso da ESA asistíu esta tarde a unha amena charla do escritor Ismael Rodríguez que lles veu falar do seu libro, que escribiu durante a pandemia, “El precio de dos vidas”. Desvelou detalles interesantes de como foi o proceso de escrita e respostou as moitas preguntas que lle fixeron. Tamén fixo referencia ó proceso de facer a película deste libro que agarda que se poda ver nos cines ou nas plataformas proximamente. Como detalle curioso resaltou a presenza de Iago Aspas como actor invitado.

Álbum: Escolares -> 2024_02_07_2ª AVA_ESA_Presentación libro Ismael Rodríguez_El precio de dos vidas

Todos os cursos. Mandado do Meco: deportistas

07.02.2024

Todos os cursos. Mandado do Meco: deportistas

Álbum: Escolares -> 2024_02_08_2ª AVA_Todos os cursos. Mandado do Meco. Deportistas

1º Bacharelato. Olimpíada de Xeoloxía. Quiroga

07.02.2024

 

O mércores 7 de febreiro, tivo lugar a XV Fase Galega da Olimpíada de Xeoloxía en Quiroga, actividade convocada pola AEPECT GALICIA (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), na que participaron, por sexto ano consecutivo, 8 alumnas e alumnos de 1º Bacharelato do IES Río Cabe acompañados da súa profesora de Biloxía e Xeoloxía, María Padrón.

 

O xeoparque Montañas do Courel foi a sede para os institutos das pronvincias de Lugo e Ourense As actividades propias do certame desenvolvéronse entre as 11:15 e as 14:00 h, e consistiron: nunha primeira proba práctica Xincana por equipos e despois dun pequeno receso, unha segunda proba teórica individual con 40 preguntas tipo test. Unha vez rematadas as probas e despois de xantar, os participantes disfrutaron de dúas visitas guiadas, unha Museo de Mineria Aurífera Romana de Ribas de Sil e outra o Museo Xeolóxico de Quiroga Ás 18:00 h tivo lugar a clausura da Olimpíada por parte do tenente de alcalde de Ribas de Sil, Roberto Casto e o xerente do Xeoparque, Martín Alemparte e a posterior entrega de premios aos gañadores da mesma Os nosos alumn@s tiveron a oportunidade de compartir un día único con outros estudantes cun interés común pola ciencia, e concretamente pola Xeoloxía. O día non puido rematar mellor, xa que foron Manuel Vega Soto e Carmen López Fernández, os que acadaron o primeiro e segundo posto repectivamente. Será eles, máis outros seis alunm@s os que representarán a nosa comunidade na Fase Nacional, que este ano terá lugar en Zamora o día 13 de abril.

 

Parabéns!

 

Noticias da prensa, pica enrriba para ler:

Xornal de Lemos

La Voz de Galicia

 

Álbum: Escolares -> 2024_02_07_2ª AVA_1º BACH_Olimpíada de Xeoloxía_Quiroga

Todos os cursos. Entroido. Mandado do Meco: imos de gala!

07.02.2024

 

O Meco manda: ir de gala!

Álbum: Escolares -> 2024_02_07_2ª AVA_Todos os cursos. Mandado do Meco. Imos de gala

Todos os cursos. ENTROIDO

09.02.2024

Álbum: Escolares -> 2024_02_09_2ª AVA_Todos os cursos_ENTROIDO

Visita do alumando de 6º EP do CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos de Monforte de Lemos e do CEIP A Gándara de Monforte de Lemos

01.02.2024

06.02.2024

 

O alumnado de 6º EP dos colexios de Monforte de Lemos CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos e do CEIP A Gándara visitaron o noso centro. Agardamos que fose do seu agrado e esperamos velos o próximo curso. 

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_02_01_2ª AVA_Visita alumnado do CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos de Monforte de Lemos_2024_02_06_2ª AVA_Visita alumnado do CEIP A Gándara de Monforte de Lemos

ESA. Plan Proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade_Taller Xénero Educa Dinámicas

06.02.2024

Profesora: Noelia Besteiro

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_02_06_2ª AVA_ESA_Plan Proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade_Taller Xénero Educa Dinámicas

1º ESO. Identificación de madeiras duras e brandas. Parque de Zapardiel. Monforte de Lemos

06.02.2024

 

Esta actividade xorde como posta en práctica dos coñecementos adquiridos polos alumnos de 1º ESO A, dentro do bloque de contidos Os materiais de uso técnico da materia Tecnoloxía e Dixitalización I, no relativo aos tipos de madeira existentes na industria.

O aproveitamento da madeira como recurso natural conta cunha longa e ancestral tradición no noso país, polo que cómpre que o alumnado coñeza todas as posibilidades de uso que o dito material ofrece.

Alén diso, a escasos metros do noso centro, a vila de Monforte dispón dun espléndido parque con unha ampla variedade de especies arbóreas que son obxecto de estudo e análise neste nivel educativo.

Tendo en conta os aspectos mencionados anteriormente, os alumnos divididos en grupos de catro compoñentes e provistos dunha ficha botánica, recolleron datos a pé de campo como se fosen auténticos botánicos. A xeometría das follas, a forma da copa, o tipo de codia, os froitos existentes mais outros datos fornecidos polo profesor foron as claves para poder identificar árbores e poder determinar finalmente o tipo de madeira ao cal pertencen.

Castiñeiros, cedros, álamos, plataneiros e cipreses entre outros foron algunhas das especies que se conseguiron identificar sobre o terreo. Foi unha entretida e didáctica última hora de clase ao relento baixo un tímido sol de inverno nun emblemático espazo natural de Monforte, onde os alumnos quedaron con vontade de seguir pescudando datos por máis tempo.

O alumnado estivo acompañado do seu profesor Javier Barros.

Álbum: Escolares -> 2024_02_06_2ª AVA_1º ESO_A_Visita ao Parque de Zapardiel_Monforte de Lemosr

2º ESO. San Vicente. Monforte de Lemos. A néboa como fenómeno meteorolóxico característico de Monforte de Lemos

02.02.2024

 

No seo do proxecto Meteoescolas, no cal participa o noso centro durante este curso 2023/2024, realizouse o pasado venres 2 de febreiro unha actividade divulgativa sobre o fenómeno atmosférico que ocorre con máis frecuencia en Monforte de Lemos e ademais constitúe unha estampa típica da vila, principalmente no inverno: a néboa. O alumnado participante foi o grupo de 2º ESO - B acompañado do seu profesor Javier Barros.

A finalidade da devandita actividade foi aproveitar a proximidade do IES á máxima elevación do casco urbano da localidade, ou sexa o monte de San Vicente que se levanta a 360 metros sobre o nivel do mar, para gravar un vídeo onde os alumnos son os protagonistas e explican os fundamentos científicos que posibilitan a existencia de semellante espectáculo natural.

Desde o alto de San Vicente temos unha visión panorámica sen igual de todo o val de Lemos, que nesa mesma mañá estivo cuberto por abundantes e persistentes ata cerca da unha da tarde. En consecuencia, esas condicións meteorolóxicas facilitaron o desenvolvemento do plan de traballo previsto.

Lois e África levaron a voz cantante no tocante á explicación dos fenómenos físicos que producen o tal fenómeno natural, como por exemplo a inversión térmica, a ausencia de refachos de vento xunto con as condicións orográficas da zona.

O resto de compañeiros contribuíron para completar o traballo con labores menos visíbeis mais importantes de cara ao resultado final. Verónica, Estefanía Fernández, Emeli e Sabela alternáronse á hora de rexistrar o documento audiovisual e o resto deron ideas ou ben participaron a modo de figurantes en diversas secuencias.

A continuación unha serie de imaxes que testemuñan o descrito nestas liñas. Unha mañá fría e húmida, mais satisfactoria desde o punto de vista do deber cumprido aprendendo conceptos cotiás de maneira diferente.


Álbum: Escolares -> 2024_02_02_2ª AVA_2º ESO_B_Visita a San Vicente en Monforte de Lemos_Proxecta MeteoEscolas

1º Bacharelato. Concerto pola paz

05.02.2024

 

O 5 de febreiro o alumnado de 1º Bacharelato acudiu á biblioteca do IES Río Cabe para participar nun Concerto pola Paz en conmemoración do Día da Paz o pasado 30 de xaneiro. O concerto estivoa cargo dos nosos docentes Xurxo Rodríguez e Nerea Iglesias, así como da alumna Ximena. 

O alumno de 1º Bacharelato, Demetrio, leu un manifesto pola paz.

Dende o IES Río Cabe pedimos PAZ no mundo.

Álbum: Escolares -> 2024_02_05_2ª AVA_1º BACH_Concerto pola paz. Día da Paz
Distribuir contido