Aberta a inscrición para as probas de acceso ás ensinanzas técnico deportivas


Onte xoves 21 de abril publicouse no DOG  a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.

Ten acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza, ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou a parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou a de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 29 de xuño de 2022.

No IES Río Cabe o próximo curso está previsto impartir o Nivel 1 das ensinanzas de Técnico deportivo en fútbol, polo que calquera alumno/a interesado/a pode obter máis información na Secretaría do centro ou chamando ao teléfono 982828034.

Para máis información preme aquí.

 

 

Andorra, primeiro día na neve

Hoxe foi un precioso día de esquí para todos os participantes, tanto para debutantes como para os máis experimentados. Todos os rapaces e rapazas esquiaron cun día soleado e sen incidencias suliñables; rematarán a xornada cunha visita libre á cidade de Andorra la Vella, e xa pola noite tocará recuperar forzas para o segundo día de esquí. 

 

 

 

 

 

Se queredes ver máis fotos, visitade a galería 

Convocados premios extraordinarios FP de grao superior curso 20/21

Convócanse os premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 20/21. Xuntamos  a Orde do 8 de marzo que se publicou no DOG o  pasado luns día 21.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado dende o día seguinte ao da publicación no DOG.

Para máis información https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36528

 

 

Máis vídeos de Entroido

  

 

 

 

 

 

 

 

Nova xornada de portas abertas

O próximo venres,18 de marzo, apartir das 19:00h,  o IES Río Cabe permanecerá aberto para as familias que desexen coñecer as instalacións. Os interesados que non poidan asistir ese día poden concertar unha cita chamando ó centro ou enviando un correo electrónico. As visitas poden ser individuais ou  en grupos reducidos. Ante calquera dúbida, quedamos á súa disposición.

 

 

Convócanse as bolsas de carácter xeral para o curso 22/23

Próximamente  abrirase  a convocatoria das bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022/2023 destinadas a  estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Beneficiarios:
Estudantes que non superen unha determinada renta e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e se atopen cursando (no 2022-2023) algunhas das seguintes ensinanzas:
   1. Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias, entre as que se atopan:

  • Bacharelato.
  • Formación Profesional de grao medio e grao superior (incluídos estudos de formación profesional nos centros docentes militares).
  • Ensinanzas deportivas.
  • Ciclos Formativos de Grao Básico.
  • Outras (ver convocatoria).

   2. Ensinanzas universitarias do sistema universitario español.

Solicitudes:
Mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica: https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es

Prazo:
Dende o 30 de marzo de 2022 ata o 12 de maio de 2022 (ambos inclusive).

Podes acceder a toda a información premendo no seguinte enlace.

8M -Día da Muller

O pasado venres, e dentro do programa de actividades de conmemoración do 8M,  os dous grupos de 3°ESO participaron no obradoiro "Para que non doa" a cargo da psicóloga Paula Sánchez, onde abordaron as relacións emocionais dende unha perspectiva non sexista e a dependencia emocional. Os alumnos e alumnas debatiron entre eles/as co obxectivo de desmontar mitos e estereotipos arredor do namoramento e o amor, diferenciar entre relacións igualitarias, violentas e de dependencia e reflexionar sobre os modelos de parella impostos pola sociedade patriarcal.

Podedes ver máis fotos na galería

Aclaración importante sobre doazóns

Ante as noticias aparecidas nas últimas horas nalgunha rede social, a dirección do IES Río Cabe informa de que no instituto NON se reciben doazóns para Ucraína. Desexamos ademais manifestar a nosa solidariedade coa población ucraína que está sufrindo a guerra.

 

Festival de Entroido

Este venres 25 de febreiro celebramos no Río Cabe un divertido e esperado entroido que fixo bailar e desfrutar  a pequenos e maiores. 

A temática elixida para desfrazarnos todos foi o mundo hippy, e Flor, encargada da biblioteca e Anxo, xefe do departamento de debuxo, ocupáronse  da decoración e ambientación.  

Cada grupo preparou unha coreografía que bailou no xardín do centro nas horas de despois do recreo. Tamén os profesores e profesoras se animaron con outro baile. A todos eles, alumnos e profes,  moitas grazas e felicitacións!!

Rematamos cun postre tradicional (orellas) e co prato forte do instituto: a actuación do grupo “Os caralludos do Río Cabe”, con Xurxo á cabeza,  as alumnas Ariadna e Ximena e ex-alumnos Antón e Adrián, a quenes, una vez máis, agradecemos de corazón a súa participación e magnífica actuación. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Se queres ver máis, visita a nosa galería de fotos.

 

 

Simulacro ABAU

Na próxima semana, os días 3 e 4 de marzo, por terceiro ano consecutivo, realizaremos un simulacro de ABAU dacordo ao seguinte horario.

Dende o centro animamos ao alumnado de 2º Bacharelato diúrno e nocturno a participar.

                                                 

 

Distribuir contido