Relación de alumnado admitido Programa Cuale Inglés curso 22/23

 Nos seguintes arquivos atoparedes a relación de alumnado admitido no Programa Cuale Inglés para o curso 22/23.

Christ Church College, festa de "graduación " e volta a casa

  O último día , mércores, no college, o alumnado celebrou a súa graduación, recibindo o diploma de asistencia e aproveitamento das clases. Tocou tamén despedirse de profesores e familias e voltar a casa, non sen un pouco de "morriña".

 

  

 

 

 

 

Nun martes un pouco máis fresquiño, os nosos alumnos visitaron, logo das clases matutinas e o xantar ó aire libre, o Christ Church College, un dos colleges máis grandes que constitúen a Universidade de Oxford, e que é ademais a iglesia catedral da diócese da cidade.

 

 

 

Punting on the river

O luns pola mañá amaneceu un pouco nubrado, o que non impediu que, despois das clases da mañá e do xantar, os alumnos do Cabe foran facer “punting”, é dicir, foran remar ó río Cherwell, onde máis de un rematou mollado, e non pola choiva. Coma sempre, a cea foi coaș familias.

 

 

 

 

 

 

 

Ashmolean Museum and Treasure Hunt

Na mañá do domingo, alumnos e profes visitaron o Ashmolean Museum of Art and Archeology, e pola tarde  divertíronse resolvendo unha interesante “Treasure Hunt”.

 

 

 

 

 

Sábado en Londres

No segundo día de estancia no Reino Unido os alumnos  e profesoras visitaron Londres, onde ademais de visitar os momumentos máis representativos, se toparon coas mostras de condolencia dos británicos polo falecemento da súa raíña.

 

 

 

 

 

 

 

Presentación das ensinanzas técnico deportivas de Fútbol

O próximo mércores día 14 de setembro ás 20:00h na aula 200 terá lugar a presentación das ensinanzas técnico deportivas da modalidade de fútbol Nivel 1.

As clases comezarán o xoves 15 no horario establecido.

Listaxe de alumnado inscrito no Programa Cuale Inglés Niveis A1 e B1

Nos seguintes arquivos accederedes a listaxe de alumnado inscrito no Programa Cuale Inglés para o curso 22/23  a 9/9/22.  O prazo de matrícula remata o 15 de setembro.

Primeiro día en Oxford

Despois dunha curta noite coas respectivas familias, o alumnado chegou ó College onde tiveron  as primeiras clases. O lunch foi ó aire libre e despois fixeron un orientation tour pola cidade e un Instagram challenge. A cea, de novo coas familias.

 

 

 

 

 

 

 

 

Horarios Ensino para adultos

 

A continuación podedes descargar os horarios das distintas ensinanzas para adultos curso 22/23. As clases comezarán a partir do luns 12 de setembro nos horarios establecidos.

  • ·       Educación secundaria para persoas adultas:

-          Nivel 1-2.

-          Nivel 3-4.

  •      Técnico deportivo na modalidade de fútbol:

-          Nivel I

  •       Bacharelato semipresencial:

-          Calendario repasos.

-          1º BAC. Organización repasos 1º Bac.

-          2º BAC. Organización repasos 2º Bac.

  • ·       C.S. Guía, información e asistencia turísticas.

                      - Horario

  • ·        Ensinanzas non regradas

-          Galego estranxeiros.

-          Castelá estranxeiros.

Comezo da actividade lectiva no Programa CUALE

As clases de CUALE comezarán o mércores día 14 de setembro, na aula 056 da pranta baixa, co seguinte horario:

CUALE B1:

Mércores e  venres de 16:00 a 17:15h

 

CUALE A1:

Mércores e venres de 17:15 a 18:30h

 

Informamos que todo o alumnado que solicitou matrícula está admitido.

 

Distribuir contido