Aberto prazo de matrícula para as ensinanzas para adultos

No mes de setembro nas ensinanzas para persoas adultas están abertos os seguintes prazos extraordinarios de matrícula:

  • Castelán para estranxeiros: aberto todo o ano.
  • Galego para persoas de fóra de Galicia: aberto todo o ano.
  • CUALE Inglés A1 e B1: ata o 15 de setembro.
  • Ensino secundario para adultos: dende o 1 ata o 8 de setembro.
  • Bacharelato semipresencial: dende o 1 ata o 20 de setembro.
  • Ciclo Superior de Guía, información e asistencia turísticas: Ábrese de novo o prazo de matrícula desde o venres 2 de setembro ata as 13:00 horas do venres 23 de setembro de 2022.

 

Cualificacións definitivas das probas específicas de acceso ás ensinanzas técnico deportivas

No seguinte enlace accederedes aos resultados definitivos  das probas específicas que dan acceso ás ensinanzas técnico deportivos así como á lista e de persoas admitidas.

Resultados definitivos

A matrícula no centro estará aberta do 26 ao 29 de xullo.

Aberta matrícula do Ciclo Superior de Guía, información e asistencia turísticas.

Ábrese o prazo de matrícula no Ciclo Superior Guía, información e asistencia turísticas.

Para efectuala, a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes. As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no IES Río Cabe.

Aprendendo con cabalos

 

Xa rematando o período de clases, o venres 10 de xuño, o alumnado de 1º de ESO realizou unha excursión que hai semanas viña demandando: unha actividade con cabalos na Finca El Carmen, en Fiolleda. Alí disfrutaron, por turnos,  de distintos xogos de mesa e paseos a cabalo, da man de monitores que lles ensinaron uns coñecementos básicos á hora de montar. Unha xornada distinta que lles encantou e que esperamos repetir.

 

 

 

Cualificacións provisionais da proba específica de fútbol para o acceso ás ensinanzas técnico deportivas

No enlace seguinte aparecen as cualificacións provisionais da proba específica de acceso ás ensinanzas técnico deportivas na modalidade de fútbol celebradas na pasada semana en Culleredo.

Cualificacións provisionais Culleredo

Cualificacións provisionais Pontevedra

Poderanse presentar reclamacións contra as cualificacións provisionais os días 21 e 22 de xullo de 2022

Cualificacións definitivas da proba substitutiva da titulación da ESO ensinanzas deportivas curso 22/23

As cualificacións definitivas da proba substitutiva da titulación da ESO que dan acceso ás ensinanzas técnico deportivas podedes atopalas no seguinte enlace:

Cualificacións definitivas proba titulación ESO

Recordamos que mañá xoves día 14  ás 10:00h celebraránse as probas específicas no IES Universidade Laboral en Culleredo e o venres día 15 ás 11:00h no IES Sánchez Cantón de Pontevedra.

 As probas específicas constarán de dúas partes:

-Primeira parte: Avaliación  da condición física.

- Segunda parte: Avaliación das habilidades de fútbol.

Listaxes provisionais de solicitantes a ciclos formativos de grao superior

Sen fas click no enlace seguinte atoparás a listaxe provisional de solicitantes a ciclos formativos de grao superior. O periodo de reclamación á listaxe provisional vai dende o día 8 de xullo ata o 12 de xullo ás 13:00h.

Listaxe provisional solicitantes ciclo superior

Cualificacións provisionais da proba substitutiva da titulación da ESO ensinanzas deportivas curso 22/23

Premendo no seguinte enlace accederedes á listaxe provisional das cualificacións da proba substitutiva da titulación da ESO para o acceso ás ensinanzas técnico deportivas. Poderanse presentar reclamacións contra as cualificacións provisionais os días 11 e 12 de xullo de 2022.

Listaxe provisional proba substitutiva ESO

Relación definitiva de persoas inscritas na proba substitutiva e nas probas específicas que dan acceso ás ensinanzas técnico deportivas curso 22/23

Se premedes no seguinte enlace podedes acceder á listaxe definitiva de persoas inscritas na proba substitutiva da titulación da ESO e nas probas específicas que dan acceso ás ensinanzas técnico deportivas para o curso 22/23.

Listaxe definitiva persoas inscritas

Distribuir contido