Eleccións Consello Escolar

Comunícase a todas as persoas interesadas que o xoves 27 de outubro de 2022, ás 11:25 horas, procederase a realizar o sorteo público na Secretaría do IES Río Cabe para elixir os membros da Xunta Electoral responsable da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar.

Entre o 4 e o 11 de novembro estará aberto o prazo de presentación de candidaturas para formar parte do Consello Escolar nas seccións de profesorado, persoal non docente e alumnado. Ditas candidaturas deberán presentarse na secretaría do centro, antes das 14:00 horas do 11 de novembro.

Atoparán mais información nos documentos seguintes:

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88)

Calendario

Composición do Consello Escolar

Candidatura profesorado

Candidatura persoal non docente

Candidatura alumnado

Autorización menores de 14 anos

Xantar de confraternización de 1º Bac

 Un ano máis, e seguindo coa tradición, alumnas e alumnos de 1º Bac quixeron reunirse para confraternizar e  celebrar o comezo dun novo curso e ciclo que,

ben seguro, os levará a bo porto. Foi o pasado venres, 14 de outubro, nun restaurante da cidade e estiveron acompañados de varios dos seus profesores.

 


 

 

"O violín no arte"- Concerto da Sociedad Filarmónica de Monforte

A Sociedade Filarmónica de Monforte comeza a súa tempada de concertos didácticos cun concerto dedicado ao violín combinado coa arte, facendo un percorrido dende o Barroco ata a actualidade. Vinte e dous alumnos de 4º da Eso desfrutaron este venres 14 de outubro dun gran violinista, Florian Vlashi, quen, acompañado do seu fillo ao violonchelo, interpretou exemplos famosos da historia da música. Ademais dunha interpretación maxistral, Florian Vlashi explicou a suprema importancia do violín nos diferentes períodos musicais e a súa presenza en importantes obras de arte de Caravaggio, Rafael, Matisse e Picasso. Durante o concerto tocou con tres violíns, barroco, clásico e eléctrico, interpretando obras de Bach a Xenakis. Unha experiencia enriquecedora e inesquecible para todos os que puidemos gozar dese concerto.

 

Listaxe definitiva de cualificacións das probas extraordinarias que dan acceso ao Nivel 1 modalidade fútbol

A lista coas cualificacións definitivas da proba que da acceso ao Nivel I das ensinanzas técnico deportivas poderedes atopala no seguinte enlace.

O alumnado que superou dita proba deberá pasar por Secretaría para formalizar a súa matrícula.

Listaxe provisional das cualificacións da proba extraordinaria de fútbol

Premendo no seguinte enlace accederedes aos resultados provisionais da proba extraordinaria de fútbol:

Resultados provisionais

  • As reclamacións á listaxe provisional de cualificacións realizaranse ata o día 11 de outubro.
  • A listaxe definitiva das cualificacións das persoas aspirantes publicarase o día 13 de outubro

 

Carreira solidaria contra o cancro

O pasado domingo, 2 de outubro, tivo lugar en Monforte “A carreira contra o cancro”, que organizou a Asociación española contra o cancro en Lugo e  coa que colaboraron o Concello de Monforte e a Xunta de Galicia. 

 

Os gañadores da proba fixeron honor ó espíritu da carreira e entraron xuntos na meta, collidos da man, nun precioso xesto de solidariedade e deportividade.

 

Noraboa ós dous, Íker Fernández Codesido (alumno do IES Río Cabe) e Gabriel Losada Torres (Alumno do IES A Pinguela) pola vosa dobre victoria. 

 

 

Horario de atención a alumnado e pais dos/as titores/as das ensinanzas de adultos curso 22-23

A continuación tedes os horarios de atención a alumnado e pais dos titores  das ensinanzas para adultos. Concertarase cita previamente co/a titor/a.

CURSO

TITOR/A

HORARIO ATENCIÓN PAIS E ALUMNADO

EDUCACIÓN SECUNDARIA ADULTOS

Roberto Pérez Rodríguez

Mércores 10:25-11:15

1º BAC SEMIPRESENCIAL

Fe Tellado Castro

Venres 9:35-10:25

2º BAC SEMIPRESENCIAL

Fina Vázquez Fernández

Mércores 10:25-11:15

CS GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICAS

Soledad González López

Martes 19:30-20:20

NIVEL 1 TD FÚTBOL

Rafael Castro López

Venres 11:45-12:35

Xornada deportiva no Club Fluvial

Dentro do programa de actividades de recibimento ó alumnado, o pasado venres 16 de setembro , os alumnos e alumnas de 1º de ESO do Río Cabe e o xoves 22, os de 2º ESO, tiveron ocasión de disfrutar dunha xornada  de deporte e xogos no club fluvial de Monforte, grazas a unha invitación  da Sociedade do Club. 

Desde as 10:00h ata as 14h, os nenos divertíronse practicando deportes de equipo como o fútbol, voleibol, pádel ou baloncesto e remataron na piscina, onde todo tempo se fixo pouco.

 

 

  

 

 

 

 

 

 

Horario apertura da sala estudo polas tardes

  A aula 055  permanecerá dispoñible (en cor verde) polas tardes para todo  o alumnado do centro seguindo o horario:

O uso de dita aula rexirase polas seguintes normas.

 

 

 

Distribuir contido