Visita de 2º Bac a Santiago

O alumnado de 2º BAC do Río Cabe visitou hoxe, acompañado de tres das súas profesoras, Fina, Ángeles e Ana, a capital de Galicia. O obxectivo era dobre: por una parte, coñecer o Parlamento e a Catedral en profundidade, e por outra, descansar da rutina diaria das clases, despois dunha primeira avaliación intensa.

 

A primeira escala foi no parque da Alameda, onde viron as estatuas das Dúas Marías e a do escritor galego Valle Inclán, así como as espectaculares panorámicas da cidade.

 

 

Despois visitaron o Parlamento, onde tras escoitar a explicación sobre o seu funcionamento, tiveron  a ocasión de asiostir a parte dunha sesión plenaria. Á saída, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,  tivo a amabilidade de  posar cos alumnos para unha foto.

 

A terceira escala foi a catedral; entraron pola Porta Santa, viron o interior e visitaron a Capela de A Corticela, adicada a peregrinos e estranxeiros, e onde os alumnos escribiron un desexo nun papel;   por último, subiron ós tellados da catedral, onde se poden distinguir as distintas etapas de construción do templo e gozar das inmellorables perspectivas das prazas monumentais.

 

 

 

 

Despois dunha parada para comer, foron visitar o Pórtico da Gloria. Tanto ali, como nas fachadas da igrexa, os alumnos de arte fixeron de guía dos seus compañeiros e reafirmaron o aprendido nas súas clases teóricas.

 

 

Un día completo ó que acompañou un tempo moi bo, ideal para a visita á histórica cidade.

 

Charla "Rutas de inicio ó xogo online"

Mañá martes, 29 de novembro, ás 20:00h, Luísa Astray, educadora social no Concello de Monforte,  impartirá a charla “Rutas de inicio ó xogo online”, destinada ás familias  do alumnado do centro. Dende o equipo directivo do Río Cabe, insistimos na importancia da súa  presencia .

11 de novembro - San Martiño

Como ven sendo tradición, no Cabe quixemos celebrar o San Martiño reunindo a toda a comunidade escolar. Fixémolo o luns 14,en lugar do propio día, venres 11,  xa que a xuntanza adaptábase mellor  a esa xornada,  por razón  de horarios.

 

Nos recreos  da mañá e da tarde, o  alumnado, profesorado e personal non docente disfrutamos dos tradicionais bolos preñados, bica e chocolate quente, mentras escoitabamos a un grupo de alumnos de 1º Bac, que acompañados do  novo profesor de música, Martín, nos amenizaron a pausa. 

 

Parabéns a todos eles pola súa actuación ; grazas a todos os que se uniron á celebración e sobre todo, grazas ó personal da cafetería pola colaboración e axuda prestada. 

 

 

 

 

Candidatos/as provisionais ao Consello Escolar

No taboleiro da secretaría do centro está publicada a listaxe de candidatos/as provisionais ao Consello Escolar. Entre o 16 e o 17 de novembro poderase interpoñer reclamación a dita proclamación.

V Andaina polo camiño de inverno

Onte xoves, 10 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de ESO, xunto con cinco das súas profesoras, participou na V Andaina  polo Camiño de Inverno, que organizou a ASOCIACIÓN CAMIÑOS A SANTIAGO POLA RIBEIRA SACRA. Xunto con rapaces de todos os colexios e institutos de Monforte, disfrutaron dunha xornada diferente cunha camiñata de nove km ,no seu caso; saíron de Cereixa, déronlles un refrixerio a medio camiño,  e remataron no Parque dos Condes, onde tamén interviron no programa de radio que conduce Manola Porto.

Dende o Cabe queremos felicitar ós organizadores da actividade pola súa boa xestión; sen dúbida participaremos en futuras convocatorias.

Xubilación de compañeiros

O pasado venres, 4 de novembro, celebramos a despedida por xubilación dos nosos compañeiros Ana Silva,

profesora do departamento de Lingua Galega, Manuel Castro , do departamento de Matemáticas, e Carlos

Rodríguez, do departamento de Xeografía e Historia. A ocasión reuniu a máis de sesenta compañeiros e ex-

compañeiros, que quixeron compartir con eles un momento de ledicia e emoción a partes iguais.

 

 

Coñecendo ao sétimo Conde de Lemos

 O pasado xoves, arroupados pola escuridade,  o alumnado de adultos encamiñouse hacia o Castelo de San Vicente para desfrutar  dunha cita moi especial. Alí estábanos esperando  Don  Pedro Fernández de Castro, Andrade y Portugal , VII conde de Lemos, IV marqués de Sarria, VI conde de Villalba, V conde de Andrade e Grande de España.

Logo de facer as presentacións o ilustre monfortino contounos un poco da súa vida e da súa man visitamos algunhas estancias da que foi a súa residencia o  Palacio Condal.

 Para rematar acompañounos polo maxestuoso claustro do Mosteiro de San Vicente do Pino  actualmente Parador de Monforte recordando numerosas anécdotas da súa intensa vida.

 

 

 

Agrademos á nosa profesora  de Historia, Fina Vázquez, a idea e organización da visita e ao VII Conde de Lemos,  Alfonso Rodríguez, a súa espléndida teatralización. Voltaremos!

Se queres ver máis fotos visita a nosa Galería.

 

 

Conxurando en Samaín

Hoxe venres, 28 de outubro, celebramos no Cabe  a festa do Samaín, con nenos e profesores  disfrazados de vivos e non tan vivos; Flor e Xurxo ambientaron a biblioteca, organizaron un concurso de narracións e unha exposición de debuxos, (cos que decoraron o centro) así como o visionado de  cortos de terror , que incluía un realizado polos nosos alumnos,  e cos que disfrutamos nun fantasmagórico ambiente. Un grupo de profesoras tivo a idea de sacar os “medos afora” por medio de tarxetas nas que escribimos sobre as cousas que nos asustan.

 

Grazas a todos, alumnos e profesores pola vosa “terrorífica”  colaboración.

 

 

Fondo pesar

 A comunidade educativa do IES Río Cabe lamenta profundamente o suceso acaecido nas últimas horas no IES  Julio Prieto Nespereira de Ourense e solidarízarse coa dor da familia e de toda a comunidade educativa. 

Alumnado de Turismo en Termatalia- Ourense

O CS de Guías, información e asistencia turísticas comezamos os contactos co sector turístico, neste curso 2022-2023, viaxando a Ourense para asistir a 20ª Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar.

Na visita á Feira coñecimos os destinos termais nacionais e internacionais alí presentes, ademais dunha ampla oferta de balnearios, talasos e centros de spa de todo o mundo.

A actividade incluíu a asistencia a unha Mesa redonda sobre a xestión da Auga: Perspectiva Turística e de Xestión.

Voltamos ás aulas con moito relax despois de practicar ioga e de relaxarnos co sonido e as vibracións do gong.

Tamén catamos augas! E podemos contar que nin son inodoras nin insaboras!

 

Distribuir contido