CLUB DE LECTURA 1º ESO Alma de violino. Luísa Villalta

 

O día 6 de xuño de 2024 durante o recreo e aproveitando o bo tempo, o alumnado do club de lectura de 1º ESO compartiu a lectura da obra Alma de violino da autora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano, Luísa Villalta, onde Eli Ríos, Beatriz Maceda e Laura Suárez nos dan a coñecer a autora dun xeito ameno e sinxelo.

Foi unha posta en común enriquecedora e diferente na que se tiveron a ocasión de coñecer un pouco máis a esta escritora.

Álbum: Escolares -> 2024_5_6_3ª_AVA_Clube_Lectura_1º_ESO

PLAN PROXECTA Cóntame un conto

08/06/2024 10:53
Europe/Madrid

 

PLAN PROXECTA Cóntame un conto

 

 

Estes son os vídeos definitivos que enviamos ao Plan Proxecta Cóntame un conto do alumnado de 1º e 2º ESO. Agardamos que vos gusten.

 

O vindeiro luns, día 17 de xuño de 2024, iremos a Compostela para participar da gala final do programa.

 

 

Na canle de youtube do ies rio cabe podes atopar todos os vídeos.   https://www.youtube.com/channel/UC3qPMGzuYgPskkeOnEGAkSg

 

 

Calendario de exames convocatoria extraordinaria 1º bacharelato semipresencial curso 23/24

 

Os exames finais de 1º de Bacharelato SEMIPRESENCIAL da convocatoria extraordinaria celebraránse os días 17, 18, 19 e 20 de xuño. Dacordo co seguinte calendario:

 Entrega de notas: o día 24 de xuño a partir das 11:00h

 

Aclaracións ás cualificacións: o mesmo día de 11:00h a 13:30h

  

Reclamacións: opresentadas regulamentariamente na secretaría do centro dirixidas ao Sr. Director os días 26 e 27 de xuño mesmo día de 10:00h a 13:00h

 

Saída da ESA

O alumnado da ESA, acompañado da profesora do Ámbito Social, Ana Delgado, e da profesora do Ámbito de Comunicación, Noelia Besteiro, ralizaron unha saída para coñecer o Monforte máis monumental. Fixeron unha visita guiada á Torre da Homenaxe e tamén ao conxunto de San Vicente do Pino. Logo, pasearon polo Barrio Xudeo, Praza de España, Rúa Cardeal e finalmente visitaron a igrexa dos Escolapios. Aproveitaron para poñer en marcha os coñecementos adquiridos na materia de Historia sobre castelos e fortalezas, e ademais practicaron a expresión oral en lingua galega, facendo pequenas exposicións sobre os lugares que visitaron.

Sen dúbida, esta saída tan proveitosa foi unha fermosa maneira de pechar este curso 23/24.

 

 

 

Piraguismo polo Río Cabe co club Quixós. 1º ESO.

 

 

O alumnado de 1 da ESO, acompañados polos profesores Alberto Rodríguez e Daniel Corderí, desfrutou está mañá (4-6-24 dende as 11.30h ata as 14.15h)) da actividade de piragüismo e dragon boat, en colaboración do club Quixós.

Ambas actividades foron practicadas polo alumnado nunha mañá de sol, traballando en equipo e cooperando para solventar os contratempos que foron xurdindo xunto co profesorado e os profesionais do club Quixós.

Álbum: Escolares -> 2024_6_4_3ª_AVA_Piraguismo_1º_ESO

Saída a Castrelo do Miño. 3·º ESO.

03/06/2024 18:54
Europe/Madrid

O luns 3 de xuño un grupo de 3° da ESO, acompañados polos profesores Francisco Pena e Sara Porrit, desprazouse ata o Parque Náutico de Galicia en Castrelo de Miño para realizar varias actividades de auga no encoro.

 

 

Concretamente tiveron a oportunidade de remar todos xuntos nun "dragón", facer unha ruta en pedaleta e practicar paddle surf.

 

 

Ademais foron testemuño dos adestramentos de varios deportistas de elite pertencentes á selección española.


Toda unha experiencia!

 

Calendario exames avaliación final C.S. Guía, Información e Asistencia Turísticas

A continuación detállanse as datas e horas dos exames da convocatoria final do  Ciclos Superior Guía, Información e Asistencia Turísticas que se celebrarán os días 18 , 19 , 20 e 21 de xuño.

 

 

Entrega de notas: día 25 de xuño a partir das 12:30h

 

Aclaracións ás cualificacións: día 25 de xuño de 12:30h a 14:30h

 

Reclamacións: presentadas na secretaría do centro e dirixidas ao Sr. Director os días 26 e 27 de xuño.

 

GRADUACIÓN 4º ESO CURSO 2023_24

O venres 24 de maio de 2024, ás 20h empezou o acto de Graduación de 4º da ESO da promoción do 2020-24 do IES río Cabe. Foi un bonito e emotivo acto no que compartiron o xardín do noso centro as familias, co alumnado, persoal non docente e profesorado que nalgún intre compartiron aulas.

 

 

                                                                        ESTAMOS EN CONSTRUCCIÓN...PROXIMAMENTE MÁIS...!!!

 

 

video discurso Director

 

 

Vídeo Actuación musical 8

 

 

Vídeo discurso alumnado

 

 

 

 

 

Vídeo Actuación musical 11

 

Vídeo Actuación musical 9

 

 

Vídeo Actuación musical 10

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_5_31_3ª_AVA_Graduacion_4º_ESO

Saída hipocaustos. Plan Proxecta

 

O pasado xoves 23 de maio os alumnos/as de 3º ESO, acompañados polas profesoras Fina Vázquez e Cristina Ouro, realizaron nunha nova actividade relacionada co Plan Proxecta no que están a traballar: unha excursión pola Ribeira Sacra. A primeira parada foi no encoro de Belesar, donde a nosa guia, Mar, explicounos datos do máis interesantes deste encoro (cando e como foi construído, a importancia que ten, etc.) e por que a Ribeira Sacra é paisaxe cultural.

 


Despois desprazámonos ata Arxeriz para visitar o Ecomuseo, o Pazo e o Castro. No Ecomuseo fomos recibidos por Sonia que nos explicou como era a vida nesa zona, tan ligada ao río Miño, no século pasado: o papel tan importante que tiñan as barcas do río, os tipos de barcas, os apeiros usados na pesca, as pontes que había sobre o Miño, os pobos que quedaron mergullados pola construción dos encoros do Miño e do Sil, como era o traballo nas viñas (como se facía a poda ou se daba o sulfato, como se vendimiaba e trasladaba a uva nos culeiros ou cestos)…. Despois visitamos o Pazo, a súa cociña (con pezas curiosas como o meleiro ou o sacaleites, como facían para fregar, etc ) e, finalmente, desprazámonos ata o Castro, onde coñecemos como eran as vivendas, a muralla e o foso que o arrodeaban, etc. Dende o castro puidemos contemplar unhas impresionantes vistas do meandro que describe o Miño no lugar coñecido como O Cabo do Mundo (ou meandro da Cova, que é como prefiren chamalo os veciños da zona). Para finalizar, visitamos a recreación do que sería unha das vivendas do castro
O obxectivo desta excursión era coñecer un pouquiño máis a Ribeira Sacra… e conseguímolo!!

Álbum: Escolares -> 2024_5_23_3ª_AVA_proxecta_Arxeriz_3º_ESO
Distribuir contido