Curso 2021/22

A Doutora Rosa Burgo no Río Cabe

A doutora Rosa Burgo, endocrina no Hospital Comarcal de Monforte, impartiu  hoxe, luns 24, dúas charlas sobre alimentación, saúde e adolescencia no noso centro.

A primeira foi dirixida a alumnado de 1º de Bacharelato e a segunda a  famílias.

 

A doutora  falou, de xeito moi didáctico e motivador, da importancia de  levar unha dieta variada e equilibrada, da aprendizaxe  de  bos hábitos alimenticios como base dunha vida sana que debe incluir a realización de actividade física habitual e dalgúns dos problemas alimentarios que a pandemia agudizou, ademais de aclarar as dúbidas que o público asistente lle prantexou.

 

Agradecemos a Rosa a súa dobre  colaboración  hoxe con nós, totalmente desinteresada, así como a da  dirección do Hospital de Monforte, que sempre atendeu as nosas peticións dun xeito impecable. 

 

Grazas. Esperamos contar con vós en futuras ocasións.

 

 

 

 

Charla da doctora Rosa Burgo: "Alimentación e Saúde na adolescencia"

 

O próximo luns 24 de xaneiro, ás 20:00h, a doctora Rosa Burgo, endocrina no Hospital Comarcal de Monforte,  impartirá unha charla no salón de actos do Río Cabe. 

"Alimentación e saúde na adolescencia" tratará sobre un tema que nos preocupa como docentes e como pais e nais, e máis aínda  nun momento complicado como é unha pandemia , no que se acentúan os  problemas relacionados cunha boa alimentación.

Convidamos ás familias a que asistan á charla e pregamos que   previamente  comuniquen a súa asistencia, por razóns de aforo.

 

 

Gañadores torneo de Nadal

Os cursos gañadores do torneo deportivo  de Nadal, que incluía  baloncesto, sogatira e brilé foron os seguintes:

     1º clasificado: 2º ESO A

     2º clasificado: 3º ESO A 

     3º clasificado: 1º BAC A

Os gañadores do torneo de bádminton foron Ximena e Íker.

Dende o Río Cabe felicitamos ós gañadores polo éxito e a todos os participantes polo seu compañeirismo e magnífico espíritu deportivo.

       Noraboa!!!

 

 

Entrega de premio do sorteo Pro-excursión

O pasado venres,14 de xaneiro, fixemos entrega no Cabe da cesta de productos gastronómicos que sortearon os alumnos e alumnas de 4º ESO coa finalidade de  recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.

 O agraciado foi o noso antigo compañeiro e amigo,  Jorge R. , a quen vemos na foto.

  

Parabéns, Jorge!!

 

 Agradecemos á ANPA de centro a súa colaboración na actividade.

 

 

Deporte no fin do trimestre

Un intenso primeiro trimestre rematou o pasado 21 de decembro con diversas actividades deportivas no Río Cabe. 

O Departamento de Educación Física organizou campionatos de fútbol sala, baloncesto e sogatira , así como a final do campeonato de bádminton que se veu celebrando durante o trimestre. Neste último, os campións resultaron ser Ximena e Íker, de 3º de Eso.

 Parabéns a ambos!!!! 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nas outras modalidades, os gañadores daranse a coñecer á volta das vacacións. Moi felices festas !!!

 

Visita á Coruña: Ciclo de Turismo, ESA e Bac

En nocturno rematamos a primeira avalación do curso 2021-2022 cunha excursión á  Coruña.

A saída estivo organizada polo alumnado do CS de Guía, información e asistencia turísticas. Viaxaron con eles os seus compañeiros e compañeiras da ESA e de BAC.

As alumnas, Noelia, Carmen e Ana realizaron prácticas das tarefas propias do guiado de grupos turísticos de maneira moi satisfactoria durante toda a viaxe.

Dedicamos a mañá a percorrer os recursos máis salientables da cidade e a visitar a Oficina de Turismo da Praza de María Pita para coñecer o seu funcionamento de primeira man,  mentres o alumnado da ESA  e BAC visitaban o Aquarium Finisterrae.

A tarde comezaría cunha visita guiada ao cemiterio de San Amaro, declarado Monumento Histórico e incluído na Ruta Europea de Cementerios Singulares, donde descansan numerosas personalidades ilustres como Juana de Vega, Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Wenceslao Fernández Flórez,…

Despois do entretido relato do guía e actor Suso Martínez por San Amaro, desprazámonos  ao porto de A Coruña para coñecer a magnífica exposición de fotografía “Peter Lindbergh: Untold Stories” unha retrospectiva do autor. É a primeira vez que chega a España unha exposición de Peter Lindbergh.

Rematamos a xornada paseando pola cidade ao tempo que desfrutabamos do alumeado do Nadal.

 

 

 

Obradoiro sobre Enerxías Renovables

Os cursos de   e 4º de ESO asistiron hoxe venres, 17 de decembro,   a unha clase maxistral sobre enerxías renovables  de mans de Manuel, técnico especialista do Parque Eólico de Sotavento.

O alumnado aprendeu sobre placas solares e fotovoltaicas,  aeroxeneradores, sobre como aforrar enerxía no fogar e ,en resumo, sobre novos modelos de desenrolo que axuden a diversificar as fontes de enerxía  á  a vez que impulsen o aforro e o uso enerxético responsable”.

 

Máis premios no Cabe

O venres 10 de decembro tivo lugar en Santiago a entrega de premios da novena edición do certame de ensaio subversivo e de banda deseñada que organiza, a nivel autonómico o IES Xelmírez I, con apoio de Política Lingüística.

A nosa alumna, Claudia Pérez Barrientos, de 1º de Bacharelato, foi a merecedora gañadora dun accésit pola "gran calidade" da súa obra, o cómic  "Flor murcha".

Xunto con outros oito alumnos doutros centros de Galicia, recibiu o premio nun acto no que interviron o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez e Manuel Portas, director do centro convocante.

A comunidade escolar do Río Cabe desexa felicitar a Claudia polo seus éxitos, así como a Bernardino Cerviño, o seu profesor de debuxo, polas súas ensinanzas, e por ser quen a animou a presentarse.

Parabéns ós dous!! Non poderiamos estar máis orgullosos!! 

 

 

Saída 3º ESO Museos científicos da Coruña

O pasado venres, 3 de decembro, o alumnado de 3º da ESO, acompañados de tres das súas profesoras MaríaRocío e  Fina , realizaron unha saída organizada polo Departamento de Ciencias Naturais á Coruña para visitar dous dos tres museos científicos da cidade.

Pola mañá, estiveron no Aquarium Finisterrae, percorrendo durante dúas horas e media as catro salas que integran o mesmo:

Sala Humboldt: que incluía 10 acuarios, cunha selección curiosa e divertida de especies que representaban a variedade de estratexias reproductivas dos animais acuáticos.

Sala Maremagnum: na que ademáis dos grandes acuarios nos que aparecían representados os ecosistemas característicos das nosas costas, puideron disfrutar de decenas de elementos museísticos que propoñían experiencias interactivas.

Sala Isabel Castelo: na que disfrutaron de fotografías da natureza de especial beleza, nas que se mostraba como tratamos e maltratamos esa natureza; lembrándonos a necesidade de protexela

Sala Nautilus: na que lles contaron, entre outras cousas, que nesta sala atópase o maior tanque do acuario (cuns 5 millóns de litros de capacidade), que se enche directamente coa auga do mar, que a súa decoración lembra a do gabinete do capitán Nemo a bordo do Nautilus, que arredor dela nadan as especies máis grandes do acuario como quenllas, corvinas, etc.

Finalmente, percorreron o exterior do mesmo onde atoparon, por un lado, a áncora do petroleiro Mar Exeo, que o 3 de decembro de 1992 encallou fronte á Torre de Hércules provocando unha marea negra (a saída dos nosos alumnos foi o 3 de decembro de 2021, é dicir, 21 anos despois desa grande catástrofe) e por outro, as piscinas onde viven, tres machos e nove femias de Phoca vitulina.

Xa pola tarde, e despois dun bo xantar, foron á DOMUS, primeiro museo interactivo adicado íntegramente ó ser humano. A visita permitiulles descubrir o código da vida nas distintas maquetas do ADN, indagar sobre alimentos transxénicos, medir a velocidade dun tiro de penalti, ou coñecer a verdadeira historia de Isabel Zendal (enfermeira coruñesa), unha das protagonistas da expedición que en 1803 conseguiu levar a vacina da varíola a América e comezar así o proceso de erradicación desta enfermidade no mundo, aínda que o seu nome caeu no caixón do olvido, coma o de tantas outras mulleres da historia.

O día rematou cun pequeno paseo dende a Domus ata o Aquario, onde lles esperaba o autobús para regresar a Monforte.

 

Visita ao Planetario - 1º ESO

O pasado venres, 26 de novembro, o alumnado de 1º de ESO, acompañado das súas profesoras Iria Penoucos,Iria Trebolle, Mili, Laura e Susana, visitaron o IES A Pinguela  para coñecer o Planetario “Matías Vázquez”. Na visita contaron cun guía de excepción, xa que foi o propio Matías, antigo profesor dese centro, o que lles deu as explicacións sobre o que vían. Aprenderon sobre a Teoría do Big Bang e a expansión do Universo, sobre as estrelas e as constelacións; coñeceron Syrius, Casiopea, como localizar a Estrela Polar e orientarse a partir dela, a Osa Maior, etc.

Unha vez máis agradecemos ao director do  IES A Pinguela, Enrique Sampil,o permiso para a realización desta actividade e a Matías a súa xenerosidade e explicacións.

 

 

 

Distribuir contido