Saída 3º ESO Museos científicos da Coruña

O pasado venres, 3 de decembro, o alumnado de 3º da ESO, acompañados de tres das súas profesoras MaríaRocío e  Fina , realizaron unha saída organizada polo Departamento de Ciencias Naturais á Coruña para visitar dous dos tres museos científicos da cidade.

Pola mañá, estiveron no Aquarium Finisterrae, percorrendo durante dúas horas e media as catro salas que integran o mesmo:

Sala Humboldt: que incluía 10 acuarios, cunha selección curiosa e divertida de especies que representaban a variedade de estratexias reproductivas dos animais acuáticos.

Sala Maremagnum: na que ademáis dos grandes acuarios nos que aparecían representados os ecosistemas característicos das nosas costas, puideron disfrutar de decenas de elementos museísticos que propoñían experiencias interactivas.

Sala Isabel Castelo: na que disfrutaron de fotografías da natureza de especial beleza, nas que se mostraba como tratamos e maltratamos esa natureza; lembrándonos a necesidade de protexela

Sala Nautilus: na que lles contaron, entre outras cousas, que nesta sala atópase o maior tanque do acuario (cuns 5 millóns de litros de capacidade), que se enche directamente coa auga do mar, que a súa decoración lembra a do gabinete do capitán Nemo a bordo do Nautilus, que arredor dela nadan as especies máis grandes do acuario como quenllas, corvinas, etc.

Finalmente, percorreron o exterior do mesmo onde atoparon, por un lado, a áncora do petroleiro Mar Exeo, que o 3 de decembro de 1992 encallou fronte á Torre de Hércules provocando unha marea negra (a saída dos nosos alumnos foi o 3 de decembro de 2021, é dicir, 21 anos despois desa grande catástrofe) e por outro, as piscinas onde viven, tres machos e nove femias de Phoca vitulina.

Xa pola tarde, e despois dun bo xantar, foron á DOMUS, primeiro museo interactivo adicado íntegramente ó ser humano. A visita permitiulles descubrir o código da vida nas distintas maquetas do ADN, indagar sobre alimentos transxénicos, medir a velocidade dun tiro de penalti, ou coñecer a verdadeira historia de Isabel Zendal (enfermeira coruñesa), unha das protagonistas da expedición que en 1803 conseguiu levar a vacina da varíola a América e comezar así o proceso de erradicación desta enfermidade no mundo, aínda que o seu nome caeu no caixón do olvido, coma o de tantas outras mulleres da historia.

O día rematou cun pequeno paseo dende a Domus ata o Aquario, onde lles esperaba o autobús para regresar a Monforte.