Curso 2021/22

Alumnado do Río Cabe en viaxe a Francia

O pasado xoves, 12 de maio, alumnado de 4º Eso e 1º de Bac do Río Cabe partiu, acompañado da súa profesora de Francés, Pilar Rodríguez, a Francia, nunha viaxe conxunta co instituto de A Pinguela.

En ruta cara París, a súa primeira parada foi na preciosa capital do río Garona, Burdeos.

  


 Xa en París,na segunda xornada da viaxe, a obrigada visita á Torre Eiffel, o Arco de Triunfo e máis tarde Montmartre.

 

Xornada de despedida en Valencia

Última xornada en Valencia para o noso alumnado do ciclo deportivo en fútbol, na que tamén estivo presente o director do instituto e profesor no ciclo, Carlos Parada.

 Comezaron o día con dúas  charlas de alto nivel.

 A primeira sobre nutrición deportivo, co especialista Jesús Sanchís: "10 claves sobre alimentación para mejorar la formación del jugador".

 A segunda co corpo técnico do Valencia CF feminino encabezado por Andrea Esteban que afondaron sobre diversos aspectos do xogo dende as ABP ate xestión do grupo.

 Pola tarde, poideron interactuar coa adestradora do feminino B , Natalia García, e o seu corpo técnico antes de empaparse da identidade do club con Urko Cherta.

 

 

 

 

Paco Carballés, produtor do audiovisual galego, no Cabe

Hoxe, 25 de marzo, contamos no Río Cabe coa visita de Paco Carballés, produtor e director galego cunha longa traxectoria na televisión de Galicia.

 

Paco, licenciado en Imaxe e Son pola Universidade de Madrid, contounos como comezou no mundo do audiovisual, como traballou de freelance e a súa posterior entrada na TVG, onde fixo numerosos programas, dende informativos, deportivos, de entretenemento.. 

Na actualidade dirixe  o programa Zigzag Diario, onde se nos presentan  as noticias máis salientables da xornada relativas á actualidade cultural galega.

 

Foi un dos creadores e codirector do Xabarín Club, programa infantil e xuvenil de gran éxito que se emitiu por primeira vez no ano 1994, e que se emite na actualidade na TVG2,  que inclúe series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais  e espazos de produción propia. 

 

Tamén nos explicou como funciona unha canle de televisión por dentro, dos medios cos que se conta hoxe en día e das dificultades coas que se atopaban hai anos para que os programas saísen en pantalla, todo acompañado de divertidas anécdotas que fixeron a súa charla do más interesante e didáctica.

Dende o Cabe agradecémosche, Paco, a túa desinteresada colaboración e esperamos contar contigo en futuras ocasións.

 

 

 

 

Alumnado do IES Río Cabe na XII Olimpíada de Economía

Tres alumnos de 2º de Bacharelato: Jaziel Colorado Orihuela, Isaac García Pérez e Dawei Sun, participaron este pasado venres 22 de abril, na ‘XII Olimpíada Galega de Economía’, celebrada este ano na Facultade de Economía e Empresa de A Coruña, na que os mellores estudantes de Economía de toda Galicia -un total de 103- competiron por demostrar os seus coñecementos nesta materia.

O obxectivo da Olimpíada é incentivar e estimular o estudo da Economía entre o alumnado interesado nesta materia, premiar o esforzo e a excelencia académica, así como divulgar os estudos de Economía. Este é un proxecto innovador que naceu coa incorporación das materias de Economía e Economía da Empresa ao bacharelato, seguindo o espíritu das olimpíadas científicas tradicionais, pero a diferenza delas, son as facultades con estudos en Economía e Empresa das 3 universidades públicas galegas as que toman a iniciativa e organizan os exames das diferentes edicións da Olimpíada de Economía en Galicia.

O certame consistiu nunha primeira proba teórica tipo test, e unicamente os 15 mellores pasaron á seguinte proba, consistente nun exercicio práctico e un comentario de texto. Entre ambas probas o alumnado puido desfrutar dunha grande chocolatada e coñecer as instalacións da Facultade de Economía da Universidade de A Coruña.

Aínda que os nosos alumnos non conqueriron ningún dos primeiros postos na Olimpíada, a experiencia foi moi fructífera e non olvidarán este día durante moito tempo.

O Románico na Ribeira Sacra lucense

O alumnado do Ciclo de Turismo remata o mes de marzo con dúas intensas xornadas adicadas o románico da Ribeira Sacra lucense.

Na  primeira saída visítase o que fora un antigo mosteiro feminino da orden benedictina, a igrexa de Santa María de Pesqueiras en Chantada; no Saviñao, Santo Estevo de Ribas de Miño, outrora tamén mosteiro e hoxe un dos templos máis destacados da arte románica da Ribeira Sacra; coroando o meandro do Cabo do Mundo, Santa María de Nogueira, ben coñecida polas impresionantes pinturas murais renacentistas que alberga; e para rematar, San Salvador de Asma, mosteiro dúplice de finais do século X do que hoxe queda a igrexa parroquial coas características dos templos románicos da zona, nave única e artesonado de madeira.  

 

A segunda xornada estivo adicada, na súa maior parte, ó monacato feminino de Pantón, comezando polo mosteiro de San Salvador de Ferreira, único que conserva vida monacal, con igrexa románica, claustro renacentista e outras dependencias barrocas. A continuación visitouse a igrexa de San Fiz de Cangas, pertencente a un antigo mosteiro de monxas benedictinas do que non queda ningún outro vestixio. Igual que no caso anterior, a interesante igrexa de San Miguel de Eiré é o único espazo que se conserva dun conxunto monacal benedictino do século XII.

Rematou a saída coa visita a un exemplo da arte románica compostelá, San Paio de Diomondi. Anexo á igrexa atópase un pazo, residencia de verán dos bispos de Lugo, que ven de convertirse en albergue de peregrinos para o Camiño de Inverno.

 

 

Andorra, día de despedida

O último día da semana transcurriu sen novidades, aínda que o tempo non nos acompañou e aproveitamos poucas horas  de esquí por mor dunha importante tormenta. De tódolos xeitos, desfrutamos de estar todos xuntos e botamos unhas risas. Por suposto, o balance da semana, moi positivo. 

 

Andorra, cuarto día disfrutando da neve

Cuarta xornada de esquí nun día que nos sorprendeu cun sol inesperado. Permitiunos desfrutar dunhas intensas horas   onde xurdiron  algunhas molestias derivadas de caídas fortuitas  mentres esquiaban, por sorte nada grave. A media tarde o alumnado asistiu a unha sesión  de balneario en Caldea, onde tamén puideron participar as alumnas que sufriron as caídas durante a mañá.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Andorra, terceiro día, no ecuador da viaxe.

Terceira xornada de esquí en Andorra de alumnado do IES RÍO CABE na que, a pesar de amencer  nubrada e caíndo pequenas folerpas de neve, finalmente o tempo nos quixo acompañar un día máis e nos permitiu seguir desfrutando dun deporte moi esixente a nivel físico, pero moi divertido e desestresante, o que convirte esta nunha moi especial semana branca.

 

 

Andorra, segundo día en Gran Valira

Segundo día desfrutando do esquí na estación de Gran Valira en Andorra.

O tempo acompañounos un día máis e seguiu transcurrindo sen incidencias. O alumnado vai mellorando no dominio deste deporte e tod@s se atopan xa esquiando.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Andorra, primeiro día na neve

Hoxe foi un precioso día de esquí para todos os participantes, tanto para debutantes como para os máis experimentados. Todos os rapaces e rapazas esquiaron cun día soleado e sen incidencias suliñables; rematarán a xornada cunha visita libre á cidade de Andorra la Vella, e xa pola noite tocará recuperar forzas para o segundo día de esquí. 

 

 

 

 

 

Se queredes ver máis fotos, visitade a galería 

Distribuir contido