Curso 2014/15

Excursión fin de curso 4 ESO - Berlín

26/06/2015: Ás 19:00 horas iniciaron o camiño de regreso a España e entre as 2-3 da mañá chegarán a estación de autobuses de Monforte. Aquí podedes ver as últimas fotos da excursión:

25/06/2015: Ás 7:00 da mañá o alumnado xa estaba en pé. Hoxe toca visita ao campo de concentración de Sachaenhausen, paseo polo barrio xudío, visita ao Neues Musem e seguir camiñando polas rúas de Berlín.

 

24/06/2015: Hoxe o alumnado tivo a oportunidade de vivir a historia da reunificación alemaña, visita ao muro de Berlín, Checkpoint Charlie, etc. A continuación podedes ver algunha foto da xornada de hoxe:

 

 

23/06/2015:

No día de hoxe o alumnado fixo un tour de tres horas pola cidade en bus, con paradas nos monumentos máis representativos de Berlín. Visitas ao museo Pergamon e a catedral, seguido dun pequeno paseo baixo a chuvia para regresar ao Hotel.

 

 

  

 22/06/2015:

O Luns 22 de xuño o alumnado de 4 ESO comezou a súa viaxe a Berlín. Tiveron tempo de dar un paseo nocturno pola cidade e contemplar a porta de Brandeburgo ou o Reichstag. Chegaron todos sans e salvos, agotados pero moi contentos. Nos próximos días iremos informando da viaxe e poñendo algunha foto da mesma.

Ganadores de RetoAlcoa 2015

El equipo "HUNTERS" del IES Río Cabe, formado por los alumnos Juan Veloso Varela y Miguel Díaz Lafuente, ha sido el ganador de la final nacional en la decimotercera edición de la competición RetoAlcoa celebrada en Madrid el pasado Viernes 19 de Junio de 2015.

Los tres primeros clasificados han sido los siguientes equipos:

1.- “Hunters” del IES Río Cabe de Monforte de Lemos (Lugo)

2.- “Grupo Hirurek Bat” del Colegio San José de Durango (Vizcaya)

3.- “Of The Bridge” del IES Ramón Menéndez Pidal de Avilés (Asturias)

Este concurso lo organiza a nivel nacional Junior Achievement con el patrocinio y la financiación de la Fundación Alcoa. Tiene como objetivo potenciar el talento y la iniciativa emprendedora de los jóvenes, ofreciendo a los estudiantes la posibilidad de aprender a tomar decisiones clave para el funcionamiento de una empresa en un entorno digital. 

El programa, del que Juan Veloso y Miguel Díaz han sido campeones en Madrid, se desarrolló durante todo el curso, tanto en las aulas como por internet, y en él compitieron equipos de Alicante, Asturias, Vizcaya y Galicia. En total participaron 252 equipos de 28 centros educativos y más de 1000 alumnos de Secundaria, Bachillerato y Formación Profesional.

 

Los equipos, que compiten entre sí en un mercado virtual, utilizan un simulador empresarial para vender un producto ficticio y decidir en cada una de las fases variables como el precio de venta, número de unidades a producir, gasto en marketing, inversión en I+D, ampliación de la planta de producción, etc…

A la final únicamente acceden los mejores 8 equipos de España y el premio es que acuden a Madrid durante dos días para vivir experiencias inolvidables. Además de participar en la final presencial tienen la oportunidad de acudir a un curso de “Habilidades para el Éxito” en la Escuela ESADE y este año fueron invitados a presenciar la obra de teatro “El Rey León” con una entrada preferente para cada uno de los finalistas.

Como ganadores de la final nacional los dos alumnos del IES Río Cabe clasificados en primera posición recibieron como premio, además del preceptivo diploma, una tablet Samsung de 10 pulgadas para cada uno de ellos.

 

Graduación do alumnado de 4º ESO

O pasado venres 19 de xuño tivo lugar o acto de graduación do alumnado de 4º de ESO que este curso rematou a Educación Secundaria no IES Río Cabe. Facendo click na imaxe podedes acceder a unha pequena galería de imaxes do acto:

Actuacións musicais para despedir o curso 2014/2015

O Venres 19 de xuño, último días das actividades lectivas, a profesora de música Eva Dios González e os seus alumnos/as de 2º, 3º e 4º ESO organizaron no salón de actos do centro diferentes actividades musicais, que fixeron disfrutar ao resto do alumnado do centro para despedir o curso escolar 2014/2015. A continuación podedes ver algunha imaxe do concerto musical:

Obra de teatro Macbeth

O 6 de maio asistimos a unha gran actuación dos nosos alumnos/as de 3º e 4º ESO. Triunfaron cunha adaptación moi persoal do clásico Macbeth, baixo a dirección de Maro Carretero. Moitas felicidades !!!!!. Facendo click no cartél podedes acceder a unha pequena galería de imaxes.

 

 

 O venres 8 de maio e no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, logo da representación da Asociación Prodeme, entregaranse os premios e diplomas ós participantes no XXIV Certame de Teatro para Centros de Ensino 2015. A entrega será máis o menos sobre as 21:15 h.

Excursión a Astorga

O día 30 de Abril, alumnos de Relixión de 2º,3º e 4º de ESO e 1º de  BAC foron de excursión a Astorga. Alí visitaron a Catedral e o seu museo, o Palacio de Gaudí, o Museo Romano e o Museo do Chocolate. Nos diversos museos puideron ver mostras de arte, desde o romano, pasando polo gótico, barroco, románico, renacentista, arte sacro, arte popular….

Nos museos romano e do chocolate asimesmo puideron ver uns vídeos, no romano recreando a historia dunha moza da que conservan a lápida no museo e no do chocolate como se elabora dito produto. En resumo, foi unha xornada moi instrutiva á vez que lúdica.

Teatro en Inglés

Unha vez máis, e como vén sendo habitual, o alumnado do noso centro acudiu á súa cita anual co teatro na lingua de Shakespeare. Nesta ocasión tratouse de dúas obras clásicas adaptadas en dous niveis: The Thirty-nine Steps, para alumnado de 1º,2º e 3º de ESO e The Great Gatsby para 4º ESO, 1º e 2º de BAC, representacións que tiveron lugar o día 27 de abril no centro multiúsos de Monforte. Os estudantes puideron gozar dunhas obras nas que ademais de como espectadores participaron como actores ocasionais, se ben algúns, máis ben "sufriron" a devandita participación.

Facendo click na imaxe podedes acceder a unha pequena mostra de fotos da actvidade:

Charlas para fomentar unha vida saudable

Luisa Astray, educadora social da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte de Lemos rematou hoxe as súas charlas de prevención correspondentes ao curso académico 2014/2015 no noso centro. Durante este tempo traballou con alumnado de 2º e 4º ESO para favorecer hábitos de vida saudables.

Recomendamos consultar a publicación trimestral da UAD dirixida ás familias, que podedes encontrar na nosa páxina web.

 

Excursión - Fundación TIC

Un grupo de alumnos de 4º de ESO visitaron o 22 de abril de 2015 a Fundación Tic en Lugo. Alí puideron ver como se leva a cabo a produción e gravación dun informativo e tiveron a oportunidade de ser eles mesmos os protagonistas dun deles actuando como presentadores. Facendo click na seguinte imaxe accedese a unha pequena galería de fotos da actividade:

Unha interesante experiencia.

 

Excursión a Guimarães

Os días 14 e 15 de abril alumnado de 3 ESO estivo de viaxe en Guimarães. Esta excursión forma parte do programa Proxectoterra, que é unha iniciativa educativa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Facendo click en calquera das dúas imaxes podedes acceder a unha pequena galería de fotos da excursión:

 

Distribuir contido