Excursión fin de curso 4 ESO - Berlín

26/06/2015: Ás 19:00 horas iniciaron o camiño de regreso a España e entre as 2-3 da mañá chegarán a estación de autobuses de Monforte. Aquí podedes ver as últimas fotos da excursión:

25/06/2015: Ás 7:00 da mañá o alumnado xa estaba en pé. Hoxe toca visita ao campo de concentración de Sachaenhausen, paseo polo barrio xudío, visita ao Neues Musem e seguir camiñando polas rúas de Berlín.

 

24/06/2015: Hoxe o alumnado tivo a oportunidade de vivir a historia da reunificación alemaña, visita ao muro de Berlín, Checkpoint Charlie, etc. A continuación podedes ver algunha foto da xornada de hoxe:

 

 

23/06/2015:

No día de hoxe o alumnado fixo un tour de tres horas pola cidade en bus, con paradas nos monumentos máis representativos de Berlín. Visitas ao museo Pergamon e a catedral, seguido dun pequeno paseo baixo a chuvia para regresar ao Hotel.

 

 

  

 22/06/2015:

O Luns 22 de xuño o alumnado de 4 ESO comezou a súa viaxe a Berlín. Tiveron tempo de dar un paseo nocturno pola cidade e contemplar a porta de Brandeburgo ou o Reichstag. Chegaron todos sans e salvos, agotados pero moi contentos. Nos próximos días iremos informando da viaxe e poñendo algunha foto da mesma.