Teatro en Inglés

Unha vez máis, e como vén sendo habitual, o alumnado do noso centro acudiu á súa cita anual co teatro na lingua de Shakespeare. Nesta ocasión tratouse de dúas obras clásicas adaptadas en dous niveis: The Thirty-nine Steps, para alumnado de 1º,2º e 3º de ESO e The Great Gatsby para 4º ESO, 1º e 2º de BAC, representacións que tiveron lugar o día 27 de abril no centro multiúsos de Monforte. Os estudantes puideron gozar dunhas obras nas que ademais de como espectadores participaron como actores ocasionais, se ben algúns, máis ben "sufriron" a devandita participación.

Facendo click na imaxe podedes acceder a unha pequena mostra de fotos da actvidade: