Charlas para fomentar unha vida saudable

Luisa Astray, educadora social da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte de Lemos rematou hoxe as súas charlas de prevención correspondentes ao curso académico 2014/2015 no noso centro. Durante este tempo traballou con alumnado de 2º e 4º ESO para favorecer hábitos de vida saudables.

Recomendamos consultar a publicación trimestral da UAD dirixida ás familias, que podedes encontrar na nosa páxina web.