Curso 2014/15

Película "A Esmorga"

Un grupo de alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato acudiron aos multicines "Hollywood" da nosa localidade para visionar a película "A Esmorga". A actividade estivo promovida polo Departamento de Lingua e Literatura Galega do centro, o que permitiu aos nosos estudantes ver esta versión cinematográfica da obra de Eduardo Blanco Amor.

Excursión a Ourense

O alumnado do 2º ciclo da ESO asistiu no día de hoxe a unha representación dunha obra de teatro en francés no Teatro Principal de Ourense: "Monlsménie".

Tamén aproveitaron o resto da mañá para visitar o Centro Cultural "Marcos Valcárcel" e visionar as exposicións de fotografía "Os que habitan" de Eva Díez e "You are you" de Lindsay Morris.

A continuación podedes ver algunhas fotos da actividade:

Obradoiro "Enredando"

Paula Sánchez (psicóloga con ampla experiencia en igualdade de oportunidades e violencia de xénero) e Pablo Gómez (community manager de novas tecnoloxías e xestión de redes sociais), desenvolveron para os/as alumnos/as de 1º de bacharelato unha experiencia dinámica e audiovisual na que se falou das redes sociais, estereotipos de xénero, violencia e control machista na rede; para que todos reflexionemos e busquemos o camiño da tolerencia, o respeto e a liberdade con sentido común.

 

Esta acción está cofinanciada polo Concello de Monforte de Lemos, Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presindencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Ademáis o calendario de actuacións específicas que dende a Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller se desenvolverán co gallo da conmemoración do 25 de novembro, “Día  Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero”, as podedes ver facendo "click" na seguinte imaxe:

Distribuir contido