Curso 2014/15

Concerto homenaxe Lois Pereiro

O pasado 9 de Abril actuaron no salón de actos do noso centro VERA LYNN e TRES TREBÓNS. O concerto que puideron presenciar os alumnos forma parte dos actos literarios que organiza o Concello de Monforte sobre o poeta Lois Pereiro.

Charla sobre Primeiros Auxilios

O mércores 18 de  marzo o Departamento de Educación Física organizou una charla sobre primeiros auxilios. Foi impartida por Antonio Rodríguez Rivera, médico de urxencias do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos e dirixida a alumnado de 4º ESO e 1º BAC.

Conferencia sobre redes sociais

O pasado luns 16 de marzo visitounos Raúl Rodríguez, policía nacional, para falar cos pais/nais/titores legais do alumnado do centro sobre os riscos asociados ás novas tecnoloxías e ao uso das redes sociais. Esta charla enmárcase dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus entornos

Excursión a Vigo

Os alumnos de 3º da ESO foron de saída didáctica a Vigo, a ver o Museo de Arte Contemporánea MARCO e máis a exposición "OUT OF SEA" na fundación Barrié de la Maza.

No museo tratábase de achegarse a arte contemporánea por medio dun dos mellores museos de Galiza. Na Fundación Barrié se foi ver unha exposición sobre a contaminación mariña e a súa repercusión na nosa vida, contaminación sobre todo por plásticos.

Aquí vemos os rapaces aprendendo o que é un “panóptico” e para que se utilizaba. Unha das cousas máis interesantes é que o edificio do museo MARCO era unha antiga cárcere e as explicacións sobre a súa arquitectura foron moi interesantes.

Na Fundación Barrié descubrimos que meteran un montón de basuara dentro dun edificio, e nos explicaron que viña dunhas islas de plásticos flotantes que hai nos oceános. Aquí aparte había vídeos de como afectaban esas cantidades de plásticos ós lugares e os animáis.

O Concello de Monforte elabora un LIPDUB

O Concello de Monforte de Lemos está gravando un "LIPDUB" (vídeo promocional da localidade) coa colaboración dos xoves dos diferentes centros de ensino, clubs e entidades deportivas. Baixo a dirección do cineasta Luís Avilés realizáronse diferentes tomas en diferentes puntos da nosa vila o pasado 13 de febreiro e debido ás malas condicións meteorolóxicas está previsto realizar un segundo intento o venres 13 de marzo de 2015.

O proxecto ten por obxecto a promoción da cidade, está patrocinado polo Concello e o leva a cabo a produtora cinematográfica monfortina "Amanita Films" de Iván Patiño. A banda sonora será un tema do grupo monfortino "Violet Magic Cloud" e na rodaxe utilízase un dron ou minihelicóptero para captar imaxes aéreas dos lugares máis emblemáticos de Monforte.

A continuación podedes ver algunhas fotos do alumnado do IES Río Cabe que asistiu a gravación:

Disfraces de Carnaval

O día 13 de febreiro tivo lugar no salón de actos do Instituto a segunda edición do concurso de disfraces para ir "quentando motores" cara o Carnaval. No presente curso, cada clase preparou unha coreografía e posta en escena do tema que previo sorteo lle fora asignado. Neste ano a temática dos disfraces era a música (estilos musicais, grupos, cantantes....) e así foron desfilando, bailando e interpretando todos os alumnos nun ambiente de festa e diversión.

Charla sobre "acoso escolar" ao alumnado de 1º ESO

Esta semana visitounos Raúl Rodríguez, policía nacional, para falar co noso alumnado de 1º de ESO sobre o acoso escolar. Esta charla enmárcase dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus entornos

Actividade no día da Paz

O vernes 30 de Xaneiro, co gallo da celebración do día da Paz, alumnos e alumnas de 6º de primaria do CEIP "A Gándara" estiveron no IES Río Cabe onde o alumnado de 2º de ESO do centro, baixo a dirección da súa profesora Cristina Fernández Santomé, tiñan preparado unha actividade que consistíu na lectura de tres contos ilustrados, ambientados con música e imaxes de temas relacionados coa festividade do día da Paz.

 

O mércores 4 de febreiro acudiron ao centro os alumnos de 6º de primaria do "Colexio Novo" para facer con eles a mesma actividade:

 

Actividades de Nadal

A foto superior corresponde á actuación da cantante Najla Shami, que deu un magnífico concerto para o alumnado de 4º de ESO e Bacharelato coa asistencia e participación de numerosos profesores. Esta actividade foi organizada polo Equipo de Normalización Lingüística.

Najla Shami é unha cantautora e compositora nacida en Santiago de Compostela e que foi educada ao abeiro de tres culturas: a palestina, a galega e a arxentina. A cantante creceu entre Galicia e Kuwayt e estudou música moderna e educación musical en países como Noruega, Estados Unidos, Xordania, Kuwayt, India, Inglaterra, Portugal ou España. No disco "A lingua que eu falo", Najla Shami afonda na obra de Rosalía de Castro a través dunha selección de dez temas que reúnen sete poemas da autora galega con música orixinal, dúas novas creacións e unha revisión do clásico "Negra sombra". Este traballo mostra influencias de distintos estilos musicais como jazz, funk, world music e música tradicional e traslada ao espectador ata lugares como África ou Brasil.

 

Esta outra foto é da actuación da contacontos Teresa Grau na biblioteca do centro. Nesta actividade participaron alumnos de 1º ESO.

A Vicedirección do centro en colaboración co Ciclo de Turismo tamén organizou unha actividade para 2º de ESO: "Coñecer Monforte ", onde as alumnas do Ciclo exerceron de guías do alumnado nun paseo turístico pola cidade, así como as actividades deportivas nas que participaron os alumnos de 3º ESO.

Visita á Fundación TIC de Lugo

Un grupo de alumnos de 2º de ESO visitaron o pasado 10 de decembro a Fundación Tic en Lugo. Alí puideron ver como se leva a cabo a produción e gravación dun informativo e tiveron a oportunidade de ser eles mesmos os protagonistas dun deles actuando como presentadores. Unha interesante experiencia.

Distribuir contido