Curso 2013/14

Excursión a Roma

27/06/2014: ¡¡¡¡ Última hora !!!!

O avión de regreso a España leva como mínimo 2 horas de retraso, polo que os alumnos non chegaran a Monforte de Lemos ata despois das 21:00 horas ou incluso máis tarde.

 

26/06/2014: As visitas de hoxe estiveron centradas en Vila Medicci, Vila Borghese, paseo pola vía do Corso para facer as últimas compras e mercar recordos da viaxe, saída nocturna para ver un espectáculo de luz e son no foro romano e acaban de poñer punto e final a excursión deitándose na cama.

Mañá as 7 de mañá teñen que estar en pé para comezar o regreso. A chegada a Monforte de Lemos está prevista para as 19:00 horas.

 

 

25/06/2014: No día de hoxe os/as alumnos/as tiveron tempo libre para ir de compras na vía do corso. Ademais tocou vista a Roma Imperial, Coliseo e San Pietro in Vincole para ver o Moisés de Miguel Ángel.

 

 

 

 

 

 

24/06/2014: Hoxe visitaron o Vaticano, capela Sixtina, campo di fiori e paseo polo Trastévere. Encóntranse todos en plena forma aínda que con algo de cansancio.

 

 

 

Os profesores acompañantes informan de que chegaron á cidade de Roma perfectamente, despois da viaxe de madrugada, e a estas alturas do día @s alumn@s atópanse "totalmente esgotados". 

No día de hoxe fixeron unha "city-tour" por Roma con guía, unha parte do tempo no autobús e outra parte camiñando. Percorreron o barroco, a Fontana de Trevi, praza Navona, praza de España... e regresaron ao hotel dando un paseo por toda a cidade.

  

Visita Museo do Ferrocarril 2ºESO

Os alumnos de 2º ESO foron a visitar o museo do ferrocarril que temos en Monforte e que é referente non só en Galicia, senón en toda España. Sendo un rotundo testemuño do núcleo ferroviario que foi Monforte durante moitas décadas.
Puidemos comprobar a evolución das locomotoras no século XX e camiñar polos corredores coma se fosemos maquinistas do tren.
Visitamos a rotonda xiratoria.
Tivemos, tamén, a sorte de ver de preto un tanque de combate e algúns outros vehículos que parecían sacados dunha película.

Graduación 4º ESO

Despois de catro anos no instituto, os alumnos de cuarto finalizan un ciclo cheo de bos momentos, experiencias e recordos que quedarán nos seus corazóns e na nosa memoria para sempre.

Este humilde acto de graduación é a nosa pequena homenaxe aos nosos alumnos.
Para moitos deles é unha despedida e outros seguirán enchendo os corredores do Río Cabe
 nunha nova etapa.

 A todos queremos desexarvos o mellor.

graduación 4º

ALUMNAS DO CICLO DE TURISMO EN SOBER

Co fin de coñecer os diferentes concellos que conforman a Ribeira Sacra, alumnas e profesores do Ciclo de Turismo do IES Río Cabe desprazáronse ata o concello de Sober.

Guiados por D. Xesús Verao, visitaron o lugar de Bolmente para admirar a Ribeira Sacra dende o miradoiro da Cividade, ademais de coñecer os restos dun castro próximo. A continuación, dirixíronse cara ao miradoiro de Cadeiras, outra atalaia privilexiada, dende a que poder contemplar a grandiosidade dos canóns do Sil, e as localidades próximas como Parada de Sil ou Castro Caldelas.

A seguinte parada tivo como destino a Adega Regina Viarum, un referente entre as adegas da bisbarra. Recibidos por Sonia e Emma, esta última guiounos polas instalacións desta, explicándolles as diferentes pautas que se seguen na elaboración do viño da Ribeira Sacra: catalogación das uvas, procesos de fermentación, períodos de maduración, variedades de viño...

E antes de regresar e como colofón a esta xornada, o grupo dirixiuse ata a "Pena do Castelo", lugar no que se encontra un castañal con árbores de máis de 500 anos.

Facendo click na seguinte imaxe podes acceder a algunhas fotos da actividade:

 

 

Excursión a Santiago de Compostela

O mércores día 7 de maio o alumnado de 3º de ESO fixo unha visita a Santiago de Compostela que resultou moi instrutiva e interesante. O primeiro lugar visitado foi a Catedral,  desde as súas cubertas, o que, ademáis de ofrecer unha vista diferente da cidade, permite apreciar a súa arquitectura. A continuación coñeceron o Valedor do Pobo e o Parlamento de Galicia, incluíndo a asistencia a unha sesión parlamentaria.

Logo dunha breve parada para comer, seguiron para a visita da Cidade da Cultura de Galicia, onde puideron apreciar tanto a impresionante arquitectura como a exposición Auga Doce. Este intenso itinerario completouse, finalmente, coa visita aos xardíns do Pazo de Oca, un lugar onde os alumnos e alumnas, rodeados de fermosísima vexetación, puideron deleitarse na contemplación da natureza.

Clickando na imaxe podes acceder a algunhas fotos da actividade:

 

ALUMNAS DO CICLO DE TURISMO COÑECEN O ROMÁNICO DE FERREIRA DE PANTÓN

As alumnas do Ciclo de Turismo do IES Río Cabe desprazáronse ata Pantón para coñecer e admirar os diversos monumentos situados no concello, referencia do románico na Ribeira Sacra.

Recibidos polo alcalde, D. José Luís Álvarez, estiveron acompañados por D. Francisco Javier González da Concellería de Cultura, e por Dona Flora Enríquez, que asumiu o papel de guía e descubriulles todos os segredos do Románico na súa visita ao Mosteiro Cisterciense de Ferreira, unha das xoias románicas do municipio. Ademais de percorrer diversas estanzas deste, tamén aproveitaron para degustar algúns dos doces artesáns realizados polas relixiosas que habitan o cenobio.

Posteriormente desprazáronse ata a Igrexa de San Miguel de Eiré, unha igrexa do s. XII, declarada monumento nacional. A continuación visitaron a igrexa de San Esteban de Atán, que data dos séculos XII e XIII, e situada nunha zona dende a que se divisa unha bela panorámica do río Miño. Como colofón a este percorrido cultural por Pantón, achegáronse ata a igrexa de San Vicente de Pombeiro, do século XII, onde puideron admirar tanto as características arquitectónicas do templo coma as pinturas que adornan os seus muros.

Tanto alumnas coma profesores quedaron altamente impresionados polos monumentos visitados, polas súas características e historia, así como polos enclaves onde se levantan, lugares de gran beleza paisaxística, declarando a importancia turística deste concello da Ribeira Sacra.

 

INTERCAMBIO CULTURAL CON FRANCIA 2013/2014

Na segunda semana do mes de abril alumnado do segundo ciclo de ESO da materia de Francés devolveron a visita que realizaron a vila do “Río Cabe” un grupo de alumnos e alumnas franceses. Como en cursos pasados, o intercambio produciuse con alumnos do Instituto de Saint Sebastien, en Landerneau.

O intercambio entre estudantes do noso instituto con alumnado francés é unha costume arraigada desde fai xa 20 anos. Marisa Mariño foi a profesora encargada de sacar adiante o proxecto durante todos estes anos e hoxe é unha das actividades máis arraigadas na nosa comunidade educativa. Dende a Dirección do IES Río Cabe valoramos moi positivamente esta experiencia de intercambio, polo que esperamos que teña continuidade en vindeiros cursos.

Os alumnos conviven coas súas respectivas familias de acollida e acoden a algunhas clases para coñecer os diferentes modelos educativos e practicar co idioma. Ademais realizan visitas turísticas e culturais nas localidades de referencia e este ano tamén estiveron algúns días coñecendo a cidade de París: subiron a Torre Eiffel, pasearon en barco polo río Sena, visitaron museos, coñeceron Notre Dame, a “Île de la Cité,etc….

Picando na imaxe, pódese acceder á galería de fotos.

 

 

RetoAlcoa 2013/2014

O pasado xoves 10 de abril, un equipo de 3 alumnos de 2 Bac. participaron en Madrid na final nacional do concurso escolar RetoAlcoa. Álex López López, Iván Piñeiro Criado e Eduardo Varela González foron os GAÑADORES ABSOLUTOS desta competición, quedando os 3 primeiros postos configurados polos seguintes equipos:

Esta era a edición número XII deste programa patrocinado pola Fundación Alcoa e organizado por Junior Achievement, unha das maiores organizacións educativas sen ánimo de lucro do mundo.

Os compoñentes de cada un dos equipos adoptan o papel de directivos dunha empresa ficticia e teñen que tomar decisións como o prezo de venda ao público, o volume de produción, investimentos en publicidade, investigación e desenvolvemento, número de unidades a producir…, ademais en todo momento se ven afectados polos factores que afectan a un mercado real ou polas decisións do resto de equipos competidores.

Á final nacional unicamente lograron acceder 8 equipos, entre os cerca de 1000 estudantes que participaron ao longo do curso nas zonas de influencia de Alcoa: Galicia, Asturias, País Vasco, Comunidade Valenciana e Madrid.

A entrega de premios fíxose nun dos palcos de honor do estadio Santiago Bernabeu, a continuación os oito equipos finalistas asistiron a unha comida no restaurante “Real Café Bernabeu”, gozando dunhas espectaculares vistas ao campo, e para rematar a xornada realizaron unha visita guiada as instalacións do estadio, sala de trofeos, vestiarios, banquillos, sala de prensa…

Ademais, o mércores 9 de abril, os alumnos participaron na escola de negocios ESADE nun programa intensivo de “Habilidades para o Éxito”, onde recibiron formación impartida por expertos de prestixio en materias como técnicas de presentación, recursos humanos, currículum vitae, entrevistas de traballo, etc. 

 

Por último, coa viaxe a Madrid para participar na final do concurso e con todos os gastos financiados por Alcoa, puideron aproveitar para coñecer algúns dos lugares máis emblemáticos da capital de España e visitar lugares como o museo do Prado, Palacio Real e outros.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Young Business Talents 2013/2014

Tres alumnos de 1B Bac. acudieron este fin de semana a Madrid para participar en la final nacional de “Young Business Talents”. Miguel Díaz Lafuente, Luis Diego Fuente Ferreira y Juan Veloso Varela quedaron en el tercer puesto dentro de la simulación en la que competían, ganando la misma el equipo DACREAM de las “Escuelas San José” de Valencia.

 

 

Young Business Talents es un torneo en el que 5.324 estudiantes de ESO, bachillerato y formación profesional (organizados en 1.535 equipos) dirigieron sus propias empresas a través de Internet e intentaron conseguir convertirse en la empresa que acumulase un mayor beneficio a lo largo del tiempo. Para ello utilizaron un avanzado simulador de tercera generación proporcionado por la empresa PRAXIS.

Además, los alumnos tuvieron tiempo para conocer los lugares más emblemáticos de la capital de España durante los dos días que estuvieron en Madrid.

 

 

Viaxe a Lugo

O departamento de Latín e Grego en colaboración co de Xeografía e historia organizou e asistíu a unha representación teatral dunha comedia de Plauto, autor latino, no auditorio Gustavo Freire de Lugo.

Aproveitando a viaxe fixeron unha visita didáctica ó Castro de Viladonga e o museo do castro, así como un percorrido pola Muralla de Lugo.

 

 

Distribuir contido