INTERCAMBIO CULTURAL CON FRANCIA 2013/2014

Na segunda semana do mes de abril alumnado do segundo ciclo de ESO da materia de Francés devolveron a visita que realizaron a vila do “Río Cabe” un grupo de alumnos e alumnas franceses. Como en cursos pasados, o intercambio produciuse con alumnos do Instituto de Saint Sebastien, en Landerneau.

O intercambio entre estudantes do noso instituto con alumnado francés é unha costume arraigada desde fai xa 20 anos. Marisa Mariño foi a profesora encargada de sacar adiante o proxecto durante todos estes anos e hoxe é unha das actividades máis arraigadas na nosa comunidade educativa. Dende a Dirección do IES Río Cabe valoramos moi positivamente esta experiencia de intercambio, polo que esperamos que teña continuidade en vindeiros cursos.

Os alumnos conviven coas súas respectivas familias de acollida e acoden a algunhas clases para coñecer os diferentes modelos educativos e practicar co idioma. Ademais realizan visitas turísticas e culturais nas localidades de referencia e este ano tamén estiveron algúns días coñecendo a cidade de París: subiron a Torre Eiffel, pasearon en barco polo río Sena, visitaron museos, coñeceron Notre Dame, a “Île de la Cité,etc….

Picando na imaxe, pódese acceder á galería de fotos.