ALUMNAS DO CICLO DE TURISMO EN SOBER

Co fin de coñecer os diferentes concellos que conforman a Ribeira Sacra, alumnas e profesores do Ciclo de Turismo do IES Río Cabe desprazáronse ata o concello de Sober.

Guiados por D. Xesús Verao, visitaron o lugar de Bolmente para admirar a Ribeira Sacra dende o miradoiro da Cividade, ademais de coñecer os restos dun castro próximo. A continuación, dirixíronse cara ao miradoiro de Cadeiras, outra atalaia privilexiada, dende a que poder contemplar a grandiosidade dos canóns do Sil, e as localidades próximas como Parada de Sil ou Castro Caldelas.

A seguinte parada tivo como destino a Adega Regina Viarum, un referente entre as adegas da bisbarra. Recibidos por Sonia e Emma, esta última guiounos polas instalacións desta, explicándolles as diferentes pautas que se seguen na elaboración do viño da Ribeira Sacra: catalogación das uvas, procesos de fermentación, períodos de maduración, variedades de viño...

E antes de regresar e como colofón a esta xornada, o grupo dirixiuse ata a "Pena do Castelo", lugar no que se encontra un castañal con árbores de máis de 500 anos.

Facendo click na seguinte imaxe podes acceder a algunhas fotos da actividade: