Curso 2021/22

Can robot da empresa Plain Concepts visita o Río Cabe

 No día de hoxe contamos coa presencia no Río Cabe de  Pablo Peláez e Unai Zorrilla ,  CEO e  co-fundador respectivamente de  Plain Concepts, empresa tecnolóxica punteira no desenvolvemento da intelixencia artificial e recoñecida por Microsoft como mellor Partner of the Year en AI.

 Causou sensación no noso alumnado un robot con catro patas que todos identificamos cun can, con  moitas posibilidades tanto de vixiancia, como de cálculos espaciais, medicións, rescate … No centro o robot subiu e baixou escaleiras, visitou aulas e fixo demostración das súas  habilidades no patio exterior.

 Quedamos moi agradecidos a Pablo e Unai polo súa xentileza e a visita didáctica coa que nos obsequiaron.

Xantar de confraternidade - 1º Bac

 

O pasado 30 de setembro o Club Fluvial de Monforte foi o esceario elixido para celebrarmos un xantar  co alumnado de 1º de Bacharelato, como ven sendo costume dende hai anos no centro. O obxectivo era que , ó ser un curso onde conflúe  alumnado tanto do Río Cabe como do resto de centros de Monforte, os rapaces e rapazas puideran coñecerse  e confraternizar  fóra das aulas. Outro dos obxectivos foi o de volver pouco a pouco á normalidade. Como podedes ver, conseguímolo!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dous días antes, quixemos convidar á comunidade educativa a uns pinchos  durante os recreos da mañá e da tarde para celebrar a volta ás clases así como para desexar un curso mellor e máis “normal” que os dous pasados. 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido