Deporte no Cabe: xornadas de piragüismo

O pasado martes, 10 de maio, o club da nosa vila, Quixós, organizou unha agradable xornada de piragüismo para o noso alumnado de 4°ESO polo río Cabe.O día anterior, membros do club deron ó alumnado unha charla a e 2º ESO, (quen repetiu a xornada deportiva os días 18 e 20 de maio) para mostrarlles as nocións básicas sobre a práctica deste deporte.

Esta actividade está enmarcada dentro da campaña escolar "Deporte Educación", a través da colaboración da Deputación de Lugo, a Federación galega de piragüismo e o propio club, co fin de promocionar e difundir dita disciplina. A todos eles queremos agradecer a oportunidade que nos deron de probar un deporte tan completo e sobre todo, o esforzo e atención exquisita que nos dedicaron.

Podemos afirmar, vendo as caras do alumnado, que o obxectivo se cumpriu: todos gozaron da experiencia!!