Curso 2018/19

"Semente" Presentación no noso Instituto do V Concurso de ideas emprendedoras

O pasado martes acollemos no Salón de actos do centro a presentación da convocatoria do V Concurso Ideas emprendedoras da Asociación Semente.

Sara Fernández, Severino Rodríguez e Manolo Eiriz explicáronlle, fundamentalmente a alumnos de adultos do centro, en que consiste o proxecto "Semente",comezado no 2014, animaron a presentar ideas para o concurso, explicaron as posibilidades de .que unha boa idea sexa promocionada, recoñecida e incluso subvencionada por algunha empresa ou organismo interesado aínda que non resulte gañador o proxecto.

 

O ex alumno do noso centro, Carlos Pérez, de Terras de María Castaña comentou en que consistiu o seu proxecto gañador da anterior convocatoria e explicou como apostou por unha idea viable e apegada á realidade..

Neste enlace podedes consultar as bases para participar nesta V convocatoria. O prazo está aberto ata o 30 de novembro e os premios son de 8000 euros (1ºPremio), 500 (o 2º) e 3000 para o 3º.

Sempre se necesitan boas ideas. Seguro que tedes moitas!!

 

Moitas apertas de despedida...

E chegou o momento da despedida... Despois dos reencontros, tras verse en Finlandia, e desta intensa semana de convivencia chegou o momento de marchar. 

As imaxes díceno todo. Cantas apertas!

Viaxe dos finlandeses e os alumnos de 2ºBAC a Coruña

O pasado venres, as alumnas finlandesas, os seus compañeiros e os profesores viaxaron a Coruña para realizar unha visita guiada de máis de dúas horas ás instalacións de Inditex en Arteixo. Desta experiencia viñan totalmente impresionados.

Tamén aproveitaron para visitar diferentes lugares de A Coruña como a Torre de Hércules, que viron entre unha gran néboa...

 

Outros lugares emblemáticos da cidade foron: o paseo pola Rosa dos Ventos 

 

Ou por Riazor...

 

 

 

Charla "SEMENTE"

O martes 9 de outubro, no Salón de actos do IES Río Cabe, haberá unha charla ás 19:30 horas. Presentarase o V Concurso Ideas emprendedoras da Asociación Semente.

Contaremos coa participación de  Sara Fernández, Severino Rodríguez e Manolo Eiriz.

Tamén está confirmada a presenza do responsable de Terras de María Castaña, Carlos Pérez (gañador da anterior convocatoria).

Convivencia coas alumnas de Finlandia e viaxes...

Continúa estes días a convivencia nas aulas, coas familias, o intercambio de experiencias entre alumnado (e tamén o "jobshadowing" do profesorado), a presentación na Biblioteca por parte das nosas invitadas do seu instituto e o seu país a un grupo de alumnos de BAC, as distintas actividades deportivas...

 

 

Moitas e intensas propostas que viviron hoxe despois de que onte percorresen 4 Km do Camiño de Santiago e disfrutaran dunha visita guiada por diferentes lugares da cidade...

Visita a Ourense do CS de guía, información e asistencia turística

A primera saída do CS de Guía, información e asistencia turística deste novo curso 2018/19 tivo lugar o luns, 1 de outubro, e o destino elixido foi Ourense.

Nesta viaxe visitamos a zona monumental da cidade acompañados dun guía local que nos ofreceu unha información pormenorizada deste destino.

A visita rematou no Centro Cultural Marcos Valcárcel para asistir a charla sobre oratoria co título: “Quen comunica, triunfa

Recibimos ás alumnas finlandesas do intercambio

Acaban de chegar ao noso centro un grupo de alumnas finlandesas enmarcado dentro do intercambio escolar entre alumnos de segundo de Bacharelato do IES Río Cabe e o Paimio High School, de Turku. Os nosos alumnos e alumnas xa viaxaron a Finlandia do 7 ao 14 de setembro, xunto coas profesoras Patricia Barrientos e Temi Madarnás.

As alumnas finlandesas convivirán cos alumnos do IES Río Cabe nas aulas, asistindo ás clases de diferentes materias. Tamén vivirán o día a día da vida en familia xunto aos seus compañeiros monfortinos e a lingua vehicular de comunicación é o inglés.

Xunto co grupo de alumnas veñen dous profesores: Juhani, profesor de inglés, e Ritu, profesora de matemáticas, que levarán a cabo unha tarefa de jobshadowing ou observación dos profesores do IES Río Cabe.

Como actividade de benvida o martes 2 de outubro tiveron ocasión de coñecer os lugares máis emblemáticos de Monforte de Lemos acompañados polo alumnado do CS de Turismo, que actuaron como guías locais, e as profesoras Sol González e Temi Madarnás. Clickando na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería fotográfica do percorrido pola nosa vila.

Álbum: Escolares -> Alumnado Finlandés de Turismo

UNS EN FINLANDIA... OUTROS EN DUBLÍN

Comenzou o mes de setembro con moitas viaxes no Río Cabe. Mentres algúns alumnos de 2ºBAC están rematando a súa estancia de intercambio en Finlandia, despedimos hoxe a outro grupo, tamén de 2º, que marchan a Dublín para unha actividade de inmersión lingüística e aloxamento en familias. As profesoras que os acompañan son Maite Carreira e Eva Dios. Irán informando das novidades...Tamén podedes consultar ESTE BLOG.

A instantánea anterior é de momentos antes da despedida. E a seguinte da chegada ó aeroporto:

Este venres 14, podemos velos disfrutando de Dublín antes da primeira clase.

 

 

Glendalough e Kilkenny foron os espectaculares lugares polos que pasearon o sábado 15. Podedes comprobalo nestas imaxe do grupo:

 

O domingo 16 continaron as visitas por Dublín: a catedral de Saint Patrick, os paseos en bici por Phoenix Park e por varias pontes sobre o río Liffey... Neste collage tedes un resumo moi gráfico.

Tamén parece espectacular a visita á Biblioteca do Trinity College, da que dan conta estas fotos doutro día:

Chegada a Finlandia

Xa en Finlandia. Estas son algunhas fotos que nos envían.

Temi e Patricia irán informando puntualmente (podedes consultalo NESTE ENLACE e no apartado Proxectos Educativos.)

A seguinte imaxe de grupo é do domingo día 9 en Turku:

E xa só falta un día para a volta, seguro que estarán desexando contar a súa experiencia. Hoxe mándannos unha foto dunha entrevista para a prensa local.

 

Na Galería podedes ver moitas fotografías de toda a viaxe e neste enlace información do día a día alí.

Xa de volta, comentan que a experiencia será inesquecible para todos.

A comezos de outubro recibiremos no noso centro ós alumnos de Finlandia.

Intercambio con Finlandia

Un grupo de alumnos (de cuale) que cursarán este ano académico 2º BAC e dúas profesoras (Temi Madarnás e Patricia Barrientos) marchan hoxe cara Madrid para coller nunhas horas un avión a Finlandia.

A actividade enmárcase dentro do Programa Erasmus+ e o Proxecto Etwinning de intercambio, do que vos irán informando nos próximos días. En outubro recibiremos no noso centro a un grupo de profesores e alumnos de dito país.

Deixámosvos un recordo do intre no que familias, profesores e alumnos... compartían a ilusión desta interesantísima experiencia.

Boa viaxe...

Distribuir contido