Recibimos ás alumnas finlandesas do intercambio

Acaban de chegar ao noso centro un grupo de alumnas finlandesas enmarcado dentro do intercambio escolar entre alumnos de segundo de Bacharelato do IES Río Cabe e o Paimio High School, de Turku. Os nosos alumnos e alumnas xa viaxaron a Finlandia do 7 ao 14 de setembro, xunto coas profesoras Patricia Barrientos e Temi Madarnás.

As alumnas finlandesas convivirán cos alumnos do IES Río Cabe nas aulas, asistindo ás clases de diferentes materias. Tamén vivirán o día a día da vida en familia xunto aos seus compañeiros monfortinos e a lingua vehicular de comunicación é o inglés.

Xunto co grupo de alumnas veñen dous profesores: Juhani, profesor de inglés, e Ritu, profesora de matemáticas, que levarán a cabo unha tarefa de jobshadowing ou observación dos profesores do IES Río Cabe.

Como actividade de benvida o martes 2 de outubro tiveron ocasión de coñecer os lugares máis emblemáticos de Monforte de Lemos acompañados polo alumnado do CS de Turismo, que actuaron como guías locais, e as profesoras Sol González e Temi Madarnás. Clickando na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería fotográfica do percorrido pola nosa vila.

Álbum: Escolares -> Alumnado Finlandés de Turismo