Curso 2018/19

Doces e deportes... para a excursión de 4º ESO

Estes días o alumnado de 4º ESO comezou a realizar actividades co fin de recaudar cartos para a súa viaxe de fin de curso a Roma. Entre as distintas propostas estivo a que levan realizando con éxito dende hai anos: a elaboración de postres caseiros que fixeron as delicias da comunidade educativa no recreo do pasado luns.

E o mércores tocoulle o turno ó deporte, xa que organizan distintos torneos. Comezaron polo fútbol; o primeiro partido foi entre  os alumnos de 4º e 2º  de ESO que se anotaron á actividade.

 

Visita do Ciclo Superior de Turismo ás Clarisas e ó Hotel Cardenal

Co gallo da celebración do Día do Patrimonio Mundial, o 16 de novembro o CS de Guía, información e asistencia turísticasvisita un dos principias museos de arte sacra de España. Ubicado no convento de Santa Clara de Monforte de Lemos do que foi fundadora e mecenas a sétima condesa de Lemos, Catalina de la Cerda y Sandoval, acolle un importante legado artístico entre o que destacan as pezas escultóricas do taller de Gregorio Fernández.

Unha vez rematada a visita guiada á exposición de arte sacra acercámonos a coñocer un dos principais establecementos que conforman a oferta aloxativa de Terra de Lemos, o Hotel Cardenal. Ademáis de visitar as instalacións tivemos ocasión de departir coa responsable de recepción cuestións de índole diversa referidas ao sector turístico. 

 

12 DE NOVEMBRO. Convivencia e música no Río Cabe

Alumnado, profesorado e persoal non docente compartimos (no Recreo da mañán e no de adultos) momentos de convivencia distendida nunha actividade organizada conxuntamente polo Departamento de Música, Orientación e o Equipo directivo. Colaboraron activamente o persoal de cafetería do centro e outros profesores como Consuelo, Marina e Luz Díaz.

Música, canto e baile... foron posibles grazas á nosa profesora Eva Dios, que (ademais de organizar ós alumnos) tamén ensaiou estes días co ex profesor do centro Suso Verao, que acompañou ó alumnado con guitarra e voz na versión coa que nos deleitaron.

 

 

Pola tarde, foi o turno de adultos, un San Martiño de doces e moita conversa... 

""VIAXE A MÉXICO" na Biblioteca. Guías: alumnos do Ciclo Superior de Turismo.

O pasado luns, os alumnos de 1BAC "viaxaron" a México na nosa Biblioteca.

 

 

 

 

 

No Ciclo Superior de Turismo do centro quixeron colaborar activamente coas actividades deseñadas dende a Biblioteca (poden verse en Bibliocabe) e convertíronse, cunha magnífica caracterización e presentación, en guías que fixeron rir e disfrutar da experiencia a uns alumnos que se implicaron na actividade e saíron encantados da viaxe...

 

Selene, Rocío, Xoán, Sandra, Iria, Ramón e a profesora Sol foron os que prepararon esta fantástica viaxe.

 

CINE: LA SOMBRA DE LA LEY

O noso alumnado de BAC foi coa súa profesora de historia, Anuncia, ós cines Hollywood de Monforte para ver a película La sombra de la ley dirixida por Dani de la Torre (ex-alumno do noso centro). Días antes, fixeron a mesma actividade alumnos de 4ºESO. Unha práctica lección de historia!

A película, protagonizada por Luis Tosar e Michelle Jenner,  está producida por Vaca Films e Atresmedia Cine. Dende o Río Cabe felicitamos a Dani de la Torre e desexamos que este thriller de suspense ambientado nos anos 20 entusiasme ós espectadores!

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA en novembro

Este curso na Biblioteca do Río Cabe adícanse os días 1 e 2 de novembro á celebración do día dos mortos en México (declarada pola Unesco Patrimonio da humanidade).

Entre as múltiples e espectaculares actividades realizadas, que poden verse explicadas en detalle no blog Bibliocabe, estiveron as seguintes: Ambientación e decoración da entrada, con diversos traballos do alumnado; concurso de catrinas (caveiras mexicanas) ou proxección da película "Coco" na Biblioteca para o alumnado de 1ºESO.

 

Podedes ver algunhas fotos das diferentes propostas coas que estes días nos sorprenden na Biblioteca.

 

 

Alumnado de 2º ESO participa na inmersión lingüística "English week 2018"

O noso instituto foi seleccionado para participar no centro de inmersión lingüística dos Peares no programa "English Week 2018"

Un total de 25 alumnos de 2ºESO estarán do domingo 4 ó sábado 10 de novembro en dito lugar inmersos en actividades lúdicas, clases e convivencia con outros rapaces. A lingua usada maioritariamente será a inglesa.

Nesta foto están coas súas familias antes de saír. Esperemos que a experiencia sexa totalmente do seu agrado.

 

 

Xantar de convivencia co alumnado de 1ºBAC

Como é habitual no centro dende hai anos, celebramos conxuntamente profesores e alumnos de 1ºBAC un xantar de convivencia. Estas son algunhas instantáneas que podedes ver do pasado xoves no Restaurante do Club Fluvial.

Visita ó Pazo de Tor do alumnado e profesorado de Ciclo de Turismo

O alumnado do Ciclo superior de Guía, información e asistencia turísticas realizou unha visita ó Pazo de San Xoán de Tor o pasado mércores.

A saída veu motivada por coñecer unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega, ademais de entrar en contacto co  modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna.

Un lugar que merece ser visitado... 

ANDAINA DO ALUMNADO DE 1º ESO

 

O martes 16 o noso alumnado de 1ºEso participou, xunto con outros centros da localidade e da comarca, nunha Andaina de 5 km organizada pola Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. Saíron da igrexa de San Paio de Diomondi e chegaron ata San Pedro de Líncora.

Polo camiño fixeron unha breve parada para retomar forzas. Viñan moi satisfeitos da actividade e dispostos a repetir andainas!

 

A profesora de galego, Tania, pediulle ó alumnado que sintetizase nunha nube de ideas as sensacións dese día. Este é o resultado do elaborado polos alumnos de 1ºA e B de ESO:

 

Distribuir contido