Curso 2018/19

Charla do arqueólogo Xurxo Ayán

Dentro das numerosas actividades realizadas estes días no IES Río Cabe (Exposición de fotos "Premio Mª Josefa Wonenburger" e "Donas de si", visitas guiadas do alumnado do Ciclo de Turismo, asistencia a Ourense a unha representación teatral, Obradoiro de música do Trío Caspervek"... hoxe venres o alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu a unha moi interesante charla impartida polo arqueólogo Xurxo Ayán.

D

Durante unha hora puidemos acercarnos un pouco máis o interesante e completo traballo dos arqueólogos na súa procura de comprender mellor o pasado, mesmo nos máis mínimos detalles. Un traballo que hoxe en día se vale doutros moitos e variados campos (cos que se interrelaciona a arqueoloxía) para interpretar e investigar o pasado e traballar nas investigacións.

Xurxo explicou, con variados e amenos exemplos, a súa experiencia noutros lugares de España e de fóra para centrarse no tema do traballo que está realizando no  Castro de San Lourenzo (Cereixa, A Pobra de Brollón). O descubremento de "Atilano" e as consecuencias e importancia que este achádego ten para o patrimonio da Comunidade foron algúns aspectos dos tratados.

O entusiasmo co que nos falou do seu traballo seguro que anima a máis de un a visitar dito Castro e interesarse pola marcha dos traballos.

Obradoiro do Trío Caspervek

 

 

Hoxe, xoves, tivemos a sorte  de contar no noso centro a Caspervek Trío, referente europeo do cine e concertos, que pon música en directo ós clásicos do cine mudo. O estilo deste trío caracterízase polo respecto ás películas que musicalizan e o seu obxectivo sempre foi acercar ó público ó patrimonio cinematográfico.

 

Na sesión obradoiro cos rapaces de 2ºESO, o Trío Caspervek  fixo un pequeño acercamento ó cine mudo e, durante case unha hora, conseguiron que o alumnado entrase de cheo nas propostas posto que os rapaces se deron voluntarios para  interactuar cos músicos, interpretar con sons as imaxes que ían aparecendo (de fragamentos de películas) e mesmo actuando como protagonistas activos do que se ía propoñendo. Unha proposta visual e sonora que nos fixo interactuar e acercarnos á maxia do cine mudo.

A actividade foi organizada polo Dpto de Música.

 

Obra de Teatro El Lazarillo en Ourense

O mércores, un grupo de alumnos de 3º ESO e dúas profesoras (Rocío e Nuria) presenciaron no Teatro Principal de Ourense unha representación teatral da obra El Lazarillo de Tormes. A asistencia a este tipo de actos sempre é de gran interese para o alumnado porque permite  debatir posteriormente e traballar aspectos de obras clásicas desde outro punto de vista.

A actividade foi organizada polo Dpto de L. castelá.

 

Viaxe a Andorra do alumnado de 3ºESO e 1ºBAC

venres 25 de xaneiro:

Finaliza a estancia en Andorra! Ás 21:00 virán de volta. A hora prevista de chegada será sobre as 9:30 do sábado.

Neste último día de esquí, polo que vemos nas imaxes disfrutaron moitísimo da experiencia. Seguro que todos volven con ganas de repetir e terán moitas anécdotas que contarnos.

Boa viaxe!

 

Xoves 24 de xaneiro:

Outro día de neve! Xa é xoves e continúan emocionados. Esquiaron todos e según nos din comezaron o día con moita neve e remataron con sol.

Logo de cear irán ó Balneario de Caldea ás 21 horas.

Mércores 23 de xaneiro:

Hoxe foi un día moi variado, como podedes ver nas preciosas fotografias que acaban de enviarnos.

Tamén estiveron patinando sobre xeo no impresionante Palau de Geu de Canido:

 

Martes 22 de xaneiro:

No segundo día de clases, todos están disfrutando moito da experiencia e, como podedes ver nas imaxes, están perfectamente.

 

Luns 21 de xaneiro:

Despois dun intenso día de neve no que todos puideron esquiar e asistir ás clases cos monitores... Dinnos que están todos moi ben e moi contentos... con gañas de aprender máis mañá!

 

 

Domingo 20 de xaneiro:

44 alumnos de 3º ESo e 1º BAC emprenderon esta madrugada unha viaxe a Andorra acompañados por tres profesores. (Carlos, Miguel e Beatriz).

Nesta imaxe podedes velos nun momento da longa viaxe en autobús que os levou ata o seu destino.

Chegaron ben e acaban de dicirnos que cearán ás 20:45. Mañá ás 7:35 almorzarán antes de comezar a súa primeira xornada de esquí. Desde a web informaremos cada día das noticias que vaian compartindo.

 

 

Torneo de Brilé o último día do trimestre

Nas tres últimas horas do venres 21, alumnado e profesorado compartimos espazo e diversión no Torneo de brilé no que participaron todos os grupos de alumnado do centro e tamén varios profesores.

A actividade,organizada polo Departamento de EF, permitiunos disfrutar dunha xornada distinta para rematar a 1ª avaliación.

Dúas actividades do CS de Turismo: Asistencia á Charla da Asociación Camiño de inverno e presenza no centro dunha restauradora que falou de esgrafiados.

Charla sobre esgrafiados

O luns, 17 de decembro visitounos na aula de Turismo do IES Río Cabe, Carola Sánchez, restauradora de BB.CC.
A súa disertación versou sobre os revestimentos de cal, encintados e esgrafiados, na Ribeira Sacra.
Na presentación pudemos apreciar distintas decoracións nas edificacións e coñocer da man da restauradora funcións como a de protección ante condicións meteorolóxicas adversas ou as propriedades antibacterianas e antifúnxicas dos morteiros de cal, entre outras.

Respondeu às dúbidas do alumnado e ofreceuse para percorrer connosco as principais construcións coas fachadas decoradas con cal. Agradecemos a Carola a súa presenza nas nosas aulas e a mostra da súa interesante intervención na Ribeira Sacra.  

Por outra banda, para rematar as saídas do primeiro trimestre o CS de Guía, información e asistencia turísticas acercámonos ao Centro do Viño de Monforte de Lemos para asistir á presentación do II Anuario da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, “Vía Jacobitana polo Camiño de Inverno”.



Aida Menéndez, presidenta da Asociación, indica que o obxectivo da publicación é poñer en valor o patrimonio material e inmaterial do Camiño de Inverno e dar a coñocer novas investigacións sobre esa ruta.

Obradoiro de regueifas para 2º ESO

O alumnado de segundo da ESO e de PMAR 1 asistiu hoxe a un obradoiro de regueifa impartido por Sara Marchena e Sara Villa Aira, graduadas en Lingua e Literaturas Galegas pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente imparten obradoiros de regueifa e improvisación oral de temáticas diversas, con especial atención á Regueifa Feminista ou á perspectiva de xénero dentro do repente galego.

A sesión comezou cun achegamento teórico moi breve no que se explicaron as relacións que existen entre a regueifa e as composicións dialogadas medievais, tales como as tensós, para facer fincapé despois no cultivo da regueifa nas vodas do s. XIX entre grupos de persoas que estaban convidadas á cerimonia (ou ben contratadas) e outras persoas alleas á celebración. O obxectivo da disputa dilemática era conseguir a honra de partir a regueifa, un pan branco moi prezado daquela, ao mesmo tempo que a persoa gañadora podía obter a maior parte. A regueifa continúa cultivándose actualmente baixo distintas denominacións, especialmente, en Vigo, Camariñas, Vilariño de Conso ou no Courel.

Posteriormente, o alumnado achegouse á melodía métrica e rimática da regueifa co fin de poder entre todos elaborar e cantar unha copla, que foi a seguinte: 

Vouche dicir unha cousa

Estas profes son moi serias

Estou farta de estudar

Eu teño moitas materias.

 

A continuación, os/as estudantes divididos en grupos tiveron que compoñer coplas que rematasen con algún dos versos propostos: 

  1. Como Sabela de OT
  2. Ai! Que ben canta Natalia
  3. A min gústame Alba Reche
  4. A min non me gusta OT 

Deixámosvos un dos resultados: 

Vouche dicir unha cousa

Antonte fun tomar un té

Vin cantar unha rapaza

Como Sabela de OT.

 

Finalmente, as disputas dilemáticas tiveron unha temática máis variada, de modo que as coplas foron moi diversas. Podedes ler algúns exemplos:

 Teño que dicirche unha cousa

Gústame tocar a frauta

A ti gústanche outras cousas

Tes que facerte astronauta.

 

Vouche dicir unha cousa

Tes que ir para a Nasa

Non te queremos na casa

Tes que facerte astronauta.

 

Charla da eurodeputada Lidia Senra sobre "A política agraria europea en clave galega"

Hoxe, venres 14, o alumnado de Bacharelato tivo a oportunidade de asistir a unha charla impartida pola sindicalista e eurodeputada na actualidade no Parlamento europeo: Lidia Senra, ex alumna do noso centro e que xa pronunciara unha conferencia con motivo do 50 Aniversario do Río Cabe.

Tres temas foron os suxeridos cando a invitamos: como está afectando a política agraria comunitaria ó sector agropecuario galego? Que actividades económicas no mundo rural galego poden ter máis futuro? e, por último, cales son as principais correntes ou partidos políticos dentro do Parlamento e como se encadran nelas os partidos galegos e españois?

Lidia contestou a ditas propostas e fíxonos un esquemático acercamento pola organización do Parlamento europeo. Invitounos a reflexionar, por exemplo, dun modo moi claro sobre como moitas das leis que nos afectan proceden do Parlamento europeo pero as cuestións debatidas neste resultan moitas veces grandes descoñecidas para os cidadáns mentres se traballa en ditas leis. Neste senso, resolveu inquedanzas sobre cuestións variadas, todas elas proporcionáronlle hoxe ó noso alumnado unha oportunidade de escoitar a unha  das poucas mulleres en Europa que, entre outros méritos, tivo o de estar ó fronte entre 1989 e 2007 dunha organización agraria que loitou polo rural galego e actividades agrarias sostibles.

Foi un privilexio escoitala.

Asistencia do alumnado de Adultos á obra La Zanja

O pasado xoves 13 de decembro os alumnos da Educación Secundaria de Adultos acompañados polos seus profesores asistiron ó teatro no Multiusos dentro da programación da Red Galega de Teatros e Auditorios. 

A compañía catalana TITZINA TEATRE presentou LA ZANJA obra composta, dirixida e interpretada por Diego Lorca e Pako Merino.

Visita ó Parlamento do CS de guía e información turística.

Nesta viaxe do CS de Guía, información e asistencia turísticas o destino foi Santiago de Compostela.
Comezamos cunha visita guiada ao Parlamento de Galicia que rematou cunha extensa charla sobre protocolo institucional a cargo de Maribel Cao, xefa de protocolo da Presidencia do Parlamento.


Para xantar desprazámonos ao CIFP Compostela onde o seu director, Ramiro Esparís, fixo de cicerone polas instalacións do Centro. Durante a comida Rosalía Carril, profesora experta na materia daríanos nocións sobre protocolo na mesa.


A tarde estivo adicada a percorrer o casco histórico guiados polo alumnado do CS de Guías do IES Rosalía de Castro acompañados da súa profesora, Esther Buide. Magnífico traballo o dos nosos compañeiros e compañeiras de Santiago mostrándonos a cidade!
E para rematar a xornada visitamos as instalacións dun convento franciscano do século XVIII hoxe convertido nun hotel de catro estrelas, o Hotel Monumento San Francisco.

Distribuir contido