Curso 2018/19

PERFORMANCE E EXPOSICIÓN DE FOTOS DA ASOCIACIÓN ACADAR

O 22 de marzo foi presentada no noso centro guía Violencia Sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade, editada pola Asociación Acadar (Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia); está financiamda pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad.

 

 

A actividade enmárcase dentro do programa Por 365 días de Respecto e Igualdade no que o noso centro participa nun dos Plan Proxecta.  

Presentou a proposta a presidenta da Asociación, Nónica Álvarez San Primitivo, e posteriormente o alumnado de 4º ESO asistiu á performance a cargo da artista Mónica Mura. Tamén se acompañou a presentación cunha exposición de fotos que podedes ver nas imaxes.

 

 

 

 

 

Con esta actividade pretendeuse concienciar ó alumnado sobre a necesidade de defender os dereitos das mulleres con discapacidade e os abusos e violencia oculta que moitas veces sofren.  Foi un modo de facer reflexionar sobre unhas simbólicas imaxes fotográficas que tamén se puideron visualizar por medio da performance, que mantivo a atención e o silencio do público asistente en todo momento. 

"POETÍZATE NO RÍO CABE"

Hoxe a poesía inundou o noso instituto

Para conmemorar o Día Mundial da Poesía, o IES Río Cabe organizou o concurso de recitado que leva por título "Poetízate", facéndolle un guiño á antoloxía poética de Fran Alonso. Durante o recreo alumnado de distintos cursos recitou algúns versos célebres en linguas diversas: castelán, galego, chinés..., sen esquecer textos de elaboración propia.
Neste recital tivo un oco moi especial a poesía composta por autoras, xa que a actividade se enmarca dentro da programación do bloque temático "Palabras de Muller" que se desenvolve durante a segunda avaliación dentro de Donas de Si (Plan Proxecta) e constituíu a primeira fase da V edición do Concurso escolar de recitado poético "Rosalía sempre viva" para o que se clasificaron as seguintes alumnas:
 
Categoría da ESO:
- África Coba Albo (1º ESO B)
- Zeltia Pérez Barrientos (2º ESO B)
 
Categoría de Bacharelato:
- Sandra Rodríguez Macía (1º BAC A)
- Lucía Rodríguez Abellano (1º BAC B)
 
A fase final terá lugar o sábado 6 de abril na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei.
 
De forma paralela, en colaboración coa biblioteca realizouse unha exposición bibliográfica de obras significativas deste xénero.
 
 
 
 
Ademais, o alumnado tivo a ocasión de gozar de anuncios poéticos recortables, onde podían facerse coa referencia bibliográfica da que foron extraídos os textos e, como podedes apreciar nas fotos, tivo moito éxito.
 
 
 Hoxe esa linguaxe universal que é a poesía, máis que nunca, fíxose nosa.

Concerto didáctico na Coruña: "Palabras con corazón"

O alumnado de 3ºESO disfrutou dunha xornada soleada na cidade da Coruña.

Pola mañá asistiron a un concerto didáctico no Palacio da Ópera, titulado "Palabras con corazón". Despois do xantar participaron nunha visita guiada ó Museo de Belas Artes. A guía explicoulles contextualizando historicamente unha obra relevante de cada período. 

Todos viñeron encantados deste día de arte e música... organizado polo Dpto de Música.

Xornada de convivencia e turismo cos alumnos do intercambio de francés e despedida...

O día 19 de marzo, martes, todo o alumnado que participa no intercambio de francés compartiu unha xornada de lecer cos seus compañeiros franceses, que están connosco do 14 ó 20.

Foi un día no que se desprazaron pola Ribeira Sacra, Fervenza Augacaída e visitaron o Mosteiro de Santa María de Ferreira (Convento das Bernardas).

Estes son algúns momentos dese percorrido:

  

Hoxe, mércores 20, para despedir ó alumnado francés que nos visita, na mañá participaron nunha actividade que consistiu nalgún xogo e clase de baile no ximnasio.

A continuación, visitaron algunhas instalacións do centro e participaron na Biblioteca nun xogo sobre a organización da mesma. Seguidamente foron ó Museo do Ferrocarril.

 Agardamos que a súa estancia en Monforte fora do seu agrado.

Parlamento Xove 2019 - Bacharelato

Un equipo de alumnado de 1º BAC do IES Río Cabe acadou a terceira posición na fase clasificatoria da "X Edición do Parlamento Xove", que se acaba de celebrar esta fin de semana na localidade de Culleredo (A Coruña).

O equipo formado polos alumnos Jorge García Vázquez, Juan Pontón Rodríguez, María Quiroga Álvarez e Ánxela Romero González, logrou gañar os tres debates nos que participou e agora acudirán a Santiago de Compostela para participar na final desta competición na sede do Parlamento de Galicia durante unha fin de semana do mes de maio.

É de destacar que 3 destes alumnos, Jorge García, María Quiroga e Ánxela Romero, xa chegaron o ano pasado á final desta competición na modalidade de alumnado de ESO representando ao Colexio Padres Escolapios de Monforte e foi a súa profesora en 4º de ESO, Rosa González Roca, a que lles meteu "o gusanillo" de debater con outras persoas no corpo, os acompañou como coordinadora á final da IX edición e lograron rematar a mesma na segunda posición.

"Parlamento Xove" trátase dunha competición na que os diversos equipos inscritos investigan, escriben e debaten acerca dun tema, que na presente edición foi o de: "Deberiamos unificar as políticas de acollida de persoas refuxiadas en todos os estados membros da Unión europea?".

Podedes ver a clasificación na seguinte imaxe ou na páxina web do Parlamento Xove:

Por último, facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotografías:

Álbum: Extraescolares -> Parlamento Xove 2019 - Bacharelato

"Presente e futuro da Ribeira Sacra"

O pasado luns, 11 de marzo, tivo lugar na aula de Turismo a conferencia “Presente e futuro da Ribeira Sacra” impartida por Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

A exposición versou sobre o Consorcio, o seu funcionamento e os proxectos levados a cabo dende a súa creación no ano 2005 ata a actualidade, facendo fincapé no reto que supón a candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

Rematou a conferencia cunha mesa redonda onde o alumnado do CS de Guías, información e asistencia turísticas mostrou as súas inquedanzas relativas ao xeodestino.

Hai que destacar a boa disposición e implicación da poñente tanto na exposición coma na resolución das dúbidas plantexadas polo auditorio. 

Foi todo un pracer contar cunha profesional de referencia no sector turístico coma é Alexandra Seara.

Asistencia do alumnado de ESO e BAC ó Teatro clásico grecolatino e visita ó Castro de Viladonga.

Os alumnos de Latín e Grego do IES RÍO CABE asistiron este luns á representación de dúas obras de TEATRO CLÄSICO GRECOLATINO: a traxedia de Eurípides Electra e a comedia de Plauto Xemelgos.

Tamén aproveitaron para visitar o castro de Viladonga.

 

ENTROIDO 2019

 

O venres pasado vivimos profesores e alumnos unha divertida xornada festiva de entroido na que destacou a animación, imaxinación, entusiasmo e variedade das propostas.

O grupo “Os caralludos do Río Cabe” empezou a súa actuación no Salón de actos con catro temas interpretados por dous profesores (Xurxo e Iván) e tres alumnos da ESO e de Bac (Aldán, Antón e Diego). Foi a súa presentación no centro.

Seguidamente, o Director Carlos Parada, presentou ós diferentes grupos da ESO e BAC que foron subindo ó escenario disfrazados para interpretar unha pequena coreografía. Houbo tamén entrega de medallas para os gañadores do campeonato de Brilé, do que se celebrou a final no recreo.

Un equipo de rugbby, unha divertida voda, Mickey Mouse, uns trastes demos, uns anciáns moi marchosos, a Bertolina, co seu “creador” Iván Capón, uns mecánicos moi bailóns, un grupo de Barbies, os 80... foron as variadas propostas que nos fixeron pasar unas horas moi agradables de sorrisos, convivencia e variedade musical.

Moitísimas grazas a todos, profes, alumnos e comunidade educativa en xeral pola vosa implicación e colaboración para facer este entroido tan divertido.

O PRIMEIRO PREMIO foi para 4º A, cos que actuaron tamén dous profesores (a súa titora María e Iván).

 

O SEGUNDO PREMIO conseguírono en 2ºA de Bacharelato:

 

 O TERCEIRO foi para 3º B de ESO:

Noraboa!

"Eu practico turismofilia, e ti?"

O día 21 de febreiro celebrouse o Día Internacional do Guía de Turismo baixo o lema, “Eu practico turismofilia, é ti?”
 
 
E, como todos os anos, o CS de Guías, información e asistencia turísticas sumouse a esta celebración. Nesta ocasión visitamos o románico do Miño: Santo Estevo De Ribas de Miño, San Paio de Diomondi e Santa María de Nogueira.
 
 
 
 
 
A visita, xentileza da empresa Máis que Románico foi guiada por María Abuin e Begoña González.

Visita ós Museos científicos da Coruña

Os alumnos de 3º ESO, e tres profesoras, disfrutaron dunha xornada de visitas a varios Museos da Coruña o pasado luns 25. A actividade, organizada polo Dpto de C. Naturais, tivo como obxectivo ofrecer estímulos e recursos para incorporar a ciencia á súa cultura, para comprender mellor o mundo en que vivimos.

Sobre as 11 da mañá chegaron ao Aquarium Finisterrae, onde puideron ver diferentes exposicións didácticas sobre o mar e os organismos mariños. Alí baixaron á sala do Nautilus, para presenciar como alimentaban ao exemplar de tiburón toro que posúen e a diferentes especies de peixes propias do litoral. Xa na zona exterior, acercáronse ata as piscinas das focas.

Despois, realizaron unha pequena parada para comer, e xa pola tarde, visitaron a Domus, na cal realizaron diferentes e interesantes actividades interactivas.

 Algúns momento do seu paso por A Domus (primeiro museo interactivo do mundo adicado ó ser humano) e o Aquarium Finisterrae  poden verse nestas imaxes.

 

 

Distribuir contido