PERFORMANCE E EXPOSICIÓN DE FOTOS DA ASOCIACIÓN ACADAR

O 22 de marzo foi presentada no noso centro guía Violencia Sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade, editada pola Asociación Acadar (Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia); está financiamda pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad.

 

 

A actividade enmárcase dentro do programa Por 365 días de Respecto e Igualdade no que o noso centro participa nun dos Plan Proxecta.  

Presentou a proposta a presidenta da Asociación, Nónica Álvarez San Primitivo, e posteriormente o alumnado de 4º ESO asistiu á performance a cargo da artista Mónica Mura. Tamén se acompañou a presentación cunha exposición de fotos que podedes ver nas imaxes.

 

 

 

 

 

Con esta actividade pretendeuse concienciar ó alumnado sobre a necesidade de defender os dereitos das mulleres con discapacidade e os abusos e violencia oculta que moitas veces sofren.  Foi un modo de facer reflexionar sobre unhas simbólicas imaxes fotográficas que tamén se puideron visualizar por medio da performance, que mantivo a atención e o silencio do público asistente en todo momento.