Skip to Content

Informática

Recollida do premio ao recoñecemento da calidade no Programa Erasmus+

O pasado 19 de decembro Víctor recolleu en Madrid o premio como o mellor testimonio nacional do programa Erasmus+, pola mobilidade realizada no curso pasado co noso centro nas prácticas do ciclo. Nestes vídeos podedes ver as súas participación no acto, explicando a súa experiencia e recollendo o premio. Parabéns!!

Premio ao recoñecemento da calidade no Programa Erasmus +

Víctor Estévez, ex-alumno do ciclo formativo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, que actualmente cursa o ciclo de grao superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma no IES de Teis, foi seleccionado polo SEPIE como o mellor testimonio nacional do programa Erasmus+ pola mobilidade realizada no curso pasado co noso centro nas prácticas do ciclo.

O alumnado de Ciclo e FPB visita Santiago de Compostela

O mércores 7 de decembro o alumnado do Ciclo de "Sistemas microinformáticos e redes" e da FPBásica de "Informática de Oficina" fixeron unha visita a Santiago acompañados de catro profesores do departamento de Informática.

O noso centro únese á hora do código

O alumnado de FPB y 1º CM participa o venres 9 de decembro na hora do código que se celebra a nivel mundial. É un movemento global que chega a decenas de millóns de estudantes en máis de 180 países.

Viaxe Madrid Gaming Experience

A pasada semana o alumnado dos ciclos de informática que se imparten no centro, viaxou a Madrid acompañado de dous profesores do departamento de informática.

Sesión informativa sobre o Erasmus+

O pasado luns 3 de outubro, de 16:30 ás 18:00, celebramos no centro unha sesión informativa sobre o proxecto Erasmus+ para o alumnado do Ciclo Formativo de Sistemas Microinformáticos e Redes o de Formación Profesional Básica de Informática de Oficina.

Sesión Erasmus+

Distribuir contido


by Dr. Radut