Skip to Content

Informática

Xornada acollemento para alumnado libre de FP.

O vindeiro venres 26 ás 11:30 terá lugar a sesión de acollemento de alumnado libre de formación profesional, na sala de usos múltilples do IES Pazo da Mercé. Esta xornada é de obrigada asistencia para o alumnado matriculado por libre no ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes, segundo se recolle na orde do 5 de abril de 2013, pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional.

Probas libres do ciclo SMR

Dende a Comisión de avaliación das probas libres do ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES Pazo da Mercé, fanse públicas as programacións dos distintos módulos, así como os horarios nos que se realizarán as probas durante o mes de xuño.

Visita ao congreso FP Innova

O pasado mércores 10 de maio o alumnado de 4º ESO, FP Básica e Ciclo, fixo unha visita á Cidade da Cultura en Compostela para visitar a segunda edición do congreso FP Innova. A través de proxectos de innovación no eido da formación profesional puideron coñecer as distintas familias profesionais, ciclos formativos e o labor que desenvolven. Achegáronse tamén ás distintas saídas profesionais e mesmo coñeceron algunhas empresas creadas a partir destes proxectos.

Alumnado na FP Innova

Alumnado na FP Innova

Comeza a Erasmus experience!!!

Nestes últimos días de marzo e primeiros de Abril, comeza o alumnado do ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes a súa experiencia europea. Dous destes alumnos, Jonathan e Aaron, viaxarán a Praga (República Checa) esta fin de semana. Un día despois voará Javier con destino a Dublín para realizar a súa estadía en Mallow (Irlanda). O cuarto alumno que viaxa é Borja, que xa está en Braga (Portugal) integrado na súa empresa.

Excursión a Ourense do alumnado de ciclo.

O alumnado de ciclo medio desprazouse o pasado luns 6 de marzo a Ourense , ao Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, onde recibíu unha charla sobre o funcionamento do mesmo, como centro de empresas e innovación. O obxectivo era comprender a importancia destas iniciativas de cara a afrontar proxectos emprendedores nun futuro.

O noso centro é seleccionado nunha nova convocatoria do programa Erasmus+

O proxecto de consolidación da internacionalización dos ciclos de formación profesional impartidos no centro, vén de ser aprobado dentro do programa Erasmus+.

Con este novo proxecto, que abrangue de xaneiro de 2017 ata xuño do 2018, alumnado do ciclo de FP de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes e FP básica de Informática de Oficina, realizará prácticas en empresas da República Checa (Praga), Irlanda (Cork) e Portugal (Braga), á vez que tres profesores do Departamento de Informática realizarán estadías en empresas na República Checa e Irlanda.

Na páxina web de Erasmus+ pódese ver a información deste proxecto, dotado cunha contía total de 24.533€ de fondos da Unión Europea.

Distribuir contido


by Dr. Radut