Skip to Content

Informática

FP Dual, a nova aposta do Pazo da Mercé

A semana pasada ofrecéuselles unha charla ao alumnado de 4º da ESO e de 1º de BACH sobre a FP Dual, que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas mediante a formación compartida entre o centro e as empresas. O alumnado de 1º de Ciclo Superior recibiu unha charla específica sobre a FP Dual en réxime ordinario, que será a que se implante para o ano vindeiro no noso IES. Esta consiste nun período de formación no centro até o mes de decembro e a partir de xaneiro comezará a actividade profesionalizadora coa formación na empresa.

O alumnado de 2º de FPB realizan un deseño de melloras da rede local e áreas do noso centro educativo

O alumnado de segundo de FP Básica realizaron un proxecto final chamado "deseño funcional de melloras da rede local e de áreas do noso centro educativo" no módulo de "Instalación e Mantemento de Redes para a Transmisión de Datos".

Xa podes estudiar no noso instituto o CICLO SUPERIOR de DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB

 

Completamos a oferta educativa do noso instituto cun Ciclo Superior da familia de informática e comunicacións, no que te podes matricular para o vindeiro curso 2020/2021, é o Ciclo Superior de "DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB".

III Feira de ensinanzas profesionais e artísticas

Un ano máis o noso alumnado  acudiu a esta feira profesional organizada en Ponteareas. Os grupos de 4º da ESO e FPB realizaron unha visita polos diferentes postos para descubrir opcións profesionais diversas que lles poidan ir axudando a perfilar o seu futuro.
 
Por outra banda, o alumnado de ciclo medio do IES tamén participou na feira presentando o seu ciclo medio (Sistemas microinformáticos e redes) e as actividades que levan a cabo. A xestión do posto e o contacto con outro alumnado interesado foi unha experiencia enriquecedora para eles.
 
 

Fp Innova Galicia 2019

O xoves 9 de Maio o alumnado da E.S.O, FP Básica e Ciclo Medio visitaron Fp Innova Galicia 2019 (Congreso de Innovación de Formación Profesional) na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

En Praga co programa Erasmus +

Marta, Adrián e Iván en Praga

Por cuarto curso consecutivo o noso instituto participa no programa Erasmus +. Ao abeiro deste programa os alumnos que rematan os seus estudos de FP Básica e Ciclo Medio poden realizar a súa Formación en Centros de traballo en empresas no estranxeiro.

 

Iván e Adrián, alumnos do Ciclo Medio de sistemas Microinformáticos e Redes, Xunto coa profesora Marta Rey viaxaron a principios de abril a Praga para realizar as súas estadías Erasmus +.

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut