Skip to Content

Informática

Comeza a aventura Erasmus


Rematado o proceso de selección do alumnado do ciclo de FP básica de Informática de Oficina e do ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes candidato para facer as prácticas na empresa no estranxeiro dentro do programa Erasmus+, comezamos a aventura Erasmus neste curso 2022/23.

Mércores 16 de novembro: Visita ao MUNCYT e á exposición de AI na AFundación Coruña


O alumnado do 2 ano de Ciclo Medio e o 1 ano de Ciclo Superior de Sistemas Microinformáticos e Redes realizou unha saída a A Coruña o mércores 16 de novembro onde visitaron o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) e a exposición AI: MORE THAN HUMAN.

Martes 15 de novembro: Charla sobre Seguridade en Dispositivos Móbiles


A profesora Cristina López Bravo pertencente ao Departamento de Enxeñeria Telemática da Universidade de Vigo deu unha charla sobre a seguridade en dispositivos móbiles para o alumnado de FP básica e 1º Ciclo Medio de IES Pazo da Mercé

16 de febreiro: Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas

O IES Pazo da Mercé está presente na Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas, amosando parte do traballo realizado nos ciclos formativos que se desenvolven no noso centro.

Os delitos que se agochan nas redes sociais

Charla divulgativa 2 de novembro: "Os delitos que se agochan nas redes sociais":

A profesora de Dereito Penal da UVigo, Marta García Mosquera, explica ó alumnado de primeiro e segundo curso da Formación Profesional de Grao Medio "Sistemas informáticos e redes", os riscos e as consecuencias dos seus actos no mundo dixital.

Distribuir contido


by Dr. Radut