Skip to Content

Comeza a aventura Erasmus


Rematado o proceso de selección do alumnado do ciclo de FP básica de Informática de Oficina e do ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes candidato para facer as prácticas na empresa no estranxeiro dentro do programa Erasmus+, comezamos a aventura Erasmus neste curso 2022/23.

Por primeira vez no centro tivemos máis alumnado candidato que prazas dispoñibles no proxecto Erasmus, xa que houbo nove alumnos/as interesados/as para sete prazas dispoñibles, así que nos vimos obrigados a aplicar o proceso de selección establecido para esta situación.

Estamos moi satisfeitos de comprobar que cada vez é maior o número de alumnado interesado en participar nesta experiencia, e queremos felicitar a todos os participantes porque resultou moi difícil facer a selección. Teríanos gustado que todo/as puidesen ser seleccionados, pero atendendo aos criterios do baremo establecido (no que se inclúen diversos puntos como resultados académicos, asistencia e comportamento na aula, certificados de idiomas, etc.), sete alumnos/as resultaron seleccionados/as e outros dous alumnos quedaron en postos de reserva, o que lles dará acceso ao programa en caso de que algunha das persoas seleccionadas non puidese participar.

Con isto comeza a aventura Erasmus deste curso, na que teremos que abordar a formación lingüística, a selección dos destinos, a organización dos desprazamentos e aloxamentos, a selección das empresas das prácticas e moitas máis cousas que farán posible que esta sexa unha experiencia inesquecible para todos/as os/as participantes.

Moito ánimos a tod@s!!



page | by Dr. Radut