Skip to Content

Informática

1ª FEIRA DAS ENSINANZAS PROFESIONÁIS E ARTÍSTICAS EN PONTEAREAS

O noso alumnado de Ciclo Medio participou na 1ª FEIRA DAS ENSINANZAS PROFESIONÁIS E ARTÍSTICAS que se celebrou os días 5 e 6 de Febreiro de 2018, alí deron a coñecer o noso ciclo ó alumnado dos distintos centros escolares da comarca e tamén a todos aqueles que viñeron visitar a Feira.

No noso stand os visitantes podían admirar dúas táboas expositoras con distintos discos duros e teléfonos móbiles de distinto tipo e tamaño despiezados/etiquetados cos nomes que preparou o noso alumnado, un PC "tuneado" montado tamén polo noso alumnado. Tamén creamos unhos xogos de Kahoot sobre temas informáticos para entreteñer ó público e proxectamos un video descriptivo dos noso estudos.

Fp Innova Galicia 2018

Este mércores 25 de Abril o alumnado da E.S.O, Bacharelato, FP Básica e Ciclo Medio visitaron Fp Innova Galicia 2018 (Congreso de Innovación de Formación Profesional) na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
Foi unha magnifica ocasión para coñecer as posibilidades que ofrece a formación profesional e o alumnado puido desfrutar de cortes de pelo, pintura de unllas, demostración de funcionamento de drons e impresoras 3D, proxectos de innovación colaborativa entre centros de distintas familias profesionáis (comercio e informática, electrónica e carpintaría) así coma degustar receitas innovadoras feitas con camelia.
Ademáis a nosa visita coincidiu coa presentación do Presidente da Xunta do Proxecto de creación do Campus FP en Vigo.



Erasmus +

Baremo aplicado á escolla de estudantes para o programa erasmus+ no caso de concorrencia de máis solicitudes ca prazas.

1ª Feira das Ensinanzas Profesionáis e Artísticas

Os alumnos do ciclo medio sistemas microinformáticos e redes do I.E.S. Pazo da Mercé estarán no stand 17 da 1ª Feira das Ensinanzas Profesionáis e Artísticas que se celebrará os próximos 5 e 6 de Febreiro no Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas, Ven a visitarnos!!!      

Admisión e matrícula para o curso 2017/2018 en Ciclo Medio

No seguinte enlace podedes acceder a toda a información para vos matricular no Ciclo Medio para o vindeiro curso 2017/2018: Admisión. Curso 2017/2018. Lembrade que a solicitude só é posible realizala a través da rede.

Notas probas libres teóricas

Dende a Comisión de avaliación das probas libres do ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES Pazo da Mercé, iranse facendo públicas diariamente as notas das probas teóricas, que tamén se publicarán no taboleiro do centro. Deste xeito dáse cumprimento á orde do 5 de abril de 2013, pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional.

Distribuir contido


by Dr. Radut