Skip to Content

Excursión a Ourense do alumnado de ciclo.

O alumnado de ciclo medio desprazouse o pasado luns 6 de marzo a Ourense , ao Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, onde recibíu unha charla sobre o funcionamento do mesmo, como centro de empresas e innovación. O obxectivo era comprender a importancia destas iniciativas de cara a afrontar proxectos emprendedores nun futuro.

Ademais, pola tarde achegáronse ao centro CIFP A Carballeira, tamén en Ourense, onde se imparten ciclos formativos da rama sanitaria. En colaboración co profesorado e o alumnado do mesmo, fixeronse prácticas de primeiros auxilios. Desde o noso centro gustaríanos agradecer a implicación de todos eles nesta colaboración.



page | by Dr. Radut