Skip to Content

Sesión informativa sobre o Erasmus+

O pasado luns 3 de outubro, de 16:30 ás 18:00, celebramos no centro unha sesión informativa sobre o proxecto Erasmus+ para o alumnado do Ciclo Formativo de Sistemas Microinformáticos e Redes o de Formación Profesional Básica de Informática de Oficina.

Sesión Erasmus+

A sesión foi introducida pola xefa de estudos Amparo Cereixo e nela participaron Antonio de Andrés, profesor encargado da coordinación dos proxectos europeos e Víctor Estévez, primeiro alumno do centro participante neste proxecto.

Ao longo da sesión o coordinador explicou a todo o alumnado que pode participar no proxecto os aspectos máis relevantes da súa organización, condicións de participación e posibles destinos, e grazas a Víctor @s alumn@s puideron coñecer de primeira man a súa experiencia facendo o módulo de prácticas na empresa na capital da República Checa.

Pódese descargar a presentación exposta na sesión picando aquí.

Sesión Erasmus+


page | by Dr. Radut